Aberto o prazo de inscrición nas actividades do “Verán na rede museística”

Xuño 2018 A Rede Museística da Deputación de Lugo abre o prazo de inscrición en 28 actividades nas que se inclúen 21 obradoiros e 7 campamentos que terán lugar nos catro museos que conforman dita rede: O Museo Provincial de Lugo, o Museo Provincial do Mar, o Museo Fortaleza San Paio de Narla e o Museo Pazo de Tor. 

As inscricións lévanse a cabo no Departamento de Didáctica de cada Museo. Son actividades para todas as idades co obxectivo de ofrecerlles a posibilidade de aprender e desfrutar ao mesmo tempo, descubrir novos mundos e expresións culturais. Neste eido, coñecemento e entretemento únense nunha programación que xira arredor da sabedoría das coleccións custodiadas nos museos da rede.

Museo Provincial de Lugo

Obradoiro: DIVERSXS
Data: 27 de xuño.
Idades: para familias.
Horario: de 19:00 a 21:00h.

Obradoiro: Campamento no Museo Provincial de Lugo (Dentro do Programa MAPAS (IN)VISIBLES) Atréveste a comezar o verán no museo? Imaxina ter a capacidade de poder cambiar a historia movendo unha peza de arte por aquí e descubrindo un segredo por aló. A través da arte e do xogo coñeceremos o funcionamento do museo, darémoslle a volta e crearemos a nosa propia exposición.

Data: 2, 3, 4, 5, 6, 9 e 10 de xullo.

Prazas: 15.
Idades: de 6 a 15 anos.
Horario: de 11:00 a 14:00h.

Campamento de Arqueoloxía Escavación arqueolóxica dirixida polo arqueólogo Enrique Alcorta.
Data: 26 e 27 de xullo.
Prazas: 15.
Idades: de 4 a 12 anos.
Horario: de 11:30 a 13:30h.
Aberto prazo de inscricións (ata completar prazas) no Departamento de Didáctica do Museo Provincial de Lugo
Museo Provincial de Lugo: 982 24 23 00 / 982 24 21 12
Xerencia da Rede Museística: 699 836 883
xerencia-redemuseos@deputacionlugo.org

Podes consultar as actividades nos outros museos da rede nos seguintes enlaces:

VERÁN 2018: Museo Provincial do Mar

VERÁN 2018: Museo Fortaleza San Paio de Narla

VERÁN 2018: Museo Pazo de Tor