O que queda de verán na capela - Raiceira
O que queda de verán na capela - Raiceira

O ciclo de concertos “O que queda de verán na Capela” , promovida polas áreas de Cultura do Concello e da Deputación, encheu de música e de xente a Capela de Santa María de Lugo.

Setembro 2019 As lucenses Raiceira deron o concerto final do ciclo “O que Queda de Verán na Capela”. O ciclo comezou o 6 de setembro, co Dúo Fracanapa & As Sonoridades do Tango, integrado por Sussanne Hofmann e Matías González, seguido polo concerto do Ensemble Hotteterre o 13 de setembro.

O concerto de Raiceira destacou pola súa orixinalidade e personalidade. Estas dúas lucenses parten de melodías da nosa tradición popular e reinterprétanas mesturando as influencias doutros estilos e instrumentacións (por exemplo, o violonchelo, asociado normalmente á música clásica, mestúrase coa voz, ou a percusión de man e gaita)

A Concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, destacou “a boa acollida que tivo este programa, con tres concertos de diferentes estilos, dirixindo así a oferta cultural a todos os públicos”.

O que queda de verán na capela - Raiceira
O que queda de verán na capela
Dúo Fracanapa