DEC 2017 O patio do Vello Cárcere acolleu este xoves 21/12 o concerto de Nadal da Escola Municipal de Música con momentos realmente emotivos e divertidos como o que dan conta aquí as fotos: Papá Noel de director de orquestra!!!!

O concertó de Nadal arrincou coa actuación do grupo de música tradicional. Seguidamente foi a quenda do grupo de pandeiretas e do de clarinetes. O broche de ouro a este concerto correu a cargo da Banda de Música da Escola, cuxos integrantes sairon á escena engalanados con gorros de Papa Noel.

Esta actividade estaba enmarcada dentro da programación posta en marcha polo Concello para estas datas festivas que segue estos días e podes consultar aquí.