BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//VivaLugo - ECPv6.16.2//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-ORIGINAL-URL:https://vivalugo.es
X-WR-CALDESC:Eventos para VivaLugo
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-Robots-Tag:noindex
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20250330T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20251026T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20260329T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20261025T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20270328T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20271031T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260226T180000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260226T180000
DTSTAMP:20260610T093801
CREATED:20260216T152031Z
LAST-MODIFIED:20260216T152031Z
UID:99843-1772128800-1772128800@vivalugo.es
SUMMARY:Xoves de ciencia e cañas Febreiro 2026
DESCRIPTION:Xoves de ciencia e cañas Febreiro 2026 \nOnde? Aula Galeno\, Facultade de Veterinaria\, Lugo \nCando? O xoves 26 de febreiro \nHora? De 18:00 a 20:00 h \nPrimeira xornada do ano chea de ciencia no campus. Con: \nPaula Vázquez Rodríguez\, do grupo CVSO. Creación de Valor Sostible nas Organizacións. \nMarcos Fernández González\, do grupo ARQCOMP. Arquitectura de Computadores. \nNon perdas a oportunidade de achegarte á investigación do Campus Terra dun xeito dinámico e participativo! Esperámoste!
URL:https://vivalugo.es/evento/xoves-de-ciencia-e-canas-febreiro-2026/
LOCATION:Facultad de Veterinaria\, Rúa Carballo\, 0\, lugo\, Lugo\, 27001\, Spain
CATEGORIES:Conferencias
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/02/xoves-ciencia-canas-febreiro-2026.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260226T180000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260226T180000
DTSTAMP:20260610T093801
CREATED:20260224T122916Z
LAST-MODIFIED:20260224T122951Z
UID:100206-1772128800-1772128800@vivalugo.es
SUMMARY:Familiar "Hotel Paraíso"
DESCRIPTION:Familiar «Hotel Paraíso»\nGALEATRO \n\n\n\n\nXoves\, 26 de febreiro de 2026 – 18:00 hs. \n\n\n\n\n\nLugar: MIHL\, Museo Interactivo da Historia de Lugo \nIdade recomendada: A partir de 4 anos \nSinopse: \nImaxina un lugar onde cada cuarto garda un sentimento\, cada corredor conta unha historia e cada parede asubía un segredo. Ven hospedarte no “Hotel Paraíso”\, onde cada palabra é unha chave e cada emoción\, unha porta por abrir. \nEntrada de balde en entradaslugo.es
URL:https://vivalugo.es/evento/familiar-hotel-paraiso/
LOCATION:MIHL\, Av Infanta Elena\, s/n\, Lugo
CATEGORIES:Artes escénicas
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/02/contacontos-mihl-2026.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260226T190000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260226T190000
DTSTAMP:20260610T093801
CREATED:20260207T151514Z
LAST-MODIFIED:20260216T155329Z
UID:99542-1772132400-1772132400@vivalugo.es
SUMMARY:A administración Trump: unha nova orde mundial?
DESCRIPTION:Os ‘Encontros de Lúa Chea’\, un programa de debate sobre cuestións de actualidade organizado polo colectivo universitario Proxéctate en Galego e incluído dentro da programación da Primavera Cultural\, ofrece o xoves 26 de febreiro\, ás 19.00 horas\, na cafetaría da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus de Lugo\, o faladoiro ‘A administración Trump: unha nova orde mundial?’. \nEntrada de balde. \nSobre o encontro \nXaneiro de 2025 marcou o inicio dun cambio profundo nas relacións internacionais. A segunda chegada ao poder de Donald Trump mudou radicalmente o papel que os Estados Unidos de América viñan xogando na xeopolítica internacional. \nNeste último ano erguémonos cada mañá con ameazas directas a países tradicionalmente aliados dos EUA\, ao tempo se dá unha escalada na violencia dos conflitos bélicos que afectan a moitas áreas do planeta. Asistimos abraiadas a unha retórica abertamente racista e colonial\, que tamén se trasladou ao interior dos EUA con actuacións de política migratoria que até hai ben pouco tempo non podíamos nin imaxinar. \nA outra parte da ecuación son os cambios nas políticas comerciais. As regras que viñan definindo o comercio internacional deixaron de funcionar\, e a administración Trump iniciou unha escalada de ameazas arancelarias contra aliados comerciais tradicionais\, como Canada\, México ou a EU\, á vez que afonda no enfrontamento comercial contra China. \nCales son as chaves que explican isto? Que podemos esperar nos próximos meses? Para responder estas preguntas falarán Daniel G. Palau\, director do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) e Bernardo Valdês Paços\, profesor do Departamento de Economía Aplicada da USC. \nEsta iniciativa enmárcase dentro da programación artellada ao abeiro do convenio Lugo Cultural asinado por USC\, Cultura e Turismo do Concello de Lugo e Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo.
URL:https://vivalugo.es/evento/a-administracion-trump-unha-nova-orde-mundial/
LOCATION:Escola Politécnica Superior de Enxeñaría\, Rúa Benigno Ledo\, LUGO\, Lugo\, 27002\, Spain
CATEGORIES:Conferencias
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/02/encontros-lua-chea-2026.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260226T190000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260226T190000
DTSTAMP:20260610T093801
CREATED:20260211T190100Z
LAST-MODIFIED:20260225T163001Z
UID:99753-1772132400-1772132400@vivalugo.es
SUMMARY:Cinefórum temática polo 50 aniversario da República Árabe Saharauí Democrática
DESCRIPTION:Cinefórum temática polo 50 aniversario da República Árabe Saharauí Democrática \nXoves 26 de febreiro de 2026 – 19:00 h – A Hedreira \nProxectaranse fragmentos de contexto histórico e o documental íntegro ‘Gdeim Izik. Crónica de la resistencia saharaui’. Contarase coa presenza da comunidade saharauí en Galiza. \nProgramación na Hedreira – Febreiro 2026
URL:https://vivalugo.es/evento/cineforum-tematica-polo-50-aniversario-republica-arabe-saharaui-democraticao-50-aniversario-da-republica-arabe-saharaui-democratica-proxectaranse-fragmentos-de-contexto-historico-e-o-documental-integr/
LOCATION:A Hedreira\, Rua Catasol\, 17\, Lugo\, 27002
CATEGORIES:Cine
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/02/cineforum-tematica-polo-50.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260226T190000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260226T190000
DTSTAMP:20260610T093801
CREATED:20260224T122439Z
LAST-MODIFIED:20260224T122439Z
UID:100201-1772132400-1772132400@vivalugo.es
SUMMARY:Presentación de "Latexos" de Beatriz Dourado
DESCRIPTION:O xoves\, 26 de febreiro ás 19:00h\, terá lugar na Librería Trama a presentación de Latexos (Edicións Embora)\, de Beatriz Dourado\, ilustrado por Irene Sanjuán. \nA autora\, Beatriz Dourado\, estará acompañada de Brenda Mondelo. \nSobre Latexos: \nEste poemario resultou gañador do Premio Arume de Poesía para a Infancia que organizan conxuntamente a Fundación Xosé Neira Vilas\, a empresa Deleite e a asociación do libro infantil e xuvenil Gálix. En opinión do xurado\, Latexos constrúe un universo poético engaiolante para o público novo. (Ed. Embora)
URL:https://vivalugo.es/evento/presentacion-de-latexos-de-beatriz-dourado/
LOCATION:Librería Trama\, Avenida A Coruña\, 21\, Lugo\, 27003
CATEGORIES:Presentaciones
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/02/presentacion-latexos.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260226T200000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260226T200000
DTSTAMP:20260610T093801
CREATED:20260202T172017Z
LAST-MODIFIED:20260202T172017Z
UID:99136-1772136000-1772136000@vivalugo.es
SUMMARY:Concerto de Escuchando Elefantes na Biblioteca
DESCRIPTION:Concerto de Escuchando Elefantes na Biblioteca \n\n\n\n26 de Febreiro 2026\, 20:00\n\n\n\n\n\n\n\n\n\n\n\nBiblioteca Pública de Lugo. Salón de actos (ata completar capacidade). Entrada de balde.\n\nPara todos os públicos \nA conexión entre eles\, as súas voces e a súa maneira de sentir son as bases do grupo\, destacando o poder que transmiten e o vínculo que teñen co seu público. \n\n\n\nAs súas letras están cheas de emoción\, contando historias cunha intensidade ás veces doce e outras veces abrumadora. \nCombinan festivais\, teatros\, salas e grandes escenarios con espazos íntimos e actuacións de rúa espontáneas para sentir proximidade. \nNon deixan a ninguén indiferente. A súa voz\, a súa música e a súa autenticidade conéctanse profundamente. \nEscuchando Elefantes consolidouse como un dos grupos máis xenuínos da escena alternativa española.
URL:https://vivalugo.es/evento/concerto-de-escuchando-elefantes-na-biblioteca/
LOCATION:Biblioteca Provincial de Lugo\, Avda Ramón Ferreiro\, Lugo
CATEGORIES:Conciertos
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/02/concerto-escuchando-elefantes-biblioteca.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260226T200000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260226T200000
DTSTAMP:20260610T093801
CREATED:20260222T190919Z
LAST-MODIFIED:20260225T161622Z
UID:100139-1772136000-1772136000@vivalugo.es
SUMMARY:Conferencia de Víctor Cageao\, director das Coleccións Reais de Patrimonio Nacional
DESCRIPTION:A Delegación de Lugo do Colexio de Arquitectos de Galicia organiza o xoves\, 26 de febreiro\, unha xornada co arquitecto lucense Víctor Cageao\, que falará sobre a dirección dunha das coleccións máis relevantes integradas en Patrimonio Nacional e sobre a súa relación cun dos edificios de referencia da arquitectura contemporánea no noso país: a Galería das Coleccións Reais. \nO acto celebrarase ás 20:00 horas na sede colexial luguesa (rúa Puro Cora Xornalista\, 1). \nA actividade está aberta ao público en xeral\, pero por motivos de organización\, prégase\ninscrición previa (ENLACE). Ao remate da presentación ofreceranse petiscos para\nfavorecer unha charla distendida co arquitecto. \nA sesión centrará a súa atención na xestión\, conservación e difusión dun conxunto\npatrimonial de enorme valor histórico e simbólico\, así como no papel que desempeña a\narquitectura actual na construción do relato institucional e cultural do Estado. \nA Galería das Coleccións Reais é o novo museo de Patrimonio Nacional\, situado no corazón de Madrid xunto ao Palacio Real\, onde se reúnen máis de 700 obras de arte representativas de cinco séculos\, incluíndo pintura\, escultura\, tapices e carruaxes\, representativas de cinco séculos de arte. Foi proxectada polos arquitectos Emilio Tuñón e Luis Moreno Mansilla\, consolidouse como unha peza clave no contexto monumental de Madrid e como un exemplo de diálogo entre patrimonio histórico e arquitectura contemporánea. \nO edificio da Galería das Coleccións Reais\, cunha superficie de máis de 40.000 m2\, foi\ninaugurado no verán de 2023 e suma máis de 600.000 visitantes ao ano\, consolidándose como referencia cultural e turística en España e en Europa. Deseñouse para formar parte da paisaxe natural-artificial da cornixa poñente de Madrid e para preservar o carácter público e aberto da praza da Almudena. \nRecibiu xa importantes premios de arquitectura\, entre os que destacan o primeiro premio do Colegio Oficial de Arquitectos de Madrid (COAM 2016)\, o FAD de arquitectura en 2017 e o American Architecture Prize (AAP 2017). \nMáis información do edificio da Galería\ndas Coleccións Reais: https://www.galeriadelascoleccionesreales.es/edificio \nVíctor Cageao\nVíctor Cageao é arquitecto pola Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña e desenvolve a súa actividade profesional no ámbito da xestión cultural e patrimonial. \nActualmente\, é o director das Coleccións Reais de Patrimonio Nacional e\, como tal\, da Galería. Dirixindo o equipo vinculado ás Coleccións Reais dentro de Patrimonio\nNacional\, traballa na coordinación e posta en valor de fondos históricos de primeiro\nnivel. \nA súa traxectoria combina coñecemento arquitectónico e responsabilidade\ninstitucional nun dos organismos culturais máis relevantes do Estado. \nA súa carreira profesional estivo vinculada á xestión e planificación no ámbito\nmuseístico\, con especial dedicación á arquitectura de museos\, á museografía e á\nconservación de coleccións. De feito\, desde a Subdirección Xeral de Museos Estatais\ndo Ministerio de Cultura foi o responsable dos proxectos de renovación de múltiples\nmuseos como o Museo Arqueolóxico Nacional\, o Museo Nacional de Arqueoloxía\nSubacuática de Cartaxena\, o Museo Nacional de Escultura de Valladolid ou o Museo\nde Málaga. \nEntre os anos 2015 e 2018 foi coordinador xeral de Programación no Museo del Prado\nque incluía\, entre outras áreas\, a atención ao visitante e a arquitectura\, polo que\nasumiu a xestión do concurso internacional para a rehabilitación do Salón de Reinos\ndel Buen Retiro. \nDesde xuño de 2022 ata a actualidade ocupa\, neste mesmo museo\, o\nposto de coordinador xeral de Conservación\, e é responsable das exposicións\npermanentes e temporais e dos depósitos e préstamos de coleccións\, así como da\nbiblioteca e o arquivo. \nCageao coñece a fondo o Patrimonio Nacional. Durante case catro anos\, entre 2018 e\n2022\, tivo ao seu cargo a Dirección de Inmobles e Medio Natural da institución e\, por\ntanto\, as intervención e mantemento dos palacios e xardíns reais. Ademais de director\ndas Coleccións Reais\, e máximo responsable da Galería\, é tamén responsable de\nespazos tan relevantes como a Real Armería\, o Arquivo Xeral de Palacio ou as Reais\nBibliotecas do Palacio de Madrid e do mosteiro de El Escorial.
URL:https://vivalugo.es/evento/conferencia-de-victor-cageao-director-das-coleccions-reais-de-patrimonio-nacional/
LOCATION:Lugo
CATEGORIES:Conferencias
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/02/victor-cageao.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260226T203000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260226T203000
DTSTAMP:20260610T093801
CREATED:20260211T164646Z
LAST-MODIFIED:20260211T164646Z
UID:99704-1772137800-1772137800@vivalugo.es
SUMMARY:Teatro - Xoguetes rotos
DESCRIPTION:Teatro – Xoguetes rotos\nBarrosanta e Butacazero \n\n\n\n\nXoves\, 26 de febreiro de 2026 20:30 hs. \n\nLugar: Auditorio Municipal Gustavo Freire\n\nIdade recomendada: A partir dos 14 anos\n\n\n\n\n\nSinopse: \nMario é un rapaz nacido na comarca do Ribeiro dos anos 50. Mais a aldea non parece un lugar demasiado apropiado para el. Non lle gusta vendimar nin mocear e non lle prestan os xogos dos adolescentes. E menos aínda pensa seguir os ditados do pai\, que van en contra da súa natureza interior. \nMario escapa da aldea para instalarse no Vigo industrial dos 70\, buscando na cidade un lugar ideal para ser el mesmo. Pero non resulta tan sinxelo de atopar. Os aforros pouco duran\, e será difícil sobrevivir nesa nova hostilidade\, se non fose pola aparición dunha fada madriña: Dorín. Ela\, coma el\, naceu sendo unha rapaza galega\, pero chegou a ser unha grande artista en París. Agora actúa na Riomar de Samil e vive no Abanico\, onde Mario axudará a limpar\, pasar o ferro\, estudará contabilidade e comezará a dubidar…mesmo do seu nome. \nENTRADAS \nAdquisición de entradas a través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio\, o día da función\, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.
URL:https://vivalugo.es/evento/teatro-xoguetes-rotos/
LOCATION:​Auditorio Municipal Gustavo Freire\, Parque da Milagrosa\, Avda. da Coruña\, s/n\, Lugo\, Lugo\, 27003\, Spain
CATEGORIES:Artes escénicas
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/01/13.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260226T203000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260226T203000
DTSTAMP:20260610T093801
CREATED:20260225T161943Z
LAST-MODIFIED:20260225T161943Z
UID:100272-1772137800-1772137800@vivalugo.es
SUMMARY:Masa Crítica Lugo Febreiro 2026
DESCRIPTION:Masa Crítica Lugo Febreiro 2026 \n26 de febreiro de 2026 – 20:30 horas – Saída: diante do Concello \n«Como tódolos últimos xoves de mes dende hai xa 18 anos\, celebramos en Lugo unha nova edición da Masa Crítica. \nA Masa Crítica é un paseo colectivo e lúdico en bicicleta pola cidade reivindicando o uso da mesma como medio de transporte ecolóxico\, económico\, saudable e divertido\, facendo da cidade un espazo máis humano\, sen ruídos nin contaminación ó que están convocad@s tód@l@s ciclousuari@s. \nNun ambiente de festa e diversión seguiremos a reivindicar o uso da bicicleta como medio de transporte na cidade. \nQueremos lembrar que o Reglamento General de Circulación recolle coma obrigatorio o uso do casco na cidade para os menores de 16 anos. Tamén son obrigatorios o timbre\, e \,cando se circula de noite\, luz dianteira e traseira. \nMASA CRÍTICA DE LUGO* Emprega a bici todos os días\, celébrao unha vez ao mes!* As bicis non obstaculizámo-lo tráfico\, somos tráfico!* Participa\, xunt@s facemos a Masa Crítica en Lugo!»
URL:https://vivalugo.es/evento/masa-critica-lugo-febreiro-2026/
LOCATION:Lugo
CATEGORIES:Varios
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/02/masa-critica-lugo-febreiro-2026.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260226T213000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260226T213000
DTSTAMP:20260610T093801
CREATED:20260216T195521Z
LAST-MODIFIED:20260216T195521Z
UID:99891-1772141400-1772141400@vivalugo.es
SUMMARY:Jam Session de Rock e Blues
DESCRIPTION:Jam Session de Rock e Blues \nXoves 26 de febreiro de 2026 \n21:30 horas \nClub Clavicémbalo de Lugo \nOrganiza: Fábrica de Sons Escola de Música \nEntrada de balde.
URL:https://vivalugo.es/evento/jam-session-de-rock-e-blues/
LOCATION:Club Clavicémbalo\, Rúa dos Paxariños\, 23\, Lugo\, Lugo\, 27002\, Spain
CATEGORIES:Conciertos
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/02/club-clavicembalo-febreiro-2026.jpg
END:VEVENT
END:VCALENDAR