Fotos da semana cultural de Lugo. Febreiro 2019.

Febreiro 2019 Como cada domingo compartimos unha galería de fotografías dalgúns dos eventos culturais de Lugo. Faltan moitos, claro que sí, porque Lugo non para e a axenda cultural desta cidade cada vez oferta máis e máis eventos de calidade suprema. Que sirvan estas fotos como unha pequena mostra: 

  • O finde que o Grupo Chévere conquistou Lugo…na Librería Trama con Kalandraka Galicia e no Auditorio con Miguel de Lira and Co espectaculares
  • O finde que se fixo realidad unha nova revista cultural: Hechos Mínimos, con Lois Pérez e Lourdes Abuide de mestres de ceremonia e o escritor José Ovejero de «padriño» oficial
  • O finde que o Café del Centro quedou pequeno para o concerto literario dos artistas lucenses: Brea, Conchi Montero, Gema López, Jordi Cicely, Minerva Varela, Randi Estrago, Txuso Juaristi e Xosé Torres.
  • O finde que Giles Robson provocou un incendio de blues no Club Clavicémbalo no seu concerto promovido por Dwaves Event
  • O éxito da inauguración da expo Exposición Colectiva “Mujeres Libres” en La Ferretería na que articipan 18 artistas plásticos e fotógrafos lucenses.
  • A descuberta da placa da Biblioteca Municipal Isidro Novo como fin das homenaxes ao escritor e motor cultural de Lugo.