This photograph was owned by the late Olga Teresa Brocca Smith (daughter of José Brocca). The original is currently in the possession of Dr. Charles Smith (grandson of José Brocca). The identity of the original photographer is unknown. The photograph shows children preparing for evacuation from Spain, during the Spanish Civil War, some giving the Republican salute. It is donated to Wikipedia Commons by the estate of Olga Brocca Smith, and is dedicated to all innocent victims of war.

O Concello de Lugo conmemora o 80 aniversario do Exilio Republicano co concerto do guitarrista Samuel Diz e da mezzosoprano Marta Knörr. Será o sábado, 22 de xuño, a partir das 20:30 horas Vello Cárcere. Entrada gratuita ata completar aforo.

Xuño 2019 A Guerra Civil e o Exilio Republicano son os eixos vertebradores do concerto, que inclúe un programa que recupera a colección de cancións Metamorfosis del clavel, con poemas de Rafael Alberti, escritas por Gustavo Pittaluga entre 1940 e 1942, anos antes de alcanzar a súa popularidade coas bandas sonoras de Los olvidados ou Viridiana, de Luis Buñuel. México tamén acolleu ao fin da Guerra Civil á pianista e compositora, discípula de Manuel de Falla, Rosita García Ascot e ao seu marido, o lucense Jesús Bal y Gay.

A intrahistoria do espazo convida a escoitar de forma emotiva as pezas orixinais do guitarrista Daniel Fortea, quen ofreceu, a finais de 1936, o concerto de presentación do emblemático Batallón Alpino (que defendeu o avance das tropas franquistas na serra de Madrid), xunto a unha conferencia de María Teresa León e un recital de Alberti. Finalizada a contenda Fortea foi preso no cárcere de Ocaña, onde en abril de 1948
asinou a súa partitura Balada de la cárcel.

Marta Knörr e Samuel Diz

A mezzosoprano Marta Knörr é unha intérprete versátil que se desenvolve nos máis variados xéneros e estilos ofrecendo concertos en diversos países de Europa, México e Marrocos. Participou como solista en óperas de César Camarero, Jesús Rueda, Luis de Pablo ou Ernst Krenek, sendo considerada pola crítica especializada como “a referencia española” para o “Pierrot lunaire” de Schoenberg. Entre a súa discografía destacan os traballos Canciones del Grupo de Madrid ou Compositoras españolas del siglo XX co pianista Aurelio Viribay, Retablo sobre textos de Paul Klee de Benet Casablancas ou a recente gravación monográfica do compositor Alejandro Román para Naxos xunto ao Trío Arbós.

O guitarrista clásico Samuel Diz é un intérprete e investigador especializado na música da Xeración do 27. Nos seus traballos discográficos Guitarra clásica galega e Impresiones y paisajes, como el primer libro de Lorca recolleu a obra inédita para guitarra de Jesús Bal y Gay, Juan José Mantecón, Salvador Bacarisse ou Regino Sainz de la Maza. Entre os seus concertos destacan os ofrecidos na Casa Natal de Federico García Lorca, nas universidades de Yale e Boston, no Harare International Festival of the Arts (Zimbabwe) ou no Palau de la Música Catalana onde recibíu o premio da crítica El Primer Palau.

"...rescataremos obras de Gustavo Pittaluga, Salvador Bacarisse ou Jesús Bal y Gay escritas a partir de 1939. Tamén, nesta ocasión especial, tocarei a "Balada do cárcere" do guitarrista Daniel Fortea, asinada no cárcere de Ocaña en abril de 1948" Samuel Diz