Música clásica, unha ofrenda floral, o concerto de Noemi Mazoy, unha visita guiada teatralizada e a representación da obra Don Juan Tenoria compoñen o programa

Unha vez máis celebrarse o tradicional Mercado das Frores na Praza de Abastos. Este ano amplíase un día máis, será o luns, martes e mércores, 29, 30 e 31 de outubro, dende as 08:00 ás 20:00 horas

Continúa aberto o prazo de matrícula, ata o 25 de novembro, para o I Congreso Iberoamericano Cultura e Memoria, un dos poucos destas características en España, que acollerá o Vello Cárcere o 30 de novembro e 1 de decembro

Outubro 2018 A Concelleira de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, presentou as distintas actividades culturais que ten programadas a entidade local para conmemorar o Día de Defuntos no cemitero municipal de San Froilán, que celebra o seu 70 aniversario.

Xoves 1 de novembro

Música clásica ao longo de toda a xornada no camposanto lugués.

Venres 2 de novembro

Tradicional ofrenda floral que a Corporación Municipal lle fai aos defuntos, a partir das 17:00 horas.

Luns  5 de novembro

O cemiterio municipal acollerá o concerto da soprano Noemi Mazoy, dende as 20:00 horas. É unha actividade gratuíta pero é necesario retirar invitación na Sección de Cemiterios, na Ronda da Muralla, 197.

Domingo 11

Visita guiada teatralizada, a cargo de Achádego Teatro,  dende as 17:00 horas. É necesario retirar invitación na Sección de Cemiterios, na Ronda da Muralla, 197.

Martes 27

Representación da obra de Don Juan Tenorio, da man da Aula de Teatro da USC,  ás 21:00 horas. É necesario retirar invitación na Sección de Cemiterios, na Ronda da Muralla, 197.

I Congreso Iberoamericano Cultura e Memoria

A edil tamén quixo recordar a celebración en Lugo do I Congreso Iberoamericano Cultura e Memoria, un dos poucos desta temática e tipoloxía que se celebran en España. Trátase dunhas xornadas organizadas polo Concello e a USC, que versarán sobre As perspectivas da morte e que terán lugar os días 30 de novembro e 1 de decembro no auditorio do Vello Cárcere.

O programa abrangue distintos eixes temáticos: representacións da morte na historia, ritos funerarios e morte nas distintas culturas, antropoloxía da morte e grandes cemiterios monumentais. Haberá conferencias, comunicacións e mesas redondas; todo elo cun obxectivo: crear un foro de debate e estudo das distintas achegas científicas e de investigacións que neste ámbito proporcionen información precisa a través da cal poder abordar conceptual e culturalmente a morte. 

Todas as persoas interesadas en participar poden inscribirse, de xeito gratuíto, ata o 25 de novembro, a través da nova web do Cemiterio Municipal, cemiterio.lugo.gal Nesta mesma ligazón pódese consultar toda a programación.