A Praza Horta do Seminario vibrará este sábado 14/07 cunha sesión de música electrónica e hip-hop e a actuación de Joni Ramos, participante de Got Talent

A Praza do Castiñeiro acollerá actividades desde o vindeiro martes, 17 de xullo e ata o 5 de setembro, martes, mércores e venres, de 12:00 a 13:30 horas. Haberá manualidades e retos científicos

Xullo 2018  A Praza Horta do Seminario vibrará este sábado 14/07 cunha sesión de música electrónica e hip-hop e a actuación de Joni Ramos, participante do programa Got Talent. Así o anunciou a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, quen convidou á mocidade a asistir a esta nova actividade, enmarcada dentro do programa +Xtí, de prevención de consumo de drogas, que proporciona unha alternativa de lecer diferente ás mozas e mozos. Arrincará ás 18:00 horas, e ata as 22:00 horas as e os asistentes gozarán con xéneros como ukgarage, bassline e hip-hop. A partir das 22:00 horas, o viveirense Joni Ramos emocionará a Lugo, do mesmo xeito que emocionou ao xurado e a audiencia do recoñecido programa. 

Carmen Basadre tamén aproveitou para dar a coñecer a programación lúdica da Praza do Castiñeiro. Trátase de actividades gratuítas sen inscrición previa, enmarcadas tamén na iniciativa +Xtí, para a mocidade de 12 a 16 anos, que terán lugar en xornada de mañá, de 12:00 a 13:30 horas, ata o 5 de setembro. O Concello ofrece dúas alternativas, manualidades creativas, os martes e venres, e retos científicos, todos os mércores; agás o 25 de xullo e o 15 de agosto. Entre as actividades de manualidades destacan a creación de alfombras de pompóns, ollos de boi, foguetes voadores, soportes para os móbiles, abalorios de papel, mosaicos, pompas, pinzas con sorpresas, scarapbooking, botellas, marca páxinas ou catapultas. No que se refire aos retos científicos: fases lunares, reaccións químicas ou neve artificial.

Fonte da foto: Gab. Com. Concello de Lugo