susana-seivane-concerto

Marzo 2019 O Lubicán é un ciclo de concertos promovido por Lugo Cultural co obxetivo de potenciar a presentación de novos traballos da música galega. Neste ciclo, que acaba en maio, teremos a ocasión de disfrutar do concerto de Susana Seivane o xoves 28/03 ás 21:00 no Círculo das Artes de Lugo con entrada libre ata completar aforo.  

Presentará o seu último disco,“FA” (Fiz e Antón), que recolle os sentimentos do embarazo e a maternidade

Susana Seivane

Facebook de Susana Seivane

Naceu en Barcelona no ano 1976, é a herdeira da familia Seivane, unha das familias con máis prestixio e sona dentro do mundo dos gaiteiros e artesáns de gaitas en Galicia.

Comenzou a súa andaina musical ó cumprir tres anos de idade. Da man do seu pai Álvaro Seivane e influenciada por mestres gaiteiros como o seu avó, Xosé Manuel Seivane, Ricardo Portela e Moxenas, conseguíu o respecto e admiración do mundo da gaita e da música tradicional en Galicia. Un estilo xenuíno que está presente na forma de tocar de Susana, pois ela sabe sintetiza-lo estilo «enxebre» dos antergos gaiteiros. Mais ela tamén é quen de crear un estilo propio, abrindo este valioso legado a influencias doutras músicas; para isto rodéase dun elenco de músicos moi novos que aportan frescura e orixinalidade ó seu espectáculo.

En 1999 edita o seu primeiro disco «Susana Seivane», producido por Rodrigo Romaní, un dos membros fundadores de Milladoiro. Este traballo baseado en temas tradicionais e composicións de artistas galegos, lévaa polos mellores escenarios de Folk Nacional e Internacional, acadando grandes éxitos e loables críticas. O seu primeiro disco edítase en Europa, E.E.U.U. e Canadá.

Co seu segundo traballo «Alma de Buxo» producido por ela mesma, baixo o asesoramento artístico de Rodrigo Romaní, consolídase como artista galega de referencia no panorama Folk. 

No ano 2001 resultou unha das cinco finalistas dos Indie Awards, os prestixiosos premios que cada ano outorga a Asociación de Música Independente de E.E.U.U. (AFIM), na categoría de mellor artista de Músicas Contemporáneas do Mundo.

Mares de Tempo. Con este suxerente título ve a luz o terceiro traballo de Susana Seivane, nunha traxectoria imparable que a está a levar polos mellores escearios tanto do territorio nacional como internacional (Escocia, Alemania, Francia, Italia, Estados Unidos, Arxentina, etc.).

«Os soños que volven», dez anos despois da publicación do seu primeiro traballo discográfico en solitario, no ano 2009, vía a luz «Os soños que volven». Quería que “volvesen” ós días de hoxe, parte daquelas melodías que a acompañaron no seu camiño. «Os soños que volven» son as melodías da súa infancia, é a Banda Sonora da súa vida.

No 2015 publica o DVD “Susana Seivane e amigos”(Enavies), que recolle un impresionante concerto en vivo, ofrecido nas Festas de María Pita na Coruña, no 2012. Un apaixoante directo nun completísimo DVD con 16 pezas maxistralmente interpretadas por Susana Seivane e a súa banda habitual: Brais Maceiras, Carlos Freire, Carlos Gándara, Iago Rodríguez e Xurxo Iglesias; e os seus impresionantes convidados: Rodrigo Romaní, Anxo Pintos, Pedro Lamas, José Rodríguez e José Somoza, Antón Davila, Harry Price e Xoel López. Ademáis da colaboración especial de “Os Seivane” no que destaca o pequeño Brais de tan só 4 anos de idade. Unha actuación espectacular nun marco excepcional.

O 14 de setembro de 2018 lanza o seu quinto álbum, “FA” (Fiz e Antón), que recolle os sentimentos do embarazo e a maternidade. Posiblemente, o disco máis intimista da gaiteira, é romántico, inspirador e tenro. Unha profunda introspección no campo da maternidade, os convencionalismos, a familia e a plenitude personal.