ABRIL 2018 O 8 de abril celebrarase o Día Internacional do Pobo Xitano e para conmemoralo, este venres, leuse un manifesto no que reivindicaron o apoio e o afecto da sociedade a comunidade xitana que, aínda hoxe, segue a recibir tratos de invisibilidade e desconsideración.  

Ademáis tamén se presentou a campaña Partir de Cero e Lugo Cidade Cero realizada pola Fundación Secretariado Xitano que pretende mostrar as desigualdades que sofre a comunidade xitana. O proxecto componse de dous elementos: un corto de animación e un libro que empregarán nos centros educativos de maneira didáctica. Ambos os dous narran a historia dunha rapaza xitana ata chegar á Cidade Cero, a cidade da igualdade, un lugar onde ninguén parte con desvantaxe. Deste xeito presentouse Lugo como un proxecto de Cidade Cero onde todas as persoas teñan as mesmas oportunidades sen importar a súa procedencia, raza ou sexo.

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana Abelleira, xunto a Coordinadora da Fundación do Secretariado Xitano en Lugo, Belén Fernández presentaron os actos en conmemoración do Día Internacional do Pobo Xitano.

Fonte: Gab. Com. Concello