Encontros con destacados artistas galegos en Lugo

Participantes en fin de curta

A Área de Cultura da USC no Campus Terra organiza ao abeiro do convenio Lugo Cultural, do que forman parte, ademais da Universidade, Deputación e Concello de Lugo, unha serie de encontros que permitirá achegar a destacados artistas do panorama cultural galego a alumnado preuniversitario coa intención de que os mozos e mozas podan preguntarlles as súas inquedanzas.

Listado de Encontros:

1. 25 de febreiro 12:00h: Andrea Vilar e Maite Arziniega Concerto didáctico de LIED

2. 28 de febreiro 12:00h: Encontro coa compositora e cantante galega UXIA SENLLE

3. 14 de marzo 12:00h: Encontro con CINTA ADHESIVA

4. 15 de marzo 12:00h: Encontro con Juan Carlos Zahera

5. 27 de marzo: Encontros no Día Internacional de Teatro coa Compañía de Teatro USC-Lugo

6. 28 de marzo 12:30h: Obra Compañía de Teatro da USC-Lugo, asistencia e coloquio posterior

7. 1 de abril 10:30h: Obra Compañía de Teatro da USC-Lugo, asistencia e coloquio posterior

8. 5 de abril 11:00 / 12:30h: Noite na Domus con Germán Díaz e Celso Rodríguez

9. 25 de abril 12:00h: Encontro con MJ Perez

10. FINDECURTA: PROXECCION CURTAS E ENCONTRO CO COORDINADOR BRUNO MAEZ

11. Maio: Encontro coa música experimental

12. 8 de maio 13:00h: Encontro con GONZALO GUERREIRO

13. 23 de maio 12:00h: SON DO GALPON, rap galego

14. 24 de maio: Anatomía dunha serea, charla teatralizada con Iria Pinheiro

+ INFO E INSCRICIÓNS

Os e as interesadas en participar só teñen que cubrir a ficha que atoparan neste artigo da web da USC e mandala a cultura.lugo@usc.es. As prazas para cada encontro concederanse por orde de chegada.