Subvencións para actividades culturais en Lugo : aberto o prazo

Setembro 2019 Desde o sábado 14 de setembro está aberto o prazo  para solicitar as subvencións ás asociacións culturais e persoas xurídico-privadas sen ánimo de lucro que desenvolvan a súa actividade no eido da cultura, tendo 15 días de para presentar a documentación requirida no rexistro do Concello de Lugo.

Entre os criterios par a obtención das axudas teranse en conta as actividades que non utilicen a muller como reclamo ou denigren a súa imaxe, que a entidade conte cunha vogalía ou departamento de muller ou igualdade, ou que a composición da directiva conte cun 50% de mulleres, ademais do uso do galego na programación da actividade. Ademais, valorarase o uso e a difusión do galego na actividade e a difusión dos valores culturais galegos e lucenses.

Un total de 14.900€ que se destinarán a colectivos constituídos e domiciliados no concello de Lugo según informou a Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro.

artistas