Agosto 2018 A Deputación de Lugo ten preparado para este agosto unha completa oferta de actividades lúdico-culturais, gratuitas e abertas ao público,  como se poden ver nos programas das propostas ÁGORA Cultural e Buxiganga, así como campamentos infantís. Adiantamos algunha das datas deste principios de agosto e consulta a axenda xa que ó longo de todo o mes haberá concertos, maxia, teatro…

A programación do ÁGORA Cultural nesta primeira semana de agosto nas rúas da capital lucense é a seguinte;

– O 1 de agosto ás 20:00 horas na Praza da Soedade, terá lugar A Biblioteca Máxica, de Pallaso Piruleta & Cía, unha actuación no que se mesturan maxia, circo e música. 

– O 2 de agosto ás 21:30 horas na Praza de Campo Castelo actuación do Ribeira Sacra Jazz Orquestra que promociona os elementos singulares da Ribeira Sacra.

– O 3 de agosto ás 21:00 horas na Zona Praza do Campo o grupo de música tradicional Os Valuros presenta o seu repertorio.

Consultar a axenda para ver outras datas

Dentro da axenda do Buxiganga, iniciativa posta en marcha polo Goberno Provincial para dinamizar a actividade cultural nos municipios, dando a coñecer aos colectivos teatrais lucenses, inclúe as seguintes actuacións esta primeira semana de agosto;

– O 3 de agosto ás 19:00 horas, na Aira de Parada de Montes da Pobra do Brollón, actuación do grupo Sacarina coa obra Madialeva.
– O 4 de agosto ás 18:00 horas, no Campo da Feira de Seoane do Courel, actuación de Ti e máis Eu Teatro, presentando a obra A troita do río.

Consultar a axenda do buxiganga para ver outras datas

Nesta semana primeira semana de agosto a programación para o campamentos infantís de teatro para nenos de 7 a 14 anos é a seguinte:

– 30 xullo – 14 de agosto na Praza da Soidade, dende as 9:00 a 13:00 horas

– 30 xullo – 14 de agosto na Praza Maior, dende as 16:00 a 20:00 horas

Consutar a axenda dos campamentos no mes de agosto