ABRIL 2018 Esta fin de semana ven de acontencer un importante encontro no mercado de Lugo: o III Encontro da Economía Social e Solidaria. 

Co obxectivo -ben cumprido, por certo – de difundir outra manera de facer as cousas, outros «xeitos» de xestión da vida económica, e por tanto, persoal, familiar, social … durante toda a xornada houbo debates (ESS e feminismo, ecoloxismo, defensa do rural e ONG), presentacións de proxectos, obradoiros e un pequeno mercado con postos  (como o da artista lucense Carmen GranxeiroBico de Grao ou Catro Ventos Editora, entre outros) 

Organizado por REAS Galicia, aproveitamos para descubrir productos e servicios que cumpren cos principios da ESS (as persoas e o medioambiente por riba doutros intereses, por exemplo) e informarnos sobre esta economía solidaria que propugna REAS e quere ser alternativa radical e global ao modelo de relacions capitalista centrado no lucro e o acaparamiento, incompatible coa “sostenibilidade da vida”, a xusticia social e os dereitos universiais… a economía ao servizo das persoas, na procura dunha sociedade máis xusta e sustentable.

REAS Galicia

REAS é a Red de Redes de ECONOMÍA ALTERNATIVA E SOLIDARIA da que forman parte máis de cincocentas entidades agrupadas en redes territoriais e sectoriais. REAS nace para dar resposta á deshumanización da economía, ao deterioro do medio ambiente e á perda de valores sociais.

O incremento da pobreza e as desigualdades sociais, a exclusión social e económica, o paro e o emprego en precario son problemas que xeran desafíos e esixen respostas. Por iso, REAS potencia a Economía Solidaria, o noso instrumento cara a unha sociedade máis xusta e solidaria, sostible e comprometida.

O fin principal de REAS é facer posible esa outra maneira de enfocar e xestionar a economía. Para que deixemos de ser quen sofre as consecuencias de decisións que non tomamos e pasemos a ser as persoas no centro da economía.