Programa do VII Ciclo de Música Contemporánea de Lugo: MIHL Sons XXI

Ciclo de Música Contemporánea de Lugo

Marzo 2019 A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, o Deputado de Turismo, Eduardo Vidal, e o coordinador do Ciclo de Música Contemporánea de Lugo, Diego Ventoso, presentaron este luns, na sala de usos múltiples do Edificio de Novas Tecnoloxías, a sétima edición da programación MIHL Sons XXI, que arrincará o vindeiro martes, 2 de abril. 

O ciclo terá lugar todos os martes de abril ás 20:00 horas, así como o xoves 11 de abril. Inclúe concertos, un espectáculo de música e danza contemporánea, Olladas no tempo, e unha clase maxistral de percusión. A programación terá lugar ben no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL), no Vello Cárcere ou no Conservatoiro Profesional de Música Xoán Montes. Todas as actividades son de entrada libre e gratuíta ata completar cabida. Para as dúas sesións do espectáculo «Olladas no tempo» , é necesario recoller as invitacións na Oficina Municipal de Turismo, a partir do 2 de abril, dúas por persoa.

Festival teatro universitario
Recomendación especial de Viva Lugo

PROGRAMA

Tras tratar a historia da música contemporánea, e este tipo de música nos Estados Unidos, en Europa e no Occidente na pasada edición, nesta dedícase á música contemporánea na Península Ibérica.

Martes, 2 de abril, ás 20:00 horas, no MIHL: Rememorando o porvir, con Roberto Alonso ao violín

Martes, 9 de abril, ás 20:00 horas, no MIHL: Libro de escoitas, con Thomas Piel no violonchelo

Xoves, 11 de abril, ás 18:30 e ás 20:30 horas, no Vello Cárcere: Olladas no tempo, co grupo de percusión e o ensemble de clarinete do Conservatoiro Profesional de Música Xoán Montes e o grupo de danza contemporánea do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo

Martes, 23 de abril, ás 20:00 horas, no Conservatorio Profesional Xoán MOntes, Enrique X. Macías impartirá unha conferencia-concerto sobre Material-Rizoma

Martes, 30 de abril, ás 20:00 horas, no MIHL: Electroninc´s, con Noé Rodrigo na percursión

Martes, 30 de abril, ás 18:30 horas, no MIHL: clase maxistral O repertorio ibérico para a percusión, con Noé Rodrigo

Ciclo de Música Contemporánea de Lugo
mihl sons