Expo, xornada e roteiro para celebrar “A Hora do Planeta” en Lugo

A Hora do Planeta é unha iniciativa mundial que celébrase o último sábado do mes de marzo de cada ano e consiste nun apagamento eléctrico voluntario, no que se pide a fogares, empresas, institucións e demais edificios que apaguen as luces e outros aparellos eléctricos non indispensables durante unha hora. Con esta acción simbólica, preténdese concienciar á sociedade sobre a necesidade de adoptar medidas fronte ao cambio climático e as emisións contaminantes, así como aforrar enerxía e minorar a contaminación lumínica.

O Goberno da Deputación de Lugo  organiza as seguintes actividades para dar apoio e visibilidade a esta iniciativa:

–  unha exposición no Pazo de San Marcos do 13 ao 24 de marzo para concienciar sobre o cambio climático e o uso responsable da enerxía. Faino co apoio de ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia); aberto ao público e totalmente de balde. 

– unha xornada “Enerxía e clima – A hora do planeta” o 20 de marzo, aberta ao público e totalmente de balde. Contará coa participación de reputados expertos no estudo do cambio climático, a contaminación atmosférica e lumínica, así como o aforro enerxético.

– un roteiro vespertino urbano pola cidade de Lugo (o 20 de marzo – 20.00 a 22.00 Horas) para avaliar a contaminación lumínica e a problemática da iluminación exterior, aberto ao público e totalmente de balde

sábado 24 de marzo, data na que centos de cidades de todo o planeta apagarán a iluminación dos principais monumentos públicos entre as 20:30 e as 21:30 horas

A exposición, composta por 13 paneis e elaborada coa colaboración do CENEAM (Centro Nacional de Educación Ambiental) pretende achegar a problemática do cambio climático, os seus impactos e consecuencias dende a perspectiva da acción social. A exposición fai fincapé no papel que as institucións, empresas, ONGs e cidadanía poden desenvolver dende os domicilios, escolas, centros de traballo e organismos públicos, dando conta das accións e propostas de intervención para actuar a favor do clima, para a mitigación dos efectos negativos da mudanza climática, particularmente no xeito en que se xestiona a enerxía e o transporte.

A mostra permanecerá aberta ata o vindeiro sábado 24 de marzo

Fonte da foto: Gabinete de comunicación da Deputación de Lugo

Programa da xornada Enerxía e clima – A hora do planeta

Mañá (10.30 -14.00 Horas)

– 10:30 Horas. Benvida institucional e contextualización.

– 10.45 Horas. 0 cambio climático: impactos e previsións. Pablo Ramil, director do IBADER e experto/a do panel científico galego contra o cambio climático.

– 11:30 Horas. Debate

– 11.45 Horas. Pausa Café

– 12.00 Horas. A contaminación das fontes de xeración enerxética. Ramón Varela Díaz, experto en contaminación atmosférica.

– 12.45 Horas. Crise enerxética e decrecemento no marco dos acordos de París. Xoán Doldán, USC.

– 13:30 Horas. Debate.

Tarde (16.30 -19.00 Horas)

– 16:30 Horas. O modelo enerxético ga/ego. Adrián Dios Vicente, USC.

– 17:15 Horas. A factura eléctrica: aforro e eficiencia no fogar. Pablo Álvarez Fernández, Coop. Nosa Enerxía.

– 18:00 Horas. A problemática da contaminación lumínica. Fins Eirexas, ADEGA

– 18:45 Horas. Debate.

12032018-_MG_1598