Club Clavicémbalo, programa de setembro

Portada do último dos Fogbound, unha das sensacións do Festiblas



XX Recolleita Setembro 2017 – Club Clavicémbalo

Mes dedicado a toda a xente de Lugo que loita pola cultura (É que… pola noite tamén hai cultura)

1 Venres Microefectos Greates Hits Pases ás 20:30 e 22:30 horas.

Adolescentes, en ciernes, en viernes de Brian Rodríguez.
Ela (El) de María Grandío.
Justicia desbocada de Germán Frasio
Novas do 3 de xullo de Anxo Manoel

1 Venres 24:00 horas Spanish Castel Magic (Tributo a Jimmy Hendrix)

2 Sábado 23:45 horas Scott Stobbe/ Michelle Alany and the Mystics

Magic folk – USA. Música sefardi, klezmer, jaz manouche…

3 Domingo 22:00 horas Møura

Experiencia lisérxica pangalica, catarse cósmica e druídica.

Diego Veiga: guitarra, voz; Pedro Alberte: baixo, voz; Hugo Santeiro: guitarra, voz; Fernando Vilaboy: órgano Hammond, sintetizadores; Luís Casanova: batería e outros instrumentos de percusión.

7 Xoves

22:00 horas Lusco e Fusco (Impro) + The Momento Impro
Espectáculo de improvisación teatral onde todo pode pasar, con dous grupos de impro de Santiago de Compostela (The Momento Impro) e de Lugo (Lusco Fusco Impro) que farán que choredes coa risa e desfrutedes dun sin fin de historias

23:30 horas Chigliak

Silvia Viñas: voz, Fernán Gómez: guitarra.

Dúo de voz e guitarra formado por dous compoñentes do grupo de bossa nova Jotinho’s. A súa intención é trasladar e mestura-los clásicos da música brasileira …

8 Venres 23:30 horas  Deep Mind

Nace no 2014 como banda paralela á lucense Cats and Monkeys, como reduto das inquedanzas máis jazzísticas e experimentais de varios dos seus membros. Interpretación de clásicos de hard bop, exploración dos límites entre o jazz e o rock, recuperación das raíces do acid jazz e do soul contemporáneo e tamén mostran unha particular visión dos new standars dende Led Zeppelin a Radiohead

Borja García:batería; Adrián Arias: piano; Dani Prieto: baixo; Toño Otero: saxo, voz; Iván Reija: guitarra.

9 Sábado 22:45 horas Devil´s Gun

Banda do sur de Suecia con influencias de xigantes como Accept, Airbourne e Motorhead

15 Venres 23:30 horas A Volta do Agro

Música, canto e baile tradicional con aire de festa.

16 Sábado  23:45 horas Noite de metal

Lapsus Mentis | Thrash metal | Vigo + Malasombra | Metal | A Coruña + Vrásica | Hard rock | Lugo

21 Xoves  23:00 horas As Ramilettes | Puré de cabaré

Teatro musical

Ingrendientes: un manipulador impenintente, unha muller asolagada nunha relación, un anel, unha guitarra, un inspector da SGAE, unha muller andróxina forzando no cumio dun mundo de homes, un piano e unha peiteadora que fai o mellor dos barbeados.

As Ramilettes regresan co seu pure de cabaré para poñer un pouco de risa e orde na vida.
Intérpretes: María Castro, Pedro Ínsua, Luis Monsalve, Olaia Otero e Raquel López Cendán.

22 Venres 23:00 horas Sólo Voces

A cappella

23 Sábado Rainbreakers

Banda inglesa recoñecida como un dos sons máis frescos do blues rock e do soul do Reino Unido. O grupo está especialmente interesado en sons retro, dende os psicodélicos e as melodías do soul ata os riffs do garaje rock e os ritmos do R&B.

No 2016, British Blues Awards nomeou aos Rainbreakers para o Barry Middleton Award For Emerging Artist (Premio Barry Middleton ao Artista Revelación)

28 Xóves Concerto organizado por FACELA: Contenedor de Mierda + Pantis

29 e 30 VIII Festiblas (ler artículo en Viva Lugo)

29 Kings of the Beach + No Crafts + The Wallas
30 Thee Boas + Fogbound
 
Club Clavicémbalo – Rúa dos Paxariños 23 Lugo