O «V Festival Galego de Cultura Xorda» celebraráse en Lugo este sábado 21 de outubro

O Festival Galego de Cultura Xorda é una iniciativa que dende hai 5 anos promove a FAXPG e que, por 1ª vez, acolle Lugo grazas á colaboración que Deputación e Concello lucense prestan a ASORLU. Terá lugar este sábado, 21 de outubro, no auditorio Gustavo Freire, na capital da provincia. Prevese a asistencia de 300 persoas de toda a comunidade. O seu obxectivo é recoñecer e pór en valor o traballo que realizan as persoas xordas no eido cultural, amosando que non hai barreiras.

Contará cunha exposición permanente de artistas xordos de toda Galicia. Ao longo da xornada participarán integrantes de distintas asociacións de todo o territorio galego en diferentes disciplinas: Asociación de Sordos de Vigo (ASV), Asociación de Personas Sordas de Ourense (APSOU), Asociación de Personas Sordas de A Coruña (ASPESOR), Asociación de Persoas Xordas de Ferrol (AXF), Asociación de Personas Sordas de Santiago de Compostela (APSSC), Asociación Persoas Xordas de Pontevedra (APXP).

A programación é a seguinte:

11:00 horas.- Apertura e inauguración do festival.

11:30 horas.- Poesía. Complicidad, de María José Cruz e La Primavera Besaba. Antonio Machado, de Emilia Rodríguez.

12:20 horas.- Presentación do pintor Hipólito Xeada.

12:30 horas.- Monólogo Modo de sonrisa: ON, do artista Chifli.

13:00 horas.- Teatro. Representarase a obra La otra historia de caperucita roja por parte de actores e actrices de AXF.

13:45 horas.- Cortometraje. Sordas de Génesis Lence.

16:00 horas.- Presentación do pintor Pedro Quiñoa.

16:10 horas.- Mimo. Manuel de la Horta con el espectáculo Triste y Contento, y Carlos López con Los cambios.

16:45 horas.- Teatro. A compañía Manos K Ríen representará Cine Mudo. Baile Galego Tradicional por parte de APPSC. Santi Pose e Ignacio Fuente representarán First Dates Deaf.

17:45 horas.- Teatro. La compañía Manos K Ríen representará La gabardina.

18:20 horas.- Ana Senra interpretará a canción A nosa terra.

18:50 horas.- Presentación da pintora Fina Eiros.

19:00 horas.- Teatro. A compañía K Ríen representará Recuerdos.

19:15 horas.- Experiencia persoal. Una visión motera del mundo por parte do austríaco Marko Istvan.

20:15 horas.- Clausura.

A Deputada de Promoción Económica e Social, Benestar e Igualdade, Sonsoles López Izquierdo, e a Concelleira de Benestar Social, Ana González Abelleira, xunto á Vicepresidenta da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG), Jovita Fernández, e ao representante da Asociación de Persoas Xordas de Lugo (ASORLU), Alberto Mejuto, presentaron este xoves o Festival Galego de Cultura Xorda. 

Fonte: Gabinete de Comunicación
“Será un festival silencioso aínda que con moito que dicir, co que colaboramos os Gobernos da Deputación e do Concello de Lugo dentro da nosa aposta compartida pola igualdade de oportunidades e a integración social. Baixo esta premisa, ambas as dúas administracións colaboramos con ASORLU cunha achega de preto de 30.000 euros que fan posible, máis alá da organización deste tipo de eventos, a contratación de intérpretes para que as preto de 3.000 persoas xordas da nosa provincia participen de forma activa na vida social.
Creo que este festival é unha mostra moi visible de que, se sumamos esforzos,
 podemos romper barreiras”
Sonsoles López Izquierdo – Deputada de Promoción Económica e Social, Benestar e Igualdade – 
TAMÉN EN VIVA LUGO: