Presentación do coro e banda infantil da Filarmónica de Lugo

Setembro 2019 A Banda Filarmónica de Lugo busca novos músicos e cantantes e o de «novos» ten que ver tamén coa idade: se tes máis de 7 anos e gústache cantar podes apuntarte ao coro infantil e se tocas algún instrumento de vento, percusión, piano, violochenlo ou contrabaixo podes estar na banda (cabe a posibilidade de estar tanto no coro como na banda)

Os ensaios son os venres pola tarde no  Seminario de Lugo. Horarios:

Coro infantil (ata 11 anos): 17:30-18:30h.
Coro xuvenil: 18:30-19:30h.
Banda filarmónica infantil (ata 11 anos): 18:30-19:30h.
Banda filarmónica xuvenil: 19:30-20:30h.

Para máis información e inscricións visita a web da Banda Filarmónica de Lugo ou acude o venres 13/09 á presentación oficial ás 19:00 no Seminario onde profesores e dirección informarán sobre a banda e o coro.