Programación do Lugo Máxico 2019

lugo-maxico-2019

Abril 2019 Carmen Basadre e os magos Rafa e Teto presentaron a programación da XVI Semana Internacional de Maxia, que achegará unhas 60 actuacións a un público de todas as idades, convertendo a Lugo en paraíso máxico do 5 ao 11 de maio. Esta edición abrirá dun xeito sensacional, coa presentación, no Auditorio Municipal Gustavo Freire, do novo espectáculo do lugués Mago Rafa, Ahora, A maxia das emocións, o 5 de maio, dende as 18:30 horas

A XVI Semana Internacional de Maxia de Lugo, Lugo Máxico,  contempla outras dúas galas máis: a unipersoal, da mán do Mago Teto, que presentará Alquimia, o venres 10 de maio, ás 20:00 horas tamén no Gustavo Freire; e a Gran Gala Internacional, o sábado 11 de maio, ás 21:00 horas no mesmo espazo municipal

Este ano, por primeira vez, serán os magos os que acheguen a ilusión aos propios colexios, concretamente a máis de 20 centros educativos, que se suman aos espectáculos en escolas infantís municipais (Piringalla, Serra de Outes, Gregorio Sanza e Sanfiz), no Auditorio Municipal Gustavo Freire e nas ociotecas do Uxío Novoneyra , A Milagrosa e Maruja Mallo; así como no MIHL, no Mercado Municipal, no Mesón do Forno, no Centro de día Antonio Gandoy, nas Casas das Linguas de Acea de Olga e da Piringalla, no Vello Cárcere, na Ponte Romana e no Hospital de Calde. Como non podería ser doutro xeito tamén haberá maxia na rúa: na Praza Maior, na Praza da Milagrosa, en Porta Miñá e na Praza do Castiñeiro. Tamén actuarán en instalacións de colectivos sociais.

PROGRAMA DO LUGO MÁXICO 201 9- XVI SEMANA INTERNACIONAL DE MAXIA DE LUGO

As entradas xa poden adquirirse en www.entradaslugo.es por un prezo de 5 euros a unipersoal e 10 ou 8 euros, dependendo da zona a internacional, ata 3 horas antes de cada función, así como no Centro de Interpretación da Muralla. Os mesmos días das galas tamén se poderán adquirir no propio auditorio dende 90 minutos antes do comezo do espectáculo.

Máis información en www.lugomaxico.es