dia-internacional-museos

Maio 2018 Este venres 18 de maio celébarse o Día Internacional dos Museos e as actividades das que podemos disfrutar en Lugo son:

MUSEO DIOCESANO-CATEDRALICIO: entrada gratuita y a las 12:00 habrá una visita guiada. Máximo 25 personas. Por orden de llegada y solicitud.

CONCELLO: realización de visitas guiadas, a ampliación dos horarios dos museos municipais e actuacións musicais

Venres, 18 de maio: o Centro de Interpretación da Muralla abrirá as portas dende ás 11:00 ata ás 22:00 e a Casa dos Mosaicos, o Centro Arqueolóxico e a Sala Porta Miñá, de 11:30 a 13:30 horas e de 17:00 a 22:00 horas.

Sábado 19 de maio: nesta xornada os horarios tamén se amplían no Centro de Interpretación da Muralla e a Sala Porta Miñá, que abrirá ata ás 00:15 horas, con visitas guiadas a partir das 22:00 horas; e na Sala Porta Miñá haberá visitas guiadas, a partir das 22:00 horas. Ao final terán lugar pequenas actuacións musicais de 10 minutos de duración. 

Ademais das actividades mencionadas levarase a cabo unha campaña en redes sociais co fin de dar unha maior visibilidade a rede de museos municipais e o patrimonio de Lugo a través das novas tecnoloxías. Ao longo desta fin de semana todas as persoas interesadas poden subir unha fotografía ou vídeo do patrimonio de Lugo ou ben dos museos do Concello coa etiqueta #LugoÉMundial e #IMD2018 (etiqueta que se usará a nivel mundial para promocionar as actividades deste día). 

A temática que envolve esta campaña xirará entorno aos Museos Hiperconectados: enfoques novos, públicos novos, co fin de que a través dos hashtag, podamos hiperconectar os museos de Lugo cos do resto do mundo. 

Para máis información as persoas interesadas poden consultar a Oficina Municipal de Turismo, situada na Praza do Campo, número 11 ou no teléfono: 982 251 658.

 DEPUTACIÓN: Proxecto ‘Improntas’: exposicións e obradoiros para todas as idades co obxectivo de divulgar o coñecemento de técnicas e a obra gráfica gravada e impresa dos fondos dos museos da Rede Museística. Realizaranse nos 4 museos.

17:00h. Inauguración da mostra ‘Incisións’. Sala Multiusos do Museo Provincial de Lugo, carpeta que contén 26 gravados (fotogravados, augafortes, augatinta, punta seca…) da autoría de Mónica Alonso, Francisco Amat, Boente, Quique Bordell, Alejandro Carro, Santiago Catalán, Espiral, García-Gesto, Roberto González, Guerreiro, Honorio, Sara Lamas, Lomarti, Macía, Luis Moscardó, Senén Olano, Otero-Yglesias, Elena Pendás, Juan Miguel Prada, Xermán Refojo, Mª José Santiso, Isabel Somoza, Bernardo Tejeda, Vázquez Cereijo, Vieiro e Ignacio López.

Obradoiro: Iniciación ao gravado. Estampación. Dirixido a Club Pequeamig@s (a partir de 8 anos) Prazas: 15 Horario: de 16:30 a 18:00h. Inscrición previa no museo.

Obradoiro: Taller de iniciación ao gravado. Estampación en seco Dirixido a adultos Prazas: 15Horario: de 18:30 a 20:00h. Inscrición previa no museo.