01/10 A outra noite no Clavi,  o grupo de barullo punk pro-Rajoy «Contenedor de mierda – CDM-» ofreceu todo un recital de punk musical e vital, levando ao 100% todos e cada un dos inexistentes principios do punk: faeno ti mesmo, como sexa, onde sexa … pero faino, e así fixeron… vaia que SI.

Como dixo no seu momento o seu líder espiritual e futuro presidente do goberno galáctico imperial, «España es una gran nación y los españoles muy españoles y mucho españoles«, a xente de CDM fixo un punk moi punk e moi merda moita merda.

Con Rubén «Pantis» ao baixo, transformado nun CDM máis por primerira e non sabemos se única e última vez na súa vida, despóis de enfeitizarnos co seu concerto,  interpretaron o seus hits e cancións novas nun ambiente apestosofestivo de cutrez única e orixinal endexamáis vista por estos lares.

A maior preocupación dos CDM é non mellorar nunca co instrumento. Así por exemplo, para tocar a guitarra chega cun dedo. ¿Acordes, quintas? Afinación aberta e un dedo máxico chega.  Trátase de pasalo ben, disfrutar de forma totalmente espontánea e natural sen nengún tipo de autocensura: o primeirísimo que se lles ven á cachola o tocan e o cantan … e o fan canción nun momento no local de ensaio.

CDM naceu como un regalo de cumpreanos, un «vale por un grupo punk» e como grupo punk da exactamente igual, que ti, agasallada non sepas tocar … e alá se xuntaron e nese mesmo día fixeron todos os temas e de ahí ao bandcamp e de ahí a rular dando concertos onde a súa posta en escea, a súa naturalidade e sinceridade fainos altamente recomendables.

O próximo que podremos oir deles soará no Galician Bizarre III, mentres nos recomendan  que escoitemos a IGMIG  e que sobre todo non nos perdamos o seu concerto este mércores 4 no San Froilán – ver axenda

Outras bandas paralelas e recomendables: Os Vacalouras, Rabuda, Pelusa ou Charles Rapante

Aclaración (ou non): Rubén Pantis tocou con eles porque o baixista orixinal da banda andaba pola Inglaterra á conquista da Raíña de Inglaterra.

Recomendación: hai video do día do cumpreanos .. dalle ao play ata o Iggy Pop gustáría de tocar con eles.

Clica nas fotos … as verás máis grandes.
Licencia Creative Commons: reconocimiento- non comercial- sen obras derivadas