Maio 2019 en Bico de Grao

– IOGA Luns 17:30 a 18:30

– PILATES Xoves 16:45 a 17:30

– CANTA POR CANTAR Martes 7 e 21 de maio de 18:00 a 19:30

– CHARLA GRATUÍTA RELACIÓNS SAUDABLES. Venres 10 de 19:30 a 20:30

– MERCADIÑO DE TROCO DA PRIMAVERA. Mércores 15 de 17:00 a 20:00

– OBRADOIRO XÉNERO, PODER E FEMINISMO. Venres 24 16:30 a 20:30 e Sábado 25 de 10:00 a 14:00 e 16:00 a 20:00

– OBRADOIRO DE DIADEMAS DE CASTREXA. Venres 31 de 17:00 a 20:00


ACTIVIDADES PERMANENTES

Ioga

Luns de 17:00 a 18:00

Imparte Donvina Villares

Aportación 28€/mes. (45€/mes se asistes tamén a Pilates, polas dúas actividades).

Só tes que traer roupa cómoda, calcetíns gordiños e esteira.

Inscríbete respondendo a este correo ou en Bico de Grao.

Pilates

Xoves de 16:45 a 17:30

Imparte Donvina Villares

Aportación 28€/mes. (45€/mes se asistes tamén a Ioga, polas dúas actividades).

É preciso traer roupa cómoda, calcetíns gordiños e esteira.

Inscríbete respondendo a este correo ou en Bico de Grao

Canta por Cantar

Martes 9 e 23 de Abril de 18:30 a 20:00

Imparte Helen Rivero

Aportación: 24€/mes ou 12€ clase solta

Ioga da Voz

Grupo de canto para mulleres de tódalas idades onde exploraremos as cores da voz. Desenvolveremos a nosa confianza ao usar a voz e aprenderemos a expresarnos con ela.

Para máis información no dubides en poñerte en contacto coa profe helen@helenrivero.com

ACTIVIDADES PUNTUAIS

Para inscribirse nas actividades puntuais é necesario aboar como mínimo o 30% do importe total (se é o caso) no momento da inscrición, sempre e cando non se dea outra instrución.


CHARLA GRATUÍTA RELACIÓNS SAUDABLES

Venres 10 de 19:30 a 20:30

Imparte Donvina Villares

Aportación: De balde

Despréndete dos roles que che impiden ter relacións saudables, harmoniosas e igualitarias. Esta charla vai dirixida a aquelas persoas que teñen interese en saír dos modelos de relacións xerárquicas. Tomar conciencia do tipo de relación que temos coa nosa parella, coas nosas amizades, coa nosa contorna é o primeiro paso para mudalo e ter unhas relacións saudables.

Aforo limitado. Inscríbete na tenda, chamando ao 982807935 ou en bicodegrao@gmail.com

MERCADIÑO DE TROCO PRIMAVERA

Mércores 15 de 17:00 a 20:00

De balde.

Volve o Mercadiño de Troco da primavera da man do Banco de Tempo de Lugo e Bico de Grao.

Como en ocasións anteriores lembrade que podedes traer todo aquilo que nos esteades usando, que se atope en bo estado, e levar aquilo que precisedes. Pódense intercambiar todo tipo de produtos; roupa, libros, música, xogos, bonecos, accesorios, aparellos electrónicos.. Calquera cousa que sexa susceptible de ser reutilizada será benvida.

Por motivos hixiénicos nos se aceptarán obxectos que non veñan limpos ou non se atopen en bo estado.

Ao rematar a tarde de troco pódense recoller os obxectos e levalos de volta ou deixalos no Bico, neste caso a roupa susceptible de ser usada quedará en Fixenöeu ou doarémolos a distintas institucións de carácter social da provincia.

“O TROCO é unha revolución emerxente en tempos de crise. É un sistema de mercado alternativo no que se ten en conta o valor das cousas, non o seu prezo en moeda, promovendo hábitos de consumo responsable e evitando o gasto de diñeiro”

OBRADOIRO TEÓRICO-PRÁCTICO XÉNERO, PODER E FEMINISMO. Por primeira vez en Lugo!!!

Venres 24 de 16:30 a 20:30 e Sábado 25 de 10:00 a 14:00 e16:00 a 20:00. 12horas.

Aportación 60€. Hai habilitadas 2 bolsas para que ningunha persoa fique sen acceso á formación por motivos económicos.

Imparten Mar Cendón, Mari Fidalgo e María Rosendo.

Formamos parte dunha sociedade na que reproducimos xestos, actitudes e discursos que fortalecen estruturas de poder e perpetúan desigualdades e exclusións.

Moitas destas prácticas son habituais ata o punto de que nos resultan difíciles de detectar no día a día. No entanto, estes comportamentos teñen consecuencias na vida das persoas. Construír espazos despatriarcalizados pasa necesariamente por visibilizar e enfrontar individual e colectivamente estas formas de estar e de participar na sociedade.

O obradoiro teórico- práctico “Xénero, poder e feminismo: transformando as relacións e os coidados nos grupos» articúlase coma un convite, un espazo para reflexionar e tomar consciencia de como a construción diferencial de xénero inflúe no funcionamento dos grupos (asociativos, laborais, comunidades educativas, familiar, etc). Mediante unha metodoloxía teórico-práctica trataremos de partillar algunhas chaves para introducir a perspectiva feminista e dar resposta ás desigualdades, mellorando a saúde e o clima dos grupos nos que participamos.

Hai límite de prazas e as inscricións son ata o día 19 de maio.

Para máis información e inscricións feminismosparagrupos@tutamail.com

OBRADOIRO DE DIADEMAS CASTREXAS.

Venres 31 de 17:00 a 20:00

Aportación 18€ Imparte Lola Tourón.

Anímate a preparar a túa caracterización de cara ao Arde Lucus!

Prepararemos coroas e accesorios con material natural como folla de millo. Todo o material para a realización do obradoiro está incluído.

Incricións ata o día 28 de maio. Reserva a túa praza no 982807935 ou en Bico de Grao.