SETEMBRO 2018 os Premios da Cultura Galega 2018 que promove a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria xa teñen galardoados e entre eles hai dous lucenses: Luz Darriba «Premio da Cultura Galega en Artes Plásticas» e Ramón Villares, «Premio da Cultura Galega no ámbito da Proxección Exterior». 

Un xurado formado por representantes da Consellería de Cultura e Educación, do Consello da Cultura Galega, da Universidade da Coruña (en representación rotatoria das universidades galegas), da Real Academia Galega e da Real Academia Galega de Belas Artes Nosa Señora do Rosario, ademais de catro profesionais independentes valoraron a excelencia creativa, a capacidade de intercambio, a experimentación e a proxección da construción cultural de Galicia nos ámbitos das letras, das artes plásticas, das artes escénicas, da música, do audiovisual, da lingua, do patrimonio cultural e da proxección exterior.

LUZ DARRIBA

A artista multidisciplinar Luz Darriba (Montevideo 1954) é unha habitual no mundo das artes lucense, como protagonista ou como visitante, vividora, de expos, presentacións de libros etc ... Un referente a nivel mundial (o listado de expos e premios que referencian na wikipedia é infinito). Extraemos da súa web parte da bio porque está fermosamente escrita:

«… Abracé la pintura, en su concepción estética más depurada… Me até alrededor de la escultura … Viví de las imprecisiones y me mantuve funámbula en mi cuerda, siempre floja. Soy artista porque respiro, lo seré mientras respire… He pintado con los cinco sentidos y el alma anudada a un pincel de brocha gorda y cerdas desparramadas. Conozco los rudimentos de todas las artes, las formas particulares de sus lenguajes, a todas las he explorado entre los rezos que no he practicado y la dosificación de la esperanza. Soy madre de tres hijas mujeres, me siento responsable de ese linaje imperfecto, subversivo y revolucionario. Quise tomar la calle con mi trabajo porque las calles de mis años jóvenes fueron de pelea y muerte…he tomado la calle para que se poblara de otras voces. Soy feminista. Indiscutiblemente… Considero mi trabajo feminista aunque aún me cueste el dolor y la sonrisa hablar de cuerpos destrozados, arrojados vivos al mar, despojados de sus hijos-hijas, y asesinados. La literatura ha venido a redimirme para que el linaje no se rompa y la historia continúe.»

Fotos do seu proxecto Cumulum. Fonte: web oficial de Luz Darriba

RAMÓN VILLARES

Ramón Villares (Xermade, Lugo, 1951) é un dos historiadores e intelectuais máis relevantes da Galicia dos últimos lustros. Catedrático de Historia Contemporánea na Universidade de Santiago de Compostela —da que foi reitor— e membro da Real Academia Galega, presidiu o Consello da Cultura Galega entre 2006 e 2018, período na que a institución centró unha parte importante do seu traballo no impulso da acción exterior.

 

Autor, en galego e español, dunha moi ampla obra nos eidos da historia agraria, cultural e política, os seus ensaios son toda unha referencia nos seus ámbitos de análise e son abondosamente citados e empregados como bibliografía indispensable para todo tipo de estudos académicos e de divulgación.