Lugo Cultural enche de cultura a cidade desde o Campus Terra. Programación de Lugo Cultural

A programación de actividades organizadas ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Concello e Deputación Provincial de Lugo, permitirá dar continuidade en 2018 á oferta de ciclos de música, teatro, danza, fotografía, cine, letras e outras formas de creación que se desenvolven na sede universitaria luguesa e nos que o pasado ano participaron máis de 5.000 espectadores.

 A programación do Lugo Cultural é:

‘Músicas a Carón da Mosqueira’

Ciclo que impulsa a novos creadores e intérpretes dentro da música clásica.
 
Realizarase os terceiros luns de mes de xaneiro a maio na Casa do Saber ás 20:00 h. Ciclo en colaboración co AIE.
19 febreiro
DAVID ANTIGÜEDAD MANAGAS (Guitarra)

12 marzo
KEBYART ENSEMBLE

16 abril
ANAULF DÚO

14 maio
CORO da Universidade de Santiago de Compostela e Capela Compostelana

21 maio
MARIO MORA (Piano)

NOVO CICLO DE  IMPULSO OS NOVOS ARTISTAS DE LUGO:

5 marzo
RAICEIRA
Carme López (Voz e percusión)
Sabela Vázquez (Cello)

2 abril
VOZ E PIANO
Julia Martínez
Andrés Martínez

7 maio
TRÍO TRE CORDE
María Jesús Talero (Violín)
Silvia Ramos (Violoncello)
Thao Bui Huong (Piano)

*Noite na Domus:
Actividade complementaria de Músicas a carón da Mosqueira. Realizarase os primeiros xoves de mes. Trátase dunha visita moi especial. Celso Rodríguez Cao, arqueólogo director da excavación da Domus,  convidanos a coñecer máis a fondo a historia do soar a través das diferentes épocas do mesmo e a súa evolución. Acompañado de diferentes músicos que nos farán sentir  a música que escoitaban os nosos antepasados: Sólo Voces, Germán Díaz e Lucus Esemble.

Descubriremos a familia do Centurión que habitou esta casa, o porqué do seu traslado, o cargo que ocupou,  xa que era máis cun centurión, era o encargado da recaudación tributaria no Norte. Como curiosidade, no  propio altar podémonos fixar que pon máis acento na oficina de recaudación tributaria que na devoción a Mitra.

Non coñecemos a música que se tocaba no tempo romano polo que os nosos acompañantes comezarán a súa intervención con cántigas medievais para chegar ás composicións do SXV. A entrada na Idade Media fará fincapé na construción da catedral,  a súa necrópolis . A catedral non ocupa un lugar central dentro do burgo, precisamente a súa situación excéntrica foi motivada pola ubicación do templo mitraico.

2 marzo e 11 maio
Sólo Voces

6 abril e 1 xuño
Germán Díaz

Visitas guiadas co arqueólogo Celso
 Rodríguez Cao + música en directo
Dous pases: 20:45 e 22:00 h. Entrada gratuíta, recollida da mesma o día antes de 9:00 a 14:00 na Oficina de Cultura da USC (2 entradas por persoa) *Aforo limitado a 25 persoas por pase.

LUBICÁN

Ciclo que intenta potenciar a presentación dos novos traballos da música galega.

Como actividade complementaria Os Xoves de Moda. 3º xoves de mes (01 de marzo, 10 de maio )Trátase dun foro no que poder achegar diferentes experiencias dentro das artes. Encontros con directores de cine, actores, deseñadores, bailaríns…

22 febreiro – Círculo das Artes 
21.00 horas
DE VACAS
Tour Vacanal 2018 “Novos xites e os
clásicos de sempre”

15  marzo – Auditorio
Gustavo Freire 
21.00 horas
Proxección especial da longametraxe Dhogs
 coa presenza do
equipo e elenco

26 abril – Praza de Santa María (En caso de choiva, no Círculo das Artes)
 21.00 horas
CAXADE presenta
”E isto é o amor”


31 maio – Praza de Santa María  (En caso de choiva, no Círculo das Artes)
 21.00 horas
O SONORO MAXÍN  presenta
”Sete Dezasete”

– XOVES DE MODA

 – 20.30 horas –

1 marzo – Casa do Saber
Dhogs, a experiencia de crear un filme. Suso López,
produtor Andrés 
Goteira, director
 e guionista
11 abril 
(mércores) Auditorio da Facultade de Veterinaria
Toni Jodar 
explica a danza
moderna e
contemporánea 
(Conferencia bailada)
Coorganiza: Cdan Lugo


10 maio
Maria Mendoza 
e Nate Borrajo presentan “Nova”

-LUBICÁN ÍNTIMO-


23 marzo – Casa do Saber 22.30 horas
MJ PÉREZ  presenta
”Casandra”


27 abril – Praza de Santa María  (En caso de choiva, 
na Casa do Saber)
21.00 horas
A banda da Loba presenta
”Bailando as rúas”


25 maio – Casa do Saber
 21.00 horas
OS MINHOTOS presentación 
do novo disco

O Festival de Teatro Universtiario, que se celebrará do 14 ao 21 de marzo; o Encontro de Danza, que terá lugar do 23 ao 24 de mazo no Vello Cárcere; unha nova edición do Curso de Primavera, o maratón cinematográfico ‘FindeCurta’ e o obradoiro de música experimental ‘Son Creativos’, son outros dos eventos integrados no Lugo Cultural de 2018.

Na presentación da oferta cultural programada para a primeira metade do ano no marco dun acto celebrado na Domus do Mitreo e no que interviñeron o vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno; a concelleira de Cultura do Concello de Lugo, Carmen Basadre, e a deputada provincial delegada da área de Cultura, Pilar García Porto.