Musel, shoegaze á galega, slowcore norteño e febril

Di o prestixioso músico californiano Dorian Wood que Musel, o novo proxecto de Óscar Vilariño, é «a lovely shoegaze wet dream» (un fermoso soño húmido de shoegaze).  

Óscar Vilariño (ex-teclista de Triángulo de Amor Bizarro, ex-Vale Tudo e tamén parte de A Veces Ciclón) crea Musel  a principios do ano 2011 baixo as influencias de Velvet Underground, Galaxie 500, Yo la Tengo ou Codeine. No 2013 Acuarela lles propuxo traballar xuntos cun 10″ de tirada limitada pero de impacto inmediato: «Rabuña», no que destilan noise-pop de alta gradación que parte dos clásicos do xénero para reinventalos e levalos á terriña de xeito borrascoso, case boreal.
Actualmente Musel está formado por Óscar Vilariño (guitarra, voz) , Carlos Méndez (baixo) e Jaime Mateo (batería, coros).

Despois do verán publicarán un sinxelo en 7″ titulado «Paseniño», como carta de presentación do seu disco longo, en cuxa preparación se atopan neste momento.


Artículo: Marcos López Comparte – comparte – comparte el enlace o cita a Viva Lugo comparte comparte comparte arte