BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//VivaLugo - ECPv6.15.13.1//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-ORIGINAL-URL:https://vivalugo.es
X-WR-CALDESC:Eventos para VivaLugo
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-Robots-Tag:noindex
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20250330T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20251026T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20260329T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20261025T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20270328T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20271031T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20260414
DTEND;VALUE=DATE:20260505
DTSTAMP:20260416T000835
CREATED:20260412T230042Z
LAST-MODIFIED:20260414T142738Z
UID:73747-1776124800-1777939199@vivalugo.es
SUMMARY:Cines en Lugo
DESCRIPTION:Cines en Lugo\nPodes ver a carteleira dos Cines Codex na súa web oficial  ou na seguinte imaxe: \n \nPodes ver a carteleira dos Cines Cristal na súa web oficial  \nPodes consultar a carteleira dos Cines Yelmo na súa web oficial \nViva Lugo\, Axenda Cultural de Lugo. \nwww.vivalugo.es \nhttps://www.facebook.com/vivalugo \nhttps://www.instagram.com/vivalugo/ \nhttps://x.com/viva_lugo
URL:https://vivalugo.es/evento/cines-en-lugo/
LOCATION:Lugo
CATEGORIES:Cine
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2024/01/cine-en-lugo.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20260414
DTEND;VALUE=DATE:20260607
DTSTAMP:20260416T000835
CREATED:20260414T063947Z
LAST-MODIFIED:20260414T142810Z
UID:72068-1776124800-1780790399@vivalugo.es
SUMMARY:Exposicións en Lugo
DESCRIPTION:MUSEO PROVINCIAL DE LUGO\nPl. de la Soledad\, s/n\, 27001 Lugo \nHorario de inverno (1 de novembro – 30 de maio): De martes a sábado: De 10:00 a 13:30 e de 16:00 a 20:30 / Domingos e festivos: De 10:00 a 16:00 / Luns pechado \nHorario de verán (1 de xuño – 30 de outubro): De martes a sábado: De 10:00 a 13:30 e de 16:00 a 20:30 / Domingos e festivos: De 10:00 a 16:00 / Luns pechado \nExpos temporais: \n\n«Tributo ao legado do poeta Eduardo González Ananín»\n«Toca madeira\, alza o voo»\n«Facedoras de Lugo\, 2025-2026» de Mar Caldas\n«As Cidades de Colmeiro»\n\nweb oficial. \nO VELLO CÁRCERE \nA exposición permanente ‘O Vello Cárcere: da Guerra á Posguerra’ foi organizada polo Concello de Lugo e a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (A.R.M.H). A etapa da guerra civil e da posguerra dentro desta prisión queda ó descuberto a través das súas vítimas. Son as testemuñas e os recordos das persoas que estiveron retidas dentro destes muros por motivos inxustificados\, os que nos desvelarán as duras condicións ás que foron sometidas. \n‘O Vello Cárcere: da Guerra á Posguerra’ convértese\, deste xeito\, nunha homenaxe e nun espazo de encontro para dialogar e reflexionar sobre o pasado traumático que supuxo a guerra e a ditadura. \nA exposición permanente «Elas» é froito do traballo da investigadora\, ensaísta e mestra Aurora Marco. Durante máis de vinte anos\, levou a cabo un exhaustivo traballo de investigación acerca de mulleres galegas que sobresaíron ao longo da historia en diferentes campos e disciplinas. Como resultado deste labor xorde a publicación exposta nesta mostra\, cuxa edición se limitou a 155 exemplares. Nela recóllense 410 biografías destas mulleres galegas. \nEsta exposición está así mesmo composta por serigrafías realizadas por artistas galegas contemporáneas\, que tomaron como inspiración as historias aquí recollidas. Elas son Chelo Rodríguez\, Ehlaba Carballo\, Irene Silva Xiráldez\, María Manuela\, María Xesús Díaz\, Novais\, Sabela Arias Castro e Vanessa Lodeiro. \nA exposición permanente da Escola de Arte Superior de Deseño Ramón Falcón presenta nas celas do segundo andar do panóptico −espazo cedido permanentemente−\, a primeira das súas exposicións temporais en O Vello Cárcere. \nA mostra amosa unha escolma de traballos do seu alumnado e xira arredor dos estudos que ofrece: Serigrafía\, Gravado e Técnicas de Estampación\, Fotografía e Cerámica (ensinanzas profesionais); e Deseño Gráfico e Deseño de Interiores (estudos de Grao) \nExposicións temporais: \n   \nInformación sobre O Vello Cárcere de Lugo: \nPraza da Constitución\, s/n\, 27002 Lugo \nHorario: luns a sábado 11:00 a 14:00 e 16:00 a 20:00 horas. Domingo:  11:00 a 14:00 e 16:00 a 19:00 horas \n+ información (visitas guiadas …) Web oficial O Vello Cárcere de Lugo \n——————————————————————————————————–\nMUSEO MIHL – Museo Interactivo da Historia de Lugo\nAlberga un contido expositivo permanente que repasa a evolución histórica da cidade de Lugo mediante recursos audiovisuais\, maquetas interactivas e paneis informativos. Tamén conta cunha pequena selección de pezas arqueolóxicas entre as que destaca o monolito granítico que recolle a inscrición fundacional da cidade\, mandado levantar por Paulo Fabio Máximo en honor ao emperador Augusto. \nTamén se exhiben outras pezas de interese\, como unha máscara teatral de terracota e un conxunto de pezas epigráficas e cerámicas. \nExposición temporal: «Tanxarina 40 años» (títeres) \nInformación sobre o MIHL: \nAv. Infanta Elena\, s/n\, 27003 Lugo \n982 297 446 \n \nWeb oficial do Museo MIHL \n———————————————————————————————————-\nMUSEOS MUNICIPAIS DE LUGO\n \nCasa dos Mosaicos ou Domus Oceani\nHorario\, exposicións … Web oficial da Casa dos Mosaicos ou Domus Oceani \nCentro arqueolóxico San Roque\nHorario\, exposicións … Web oficial do Centro arqueolóxico San Roque \nSala de Exposicións Porta Miñá\nHorario\, exposicións … Web oficial da Sala de Exposicións Porta Miñá \nCentro de Interpretación da Muralla\nHorario\, exposicións … Web oficial do Centro de Interpretación da Muralla \nGALERÍA SOLAINA\nRúa Camiño Real 88\, baixo. \nhttps://www.instagram.com/solaina.galeria/ \nGALERÍA NÉBOA\nLamas de Prado\, 31\, Lugo 27004 \nhttps://www.instagram.com/galerianeboa/ \nGALERÍA NOVA RÚA\nRúa Nova 114 -116 Bajo\, Lugo 27001 \nhttps://www.instagram.com/galerianovarua/ \nGALERÍA LA CATEDRAL\nObispo Basulto 12\, 27001-Lugo – 982 240 992 \ny\nBolaño Rivadeneira 17\, 27001 Lugo – 982 24 21 14 – Lunes a sábado 11:00 a 14:00 y 17:00 a 21:00 horas
URL:https://vivalugo.es/evento/exposicions-en-lugo/
LOCATION:Lugo
CATEGORIES:Expos
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2024/01/banner-expos-en-lugo-cuadrado-2024.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260415T170000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260416T170000
DTSTAMP:20260416T000835
CREATED:20260409T161508Z
LAST-MODIFIED:20260409T161508Z
UID:101867-1776272400-1776358800@vivalugo.es
SUMMARY:Mercadiño de Troco edición primavera
DESCRIPTION:«Díganllo ás veciñas\, á familia\, á parella\, ás amigas porque volve\, un ano máis (e van 12)\, O MERCADIÑO DE TROCO de Bico de Grao edición primavera! \nO funcionamento é o habitual: Tes algo que non uses? Está en bo estado? Pois que estea limpiño e digno de intercambiar porque seguro\, seguro que a alguén lle fai avío. \nA cambio\, levas o que precises. Non se trata de caridade\, senón dun xeito alternativo de economía e de resistencia.\nResistencia ao consumismo que nos afoga.\nResistencia a unha economía que esquece ás persoas.\nResistencia desde o cotiá\, desde o pequeno\, desde o colectivo. \nPorque trocar tamén é coidarnos.\nPorque compartir tamén é loitar. \nVémonos mércores 15 e xoves 16 de abril en Bico (de 17 a 20 horas)\nQue este convite chegue moi lonxe! Que rule\, que rule!»
URL:https://vivalugo.es/evento/mercadino-de-troco-edicion-primavera/
LOCATION:Bico de Grao S. Coop. Galega\, Ronda das Fontiñas\, 226 baixo\, Lugo
CATEGORIES:Varios
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/04/mercadino-troco-primavera.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260416T180000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260416T180000
DTSTAMP:20260416T000835
CREATED:20260408T144127Z
LAST-MODIFIED:20260408T144127Z
UID:101828-1776362400-1776362400@vivalugo.es
SUMMARY:Familiar "Vamos ao recreo"
DESCRIPTION:Familiar «Vamos ao recreo» \nTRÉMOLA TEATRO \n\n\n\n\nXoves\, 16 de abril de 2026 18:00 hs. \n\nLugar: MIHL\, Museo Interactivo da Historia de Lugo\n\nIdade recomendada: A partir de 3 anos\n\n\n\n\n\nSinopse: \nO recreo é o sitio máis divertido de todo o cole. Pero neste cole\, o patio estaba separado por unha corda: nun lado xogaban as nenas e no outro\, os nenos… ata que chegou Sara. Vindes con nós a descubrir como esta nena revolucionou todo o patio? \nENTRADA de balde a partir do 13/04/2026 – 16:00h. en https://entradaslugo.es/evento/vamos-ao-recreo?type=familiar
URL:https://vivalugo.es/evento/familiar-vamos-ao-recreo/
LOCATION:MIHL\, Av Infanta Elena\, s/n\, Lugo
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/02/contacontos-mihl-2026.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260416T183000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260416T183000
DTSTAMP:20260416T000835
CREATED:20260414T142626Z
LAST-MODIFIED:20260414T142626Z
UID:102041-1776364200-1776364200@vivalugo.es
SUMMARY:Charla "Xestión de pantallas para familias: entre móbiles\, redes e videoxogos"
DESCRIPTION:Xoves 16 de abril \nDe 18:30 a 20:00 h no salón de actos do Centro de Convivencia Uxío Novoneyra (2ª planta). \nParticipará Juan García\, especialista en crianza dixital\, nun encontro dinamizado por Unai Garma. \nUn espazo para reflexionar e compartir ferramentas sobre o uso responsable das pantallas no fogar. \nEntrada libre ata completar aforo
URL:https://vivalugo.es/evento/charla-xestion-de-pantallas-para-familias-entre-mobiles-redes-e-videoxogos/
LOCATION:Centro de Convivencia Uxío Novoneyra\, Rúa Quiroga Ballesteros\, s/n\, Lugo\, Lugo\, 27001
CATEGORIES:Conferencias
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/04/charla-xestion-de-pantallas.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260416T190000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260416T190000
DTSTAMP:20260416T000835
CREATED:20260414T094857Z
LAST-MODIFIED:20260414T094857Z
UID:102013-1776366000-1776366000@vivalugo.es
SUMMARY:Palestra "A revolución galega de 1846"
DESCRIPTION:Palestra «A revolución galega de 1846: significado e relevancia histórica» \n16 de abril de 2026 \n19:00 horas \nO Vello Cárcere de Lugo
URL:https://vivalugo.es/evento/palestra-a-revolucion-galega-de-1846/
LOCATION:O Vello Cárcere\, Av. Alcalde Anxo López Pérez\, 10\, Lugo\, Lugo\, 27002\, Spain
CATEGORIES:Conferencias
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/04/palestra-a-revolucion-galega.jpeg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260416T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260416T193000
DTSTAMP:20260416T000835
CREATED:20260413T155117Z
LAST-MODIFIED:20260413T155117Z
UID:101978-1776367800-1776367800@vivalugo.es
SUMMARY:Presentación y firma de libros de "Conmigo muere tu secreto"
DESCRIPTION:Presentación y firma de libros de «Conmigo muere tu secreto» \nDe Fernando Hernández González \nJueves 16 de abril de 2026 \n19:30 horas \nLibrería La Voz de la Verdad\, Lugo
URL:https://vivalugo.es/evento/presentacion-y-firma-de-libros-de-conmigo-muere-tu-secreto/
LOCATION:La Voz de la Verdad\, Rúa Bispo Aguirre\, 17\, LUGO\, Lugo\, 27002\, Spain
CATEGORIES:Presentaciones
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/04/presentacion-firma-libros-conmigo-muere-tu-secreto.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260416T200000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260416T200000
DTSTAMP:20260416T000835
CREATED:20260406T151203Z
LAST-MODIFIED:20260406T151203Z
UID:101682-1776369600-1776369600@vivalugo.es
SUMMARY:Concerto de Davit Khrikuli (piano)
DESCRIPTION:16 de abril 2026 – Círculo das Artes – 20:00 h \nObras de A. Scriabin\, F. Liszt e F. Chopin \nNacido en Xeorxia en 2001\, o pianista Davit Khrikuli perfílase como un dos artistas máis prometedores da súa xeración. \nKhrikuli foi finalista do Concurso Internacional de Piano Frederic Chopin 2025\, onde as súas interpretacións atraeron de forma excepcional a atención tanto do xurado como do público\, obtendo unha aclamación que transcendeu con fartura os resultados finais. \nGalardoado en numerosos concursos internacionais\, Khrikuli gañou o Primeiro Premio  no Concurso Internacional de Piano Cidade de Vigo 2024. \nENTRADAS \nVenda de entradas para non socios:  Taquilla do Círculo das Artes\nEntradas para non socios: 15 €\nEntradas estudantes: 5 €* (*menores de edad entrada gratuita)\nPódense reservar entradas escribindo a: filarmonicadelugo@gmail.com (A reserva non é obrigatoria) \n+ INFORMACIÓN
URL:https://vivalugo.es/evento/concerto-de-davit-khrikuli-piano/
LOCATION:Círculo das Artes\, Praza Maior\, 23\, Lugo\, Lugo\, 27001\, Spain
CATEGORIES:Conciertos
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/04/concerto-david-khrikuli.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260416T200000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260416T200000
DTSTAMP:20260416T000835
CREATED:20260413T155541Z
LAST-MODIFIED:20260413T155541Z
UID:101983-1776369600-1776369600@vivalugo.es
SUMMARY:Apresentaçom de livros das editoras Ardora e Ediçons Arredistas
DESCRIPTION:«Esta quinta-feira \, dia 16 de abril\, desde as 20h00\, apresentamos no centro social dous livros das editoras Ardora e Ediçons Arredistas. Trata-se de Manual para destapar um polícia infiltrado\, a primeira delas\, e A mocidade nom se vende\, a segunda\, que resgata umha brochura editada pola AMI há mais dumha década. \nO Manual para destapar um polícia infiltrado foi originalmente escrito em espanhol por militantes de diversos espaços que viveram a sua experiência entre os anos 2022 e 2024\, e agora ediçons Ardora verte-o para o galego com um intuito eminentemente prático\, com perspetiva de autodefesa. \nQuanto A mocidade nom se vende\, a obra recolhe testemunhos de tentativas falidas de pressom e chantagem a jovens arredistas na década dos 10 para trabalharem assalariados nas fileiras da AMI\, fornecendo informaçom ao Reino de Espanha e nalguns casos fomentando a controvérsia e o divisionismo nas suas fileiras. Agora\, Ediçons Arredistas permite a sua consulta em novo formato.» https://www.instagram.com/madialevagz/
URL:https://vivalugo.es/evento/apresentacom-de-livros-das-editoras-ardora-e-edicons-arredistas/
LOCATION:Madia Leva\, Serra de Ancares 18\, Lugo
CATEGORIES:Presentaciones
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/04/apresetacom-livros.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260416T203000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260416T203000
DTSTAMP:20260416T000835
CREATED:20260408T145527Z
LAST-MODIFIED:20260408T150208Z
UID:101831-1776371400-1776371400@vivalugo.es
SUMMARY:Teatro - Ictus (anatomía de "A derradeira leición" de Castelao)
DESCRIPTION:Teatro – Ictus (anatomía de «A derradeira leición» de Castelao)\nChévere e CDN \n\n\n\n\nXoves\, 16 de abril de 2026 20:30 hs. \n\nLugar: Auditorio Municipal Gustavo Freire\n\n\n\n\nIdade recomendada: A partir dos 14 anos \nSinopse: \nPara arrincar este proxecto xuntámonos de novo Patricia de Lorenzo\, Miguel de Lira e Xesús Ron\, o núcleo creativo do grupo Chévere co que iniciamos outras obras de gran proxección como Eroski Paraíso\, Curva España ou N.E.V.E.R.M.O.R.E. que seguramente lembraredes. \nO detonante para esta nova obra é o acto institucional de recepción do cadro de Castelao titulado A derradeira leición do mestre\, que organizou o goberno galego a finais do 2018. \nOficialmente o goberno trae este cadro por primeira vez desde Arxentina a Galicia para ser a peza protagonista dunha exposición sobre a educación no primeiro terzo do século XX. Pero con ese acto de recepción previo o goberno e o presidente do goberno están expresando unha intención narrativa. Quérennos contar unha historia. E nós queremos descubrir como é esa historia. Porque ten toda a pinta de ser unha historia moi chula sobre como se constrúen as narrativas da memoria. \nNa primeira foto que vimos dese acto de recepción\, os membros do goberno e o resto de persoas convidadas rodeaban o cadro\, que estaba deitado nunha mesa\, seguindo con moita atención as explicacións que ofrecía unha experta en arte. Axiña pensamos nun cadro de Rembrandt. Seguro que o coñecedes: A lección de anatomía do Dr. Tulp. Ese no que aparece un grupo de cirurxiáns asistindo á disección pública do brazo dun cadáver. Esta asociación fíxonos entender o acto de recepción do cadro de Castelao non só como un acto protocolario\, senón como unha auténtica lección de anatomía da memoria. Porque mostra en detalle como se disecciona a memoria dun obxecto. E non de calquera obxecto\, senón daqueles que teñen unha carga simbólica poderosa. \nBasta dicir que este cadro de Castelao é denominado o Gernika galego. Porque representa unha escena do terror desatado en Galicia\, que Castelao convirte nunha homenaxe a Alexandre Bóveda\, fusilado en agosto do 36 tras un xuízo militar sumarísimo sen base legal ningunha. \nPor tanto estamos falando dun cadro que representa a nosa memoria democrática\, que lembra que en Galicia non houbo guerra civil porque só houbo un bando\, que asasinou impunemente a quen defendía a legalidade democrática e a quen tiña ideas distintas aos autores do golpe de estado. Un golpe que provocou unha alteración da nosa memoria colectiva aínda sen resolver. Un trauma que afectou xa a catro xeracións. \nBen\, pois queremos contar a historia desa memoria traumática a través dunha historia persoal. Argallar un dispositivo documental para crear unha ficción. \nEntendemos o conflito coa nosa memoria democrática como unha psicopatoloxía da memoria\, é dicir\, a forma en que esta se presenta alterada (amnesia selectiva\, fabricación de falsos recordos etc.). Unha alteración da memoria colectiva á que nos podemos achegar a través da historia dun personaxe que sufre unha alteración da súa memoria persoal provocada por outro tipo de golpe\, un ictus\, que desencadea unha serie de secuelas denominadas Dano Cerebral Adquirido (DCA). A súa procura de solucións farémola nosa. \nPode unha persoa con DCA ter a chave para resolver o conflito coa nosa memoria democrática? \nIso é o que imos tratar de contar. \nPor iso optamos por titular a obra así: Ictus\, unha palabra latina que significa golpe súbito\, dano\, ferida. Pero non queremos esquecer a capacidade que ten a arte para facer memoria\, ofrecendo testemuños sobre feitos históricos reais\, e por iso colocamos un subtítulo que conecta o cadro de Castelao co de Rembrandt: a derradeira leición (de anatomía) do Dr. Castelao. \nUn personaxe entra en escena e conta que sufriu un ictus que lle impide completar os seus recordos. Sabe que tivo o ictus ao saír dun acto que o goberno organizou na Cidade da Cultura para recibir o cadro de Castelao titulado “A derradeira leición do mestre”. Pero non lembra por que estaba alí ou por que lle interesaba ese cadro. Para iso ten que reconstruír todo o que esqueceu. Empeza elaborando un test de memoria que envía a outras persoas que estiveron nese acto. Quere saber por que estaba alí. Quere sabelo todo sobre aquel cadro. É o seu xeito de non esquecer o que importa. \nACCESIBILIDADE:\nEsta obra conta con intérpretes de lingua de signos (LSE) en escena e audiodescrición en directo\, por tanto a obra é accesible a persoas xordas signantes e a persoas con discapacidade visual.  \nA compañía ofrece a posibilidade de realizar un paseo táctil previo ao comezo da obra para persoas cegas e con discapacidade visual.  \nA obra conta con programa de man en lectura fácil. \nAviso sobre o paseo táctil! \nLembrámosvos que para participar no paseo táctil previo á obra é necesaria a inscrición previa. \n\nComo me anoto? Só tes que enviar un correo electrónico a cultura@lugo.gal indicando o teu interese.\n⏳ Importante: Tes de prazo ata o día anterior á función\, xa que nese momento teremos que pasarlle a listaxe de peticións á compañía para que o teñan todo preparado. Esperámosvos!\n\nENTRADAS:\nAdquisición de entradas a través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio\, o día da función\, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.
URL:https://vivalugo.es/evento/teatro-ictus-anatomia-de-a-derradeira-leicion-de-castelao/
LOCATION:​Auditorio Municipal Gustavo Freire\, Parque da Milagrosa\, Avda. da Coruña\, s/n\, Lugo\, Lugo\, 27003\, Spain
CATEGORIES:Artes escénicas
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/04/teatro-ictus-chevere-castelao.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260416T220000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260416T220000
DTSTAMP:20260416T000835
CREATED:20260409T164601Z
LAST-MODIFIED:20260409T164601Z
UID:101888-1776376800-1776376800@vivalugo.es
SUMMARY:Concerto The New Raemon e McEnroe
DESCRIPTION:Concerto The New Raemon e McEnroe \nXoves 16 de abril de 2026 \n22:00 horas \nClub Clavicémbalo de Lugo \nPromove: Facela Fest \nEntradas \n«A primeira vez a sensación foi tan boa que era cuestión de tempo unha segunda. Ramón Rodríguez (The New Raemon) e Ricardo Lezón (McEnroe) publicaron en 2016 o seu primeiro disco conxunto\, Lluvia y truenos. Oito anos despois\, recuncaron con Nuevos Bosques\, un novo paso (dobre) da simbiose sonora entre estes dous consagrados músicos da escena independente. \nE este vindeiro 16 de abril\, no Clavi\, teremos a fortuna de podelos ver\, escoitar\, sentir… xuntos! Será a terceira vez que Ricardo veña co FaCeLa e a terceira vez connosco tamén para Ramón. Un luxo gozar dos dous á vez\, desa música que remexe fondamente a alma con notas e palabras sinxelas. \nUn especial agradecemento a ambos os dous artistas\, que co seu esforzo van facer este concerto posible. E tamén\, como sempre\, a Alberto do Clavi pola súa dispoñibilidade para que este evento único teña acubillo na nosa cidade. \nNon vos despistedes coas entradas\, que este vai ser un dos concertos máis bonitos do ano en Lugo.»
URL:https://vivalugo.es/evento/concerto-the-new-raemon-e-mcenroe/
LOCATION:Club Clavicémbalo\, Rúa dos Paxariños\, 23\, Lugo\, Lugo\, 27002\, Spain
CATEGORIES:Conciertos
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/04/concerto-the-new-raemon-mcenroe-facela.jpg
END:VEVENT
END:VCALENDAR