Estudantes da USC presentan un estudio sobre a actividade cultural de Lugo

Imaxen libre de dereitos de autor do banco "unsplash"

Maio 2018  O vindeiro martes dia 15 ás 16h serán presentados no salón de graos da Facultade de Humanidades de Lugo os resultados do estudo “Sermos cultura”, unha análise sobre o estado cultural da cidade, levado a cabo polos estudantes de cuarto curso do grado Ciencias da Cultura e Difusión Cultural, en colaboración con diversas asociacións do sector que aportaron a súa visión sobre o tema, participando ademáis nun mapeo final co obxectivo de localizar as zonas de Lugo cunha maior actividade cultural.

“Sermos Cultura” é un proxecto de Aprendizaxe e Servizo, unha experiencia pedagóxica novidosa que pretende achegar a Universidade á cidadanía. Neste caso, o grao de Ciencias da Cultura e Difusión Cultural da facultade de Humanidades pon á disposición dos colectivos culturais da cidade unha serie de instrumentos de diagnose e avaliación da saúde e vitalidade cultural de Lugo.

A través de técnicas de análise cualitativa, como grupos e discusión ou cartografías colaborativas, seis asociacións culturais da cidade (Achádego, Volta do Agro, Fontmiña, cineclube Valle Inclán, Cultura do País e A Fouce) compartiron co alumnado da materia “Estrutura do Sistema Cultural de Galicia”, coordinada pola profesora Comba Campoi, as súas inquedanzas con respecto da vida cultural da cidade. Con ese material, o grupo de alumnos elaborou “Sermos Cultura”