Festa de aniversario da promotora lucense Tele Clube Lugo

Festa aniversario de Tele-Clube Lugo con concerto de Laura Lamontagne

Maio 2019 Un ano leva a aventura cultural e social da asociación de Lugo Tele-Clube e o balance é máis que positivo e digno de celebración: o próximo sábado 11/05 na Casa do Saber con concerto de Laura Lamontagne ás 20:30 (entrada a 3 euros) e logo festa no Jazz&Beer a partir das 22:00 con convite a un refrixerio para os que teñan entrada do concerto. 

A súa andadura comenzou co concerto de Espiño e dos Autumn Comets en La Ferretería e despois nos fixeron vivir un concerto na terraza do hotel Méndez Núñez con  Soledad Vélez. Destacar tamén o concerto dos Nudozurdo no Clavi, a programación de pinchadas e presentacións de libros en Lectocosmos… Agora, celebran o aniversario apostando por unha música local: Laura Lamontagne

 

Laura Lamontagne

Laura Lamontagne é unha artista lucense de tan só 25 anos que iniciou a súa carreira impulsada polos recitais de poesía dalgunhas senlleiras tascas compostelás.

Actriz en en videoclips (“Papá Borracho” de Ataque Escampe), curtas (“Os Remedios” de Sara Iglesias), películas (La Estación Violenta de Anxo Fazáns, baseada no novela homónima de Manuel Jabois) na que interpreta o tema central da cinta, “Azulejos”… e teatro da man de Carmen Conde e a súa obra “Tabú”, na que Laura estivo a executar a música en directo, recuperando baixo o seu particular tamiz cántigas populares moi ben encaixadas nun espectáculo que narra as experiencias sexuais de mulleres entre 70 e 95 anos de idade de Galicia.

Ao longo do ano 2018, Laura perfila a súa carreira en solitario baixo o fío conductor da súa “Elegía de la Huerta”: un proxecto musical, audiovisual e poético, cantado e contado con esta diversidade de linguaxes e tamén de idiomas (galego, brasileiro, francés, inglés, castelán…) -cun poemario autoeditado que conta coas ilustracións de Belén Cordero, fotógrafa de Viva Lugo e de Tele-Clube- co feminismo e o antiespecismo como nexo de unión nesta viaxe por imaxes, poesía e música, que impacta de tal xeito que fai replantexar o noso modo de vida.