Xoel López inaugura a Sala Tebras ao grande

sala-tebras-xoel-lopez

Marzo 2019 Fumata blanca, habemus gran sala de concertos «como tal» en Lugo. E remarcamos iso de «gran sala de concertos como tal» xa que se ben locales como o Ho! Gruf, Jager Lounge, El Diablo, O Mercado etc están a facer unha labor xenial programando concertos, e a nosa sala de concertos por excelencia, o Club Clavicémbalo, leva 32 anos ofrecéndonos ininterrumpidamente unha programación cultural de luxo que a converteu nun referente nacional (único membro de Lugo das asociacións de salas de música ao vivo a nivel galego e estatal,  Clubtura e Acces, respectivamente); en Lugo non tiñamos unha gran sala específica por e para concertos, por e para este momento de eclosión cultural que estamos a vivir nunha cidade chea de xente apaixoada da música en directo.

Sala Tebras, situada na Pza Viana do Castelo 4 (xunto os Codex Cinema), abríu portas este domingo 17/03, domingo histórico, cun concerto de Xoel López que non defradou a ninguén. 

sala-tebras-xoel-lopez
sala-tebras-xoel-lopez

Á sensación do público de habemus sala e vaia pasada de sala, Xoel soubo sacar partido e multiplicar as emocións positivas que enchían a sala… a xente saíu máis que encantada e o veredicto é unánime: perfecto anfitrión para unha inauguración que superou tódalas expectativas.

Xoel López tocou cancións do seu último disco, o 14 da súa carreira, “Sueños y pan” ademáis dos hits fortemente coreados pola parroquia lucense. 

Concerto programado dentro dos Escenarios Mahou.