BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//VivaLugo - ECPv6.18.2//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-WR-CALNAME:VivaLugo
X-ORIGINAL-URL:https://vivalugo.es
X-WR-CALDESC:Eventos para VivaLugo
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-Robots-Tag:noindex
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20250330T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20251026T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20260329T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20261025T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20270328T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20271031T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20261102
DTEND;VALUE=DATE:20261211
DTSTAMP:20261103T174339Z
CREATED:20261102T080042Z
LAST-MODIFIED:20261103T174339Z
UID:73747-1793577600-1796947199@vivalugo.es
SUMMARY:Cines en Lugo
DESCRIPTION:Cines en Lugo\nPodes ver a carteleira dos Cines Codex na súa web oficial  ou na seguinte imaxe: \n \nPodes ver a carteleira dos Cines Cristal na súa web oficial  \nPodes consultar a carteleira dos Cines Yelmo na súa web oficial \nViva Lugo\, Axenda Cultural de Lugo. \nwww.vivalugo.es \nhttps://www.facebook.com/vivalugo \nhttps://www.instagram.com/vivalugo/ \nhttps://x.com/viva_lugo
URL:https://vivalugo.es/evento/cines-en-lugo/
CATEGORIES:Cine
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2024/01/cine-en-lugo.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20261102
DTEND;VALUE=DATE:20261226
DTSTAMP:20261103T174435Z
CREATED:20261102T073947Z
LAST-MODIFIED:20261103T174435Z
UID:72068-1793577600-1798243199@vivalugo.es
SUMMARY:Exposicións en Lugo
DESCRIPTION:MUSEO PROVINCIAL DE LUGO\nPl. de la Soledad\, s/n\, 27001 Lugo \nHorario de inverno (1 de novembro – 30 de maio): De martes a sábado: De 10:00 a 13:30 e de 16:00 a 20:30 / Domingos e festivos: De 10:00 a 16:00 / Luns pechado \nHorario de verán (1 de xuño – 30 de outubro): De martes a sábado: De 10:00 a 13:30 e de 16:00 a 20:30 / Domingos e festivos: De 10:00 a 16:00 / Luns pechado \nweb oficial. \nO VELLO CÁRCERE \nA exposición permanente ‘O Vello Cárcere: da Guerra á Posguerra’ foi organizada polo Concello de Lugo e a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (A.R.M.H). A etapa da guerra civil e da posguerra dentro desta prisión queda ó descuberto a través das súas vítimas. Son as testemuñas e os recordos das persoas que estiveron retidas dentro destes muros por motivos inxustificados\, os que nos desvelarán as duras condicións ás que foron sometidas. \n‘O Vello Cárcere: da Guerra á Posguerra’ convértese\, deste xeito\, nunha homenaxe e nun espazo de encontro para dialogar e reflexionar sobre o pasado traumático que supuxo a guerra e a ditadura. \nA exposición permanente «Elas» é froito do traballo da investigadora\, ensaísta e mestra Aurora Marco. Durante máis de vinte anos\, levou a cabo un exhaustivo traballo de investigación acerca de mulleres galegas que sobresaíron ao longo da historia en diferentes campos e disciplinas. Como resultado deste labor xorde a publicación exposta nesta mostra\, cuxa edición se limitou a 155 exemplares. Nela recóllense 410 biografías destas mulleres galegas. \nEsta exposición está así mesmo composta por serigrafías realizadas por artistas galegas contemporáneas\, que tomaron como inspiración as historias aquí recollidas. Elas son Chelo Rodríguez\, Ehlaba Carballo\, Irene Silva Xiráldez\, María Manuela\, María Xesús Díaz\, Novais\, Sabela Arias Castro e Vanessa Lodeiro. \nA exposición permanente da Escola de Arte Superior de Deseño Ramón Falcón presenta nas celas do segundo andar do panóptico −espazo cedido permanentemente−\, a primeira das súas exposicións temporais en O Vello Cárcere. \nA mostra amosa unha escolma de traballos do seu alumnado e xira arredor dos estudos que ofrece: Serigrafía\, Gravado e Técnicas de Estampación\, Fotografía e Cerámica (ensinanzas profesionais); e Deseño Gráfico e Deseño de Interiores (estudos de Grao) \nInformación sobre O Vello Cárcere de Lugo e as exposicións temporais: \nPraza da Constitución\, s/n\, 27002 Lugo \nHorario: luns a sábado 11:00 a 14:00 e 16:00 a 20:00 horas. Domingo:  11:00 a 14:00 e 16:00 a 19:00 horas \nWeb oficial O Vello Cárcere de Lugo \n——————————————————————————————————–\nMUSEO MIHL – Museo Interactivo da Historia de Lugo\nAlberga un contido expositivo permanente que repasa a evolución histórica da cidade de Lugo mediante recursos audiovisuais\, maquetas interactivas e paneis informativos. Tamén conta cunha pequena selección de pezas arqueolóxicas entre as que destaca o monolito granítico que recolle a inscrición fundacional da cidade\, mandado levantar por Paulo Fabio Máximo en honor ao emperador Augusto. \nTamén se exhiben outras pezas de interese\, como unha máscara teatral de terracota e un conxunto de pezas epigráficas e cerámicas. \nInformación sobre o MIHL e as súas exposicións temporais: \nAv. Infanta Elena\, s/n\, 27003 Lugo \n982 297 446 \n \nWeb oficial do Museo MIHL \n———————————————————————————————————-\nMUSEOS MUNICIPAIS DE LUGO\nCasa dos Mosaicos ou Domus Oceani\nHorario\, exposicións … Web oficial da Casa dos Mosaicos ou Domus Oceani \nCentro arqueolóxico San Roque\nHorario\, exposicións … Web oficial do Centro arqueolóxico San Roque \nSala de Exposicións Porta Miñá\nHorario\, exposicións … Web oficial da Sala de Exposicións Porta Miñá \nCentro de Interpretación da Muralla\nHorario\, exposicións … Web oficial do Centro de Interpretación da Muralla \nGALERÍA SOLAINA\nRúa Camiño Real 88\, baixo. \nhttps://www.instagram.com/solaina.galeria/ \nGALERÍA NÉBOA\nLamas de Prado\, 31\, Lugo 27004 \nhttps://www.instagram.com/galerianeboa/ \nGALERÍA NOVA RÚA\nRúa Nova 114 -116 Bajo\, Lugo 27001 \nhttps://www.instagram.com/galerianovarua/ \nGALERÍA LA CATEDRAL\nObispo Basulto 12\, 27001-Lugo – 982 240 992 \ny\nBolaño Rivadeneira 17\, 27001 Lugo – 982 24 21 14 – Lunes a sábado 11:00 a 14:00 y 17:00 a 21:00 horas
URL:https://vivalugo.es/evento/exposicions-en-lugo/
CATEGORIES:Expos
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2024/01/banner-expos-en-lugo-cuadrado-2024.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20261104
DTEND;VALUE=DATE:20261105
DTSTAMP:20261103T145437Z
CREATED:20261103T145437Z
LAST-MODIFIED:20261103T145437Z
UID:108088-1793750400-1793836799@vivalugo.es
SUMMARY:Xornada "Arte e deseño en Lugo" 2026
DESCRIPTION:A terceira edición da Xornada USC-EASDRF desenvólvese o mércores\, 4 de novembro\, no marco do convenio de colaboración entre a Facultade de Humanidades da USC e a Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón. \nO evento\, cuxa inscrición pode formalizarse a través dun formulario en liña\, artéllase baixo o lema ‘Arte e Deseño en Lugo’. \nA intención da xornada é amosar o traballo que se está a realizar nas dúas institucións arredor da xestión cultural e das disciplinas artísticas e servir de plataforma para difundir e poñer en valor o traballo do estudantado de ambas as institucións. \nA actividade presenta unha programación moi variada\, co gallo de dar a coñecer as titulacións de cada centro\, “polo que abarca cuestións relacionadas coas profesións do sector cultural como a xestión\, o deseño\, a comunicación e a accesibilidade na produción de actividades artísticas”\, explican as coordinadoras – as profesoras Miriam E. Cortés e Patricia Cupeiro (USC)\, e Ángela Morales (EASDRF) – \nA sesión da mañá\, que terá lugar no Salón de Graos da Facultade de Humanidades dende as 10.00 horas\, contará coas conferencias de Encarna Lago\, recente Medalla de Ouro ao mérito nas Belas Artes\, xerente da Rede Museística da Deputación de Lugo e profesora do Mestrado en Servizos Culturais da Facultade de Humanidades e de Germán Limeres\, egresado da EASDRF e fundador do colectivo fotográfico Ruando\, que presentará o RuandoPhotoFest Lugo 26\, un festival de fotografía de rúa e documental que se celebrará na cidade durante os meses de novembro e decembro. \nA xornada continuará co relatorio da egresada da Facultade de Humanidades\, Laura Villaverde\, actriz\, produtora e xestora cultural e a presentación do Proxecto Integrado do Ciclo Superior de Gravado e Técnicas da Estampación ‘Leitos. O obxecto como metáfora’ de María José Santiso\, e o TFM do Mestrado en Servizos Culturais da Facultade de Humanidades 22 anos da asociación teatral Pinchacarneiros\, xestores dunha loita pola cohesión sociocultural das persoas con discapacidade’ de Sthephanie Cubides. \nDurante a sesión de tarde as conferencias trasládanse ao Salón de Actos da EASDRF\, onde terá lugar a presentación do TFG do Grao en Xestión Cultural ‘As meigas na construcción da identidade cultural galega’\, de Lydia López e o Proxecto Integrado do Ciclo Superior en Cerámica Artística “Trama: un traxe colaborativo de tradición contemporánea tecido entre oficios”\, de Lucía de la Campa. \nA xornada rematará co relatorio da profesora Isabel Somoza (EASDRF)\, recente Premio Tenerife ao Fomento e Investigación en Artesanía\, titulada “O gravado. Unha peza poliédrica clave nas ensinanzas artísticas” e unha visita á exposición do concurso PhotoRuando 2026.
URL:https://vivalugo.es/evento/xornada-arte-e-deseno-en-lugo-2026/
CATEGORIES:Conferencias
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/11/xornada-arte-deseno-lugo-2026.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20261104
DTEND;VALUE=DATE:20261109
DTSTAMP:20261103T174053Z
CREATED:20261103T173833Z
LAST-MODIFIED:20261103T174053Z
UID:108184-1793750400-1794182399@vivalugo.es
SUMMARY:Ruando PhotoFest Lugo 2026
DESCRIPTION:MÉRCORES 04/11 \n19.0H PRESENTACIÓN da OBRA LUIS RUEDA por Xan Cuba / CAPELA DE SANTA MARÍA \n19.45H INAUGURACIÓN EXPOSICIÓN LUIS RUEDA  «Ruando con Luis Rueda\, un paseo fotográfico» / PRAZA DE SAN MARCOS \nXOVES 05/11 \n17.00H PHOTOWALK GUIDO GUIA / PARQUE ROSALÍA \n20.00H INAUGURACIÓN EXPO COLECTIVO RUANDO -«Historias da rúa» / O VELLO CÁRCERE \nVENRES 06/11 \n10.30H EXPERIENCIA FILMERSION ~ IAGO DE SANT / PRAZA MAIOR \n12.30H INAUGURACIÓN EXPOSICIÓN  ALBERTE PEREIRA » Universo peripatético» / MUSEO MIHL \n17.45H RECEPCIÓN E ACREDITACIÓN / SALÓN DE ACTOS DA DEPUTACIÓN \n18.00H INAUGURACIÓN OFICIAL DO FESTIVAL RPFL26 / SALÓN DE ACTOS DA DEPUTACIÓN \n18.30H PROXECCIÓN DOCUMENTAL de XURXO LOBATO «JOSE SUAREZ A mirada humanista» / SALÓN DE ACTOS DA DEPUTACIÓN \n19.30H INAUGURACIÓN EXPO «EL CLUB DE FOTOGRAFÍA CALLEJERA JOTA BARROS»  / MUSEO PROVINCIAL \n20.00H INAUGURACIÓN  ESPACIO LUPA ~ TOÑO DE LÓPEZ   «Pacios 2011» /XARDINS MUSEO PROVINCIAL \n20.30H CÓCTEL DE BENVIDA A PONENTES E PARTICIPANTES / MERCADO MUNICIPAL \nSÁBADO 07/11  \n09.30H RECEPCIÓN E ACREDITACIÓN  / DEPUTACIÓN PROVINCIAL \n10.00H CHARLA ALBERTE PEREIRA  / DEPUTACIÓN PROVINCIAL \n11.30H PAUSA / CAFÉ \n12.00H CHARLA ORIETTA GELARDIN / DEPUTACIÓN PROVINCIAL \n16.00H  CHARLA IÑAKI IZQUIERDO MUXIKA / DEPUTACIÓN PROVINCIAL \n18.00H  CHARLA JOTA BARROS / DEPUTACIÓN PROVINCIAL \n19.30H MESA REDONDA COS PONENTES / DEPUTACIÓN PROVINCIAL \n21.30H CEA OFICIAL RPFL26 / HOTEL MENDEZ NUÑEZ \nDOMINGO 08/11 \n10.00H  CHARLA SUSANA KAPPLER / O VELLO CÁRCERE \n11.00H  CHARLA TONO ARIAS ~ DISPARA  / O VELLO CÁRCERE \n12.00H CHARLA VAIA VAIA ~ FANZINES / O VELLO CÁRCERE \n12.45H PROXECCIÓN DOCUMENTAL de JEFFERSON PINILLA  “A rúa como espello” /  O VELLO CÁRCERE \n13.00H FEIRA FOTOLIBROS ~ FANZINES O VELLO CÁRCERE \nWEB OFICIAL: https://colectivoruando.org/
URL:https://vivalugo.es/evento/ruando-photofest-lugo-2026/
CATEGORIES:Conferencias,Cursos,Expos
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/11/ruando-photofest-lugo-2026.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20261104T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20261104T193000
DTSTAMP:20261014T143458Z
CREATED:20261014T143458Z
LAST-MODIFIED:20261014T143458Z
UID:107406-1793820600-1793820600@vivalugo.es
SUMMARY:(19:45 h) 'Muiñadas: o pobo é quen canta e baila' con Mondra
DESCRIPTION:‘Muiñadas: o pobo é quen canta e baila’\, unha actividade incluída no Outono Cultural\, son encontros conducida por Adrián Méndez. \nO primeiro encontro será o 4 de novembro con Mondra e o segundo será o 3 de decembro con Aida Tarrío. \nAmbos terán lugar ás 19.45 h na cafetaría da Facultade de Ciencias de Lugo (cafetaría) \nPara asistir é preciso inscribirse e pagar 5 euros\, no caso da comunidade universitaria ou 10 euros\, para o público en xeral. \nO prazo de matrícula comeza o martes o 13 de outubro\, seguindo as indicacións do documento ‘Instrución pagamento taxas’.  \nPara inscribirse no encontro con Mondra\, hai que cubrir este formulario e para inscribirse no encontro no Aida Tarrío este formulario.
URL:https://vivalugo.es/evento/muinadas-o-pobo-e-quen-canta-e-baila-con-mondra/
CATEGORIES:Conferencias
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/10/muinadas-o-pobo.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20261104T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20261104T193000
DTSTAMP:20261103T151325Z
CREATED:20261103T151325Z
LAST-MODIFIED:20261103T151325Z
UID:108097-1793820600-1793820600@vivalugo.es
SUMMARY:Presentación das II Xornadas de Pensamento Galego "Saudade de Ramón Piñeiro"
DESCRIPTION:Presentación das II Xornadas de Pensamento Galego «Saudade de Ramón Piñeiro» \nPresentación do Libro MANUEL REGUEIRO: Filosofía e Lingua (Froito das I XORNADAS) \nCada asistente recibira un exemplar do libro \nMércores 04 de novembro de 2026 \n19:30 horas \nSalón de Plenos do Concello de Lugo
URL:https://vivalugo.es/evento/presentacion-das-ii-xornadas-de-pensamento-galego-saudade-de-ramon-pineiro/
CATEGORIES:Presentaciones
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/11/presentacion-xornadas-pensamento-galego-2026.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20261104T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20261104T193000
DTSTAMP:20261103T151609Z
CREATED:20261103T151609Z
LAST-MODIFIED:20261103T151609Z
UID:108100-1793820600-1793820600@vivalugo.es
SUMMARY:Proxección do filme 'Un barco no xardín'\, de Jean-François Laguionie
DESCRIPTION:O Club Cultural Valle-Inclán proxecta o filme ‘Un barco no xardín’\, de Jean-François Laguionie (España\, 2024\, 75 min)\, nas Sesións de Filmoteca do Outono Cultural 2026. Será o mércores 4 de novembro no Salón de Actos da Casa do Saber do campus de Lugo ás 19.30 horas. \nA entrada é de balde e libre para a comunidade universitaria. Unha vez iniciada a proxección\, non se permitirá o acceso á sala. \nEsta actividade desenvólvese segundo o convenio asinado pola Xunta de Galicia e a Federación de Cineclubes de Galicia. \nUn barco no xardín \nEntre os seus soños de aventuras e unha mirada tenra cara aos seus pais\, o mozo François pasa da infancia á idade adulta. A comezos dos anos cincuenta\, no xardín familiar xunto ao río Marne\, Pierre comeza a construción da réplica do Spray\, o barco lendario co que Joshua Slocum completou a volta ao mundo en solitario\, facéndose famoso en 1895. Nesta aventura embárcanse a súa muller Geneviève e o seu fillo François\, que acaba de cumprir once anos e sente paixón por este proxecto e pola figura referente de Slocum\, símbolo de liberdade. \n‘Un barco no xardín’\, do animador Jean-François Laguionie (Palma de Oro en Cannes por ‘Remando a través do Atlántico’)\, estreouse en festivais como Cannes e Annecy. Cun estilo evocador e delicado\, inspirado na fotografía de Doisneau\, e coa colaboración da guionista Anik Le Ray (Kerity\, a casa dos contos)\, a película afonda nos vínculos familiares\, nos soños e na transición á vida adulta.
URL:https://vivalugo.es/evento/proxeccion-do-filme-un-barco-no-xardin-de-jean-francois-laguionie/
LOCATION:Casa do Saber\, Praza Pío XII\, 3\, Lugo\, Lugo\, 27001
CATEGORIES:Cine
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/10/filmoteca-outubro-2026.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20261104T203000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20261104T203000
DTSTAMP:20261025T120613Z
CREATED:20261025T115922Z
LAST-MODIFIED:20261025T120613Z
UID:107745-1793824200-1793824200@vivalugo.es
SUMMARY:Festival de Jazz de Lugo 2026\, Concerto de Paquito D'Rivera Trio
DESCRIPTION:Festival de Jazz de Lugo 2026\, Concerto de Paquito D’Rivera Trio\n\nMércores 4 de Novembro\n20:30 H – Auditorio Fuxan os Ventos\n\nENTRADAS – ataquilla –\n\n\nSupera os 70 anos de actividade profesional este compositor e arranxista –grande amante do jazz e da música clásica– que se converteu nunha celebridade da música afrocubana e dos estándares de jazz latino moderno. \nAchamos en Paquito D’Rivera un mestre do clarinete así como dos saxofóns alto e soprano\, un dos mellores no mundo. \nO músico cubano foi quen a levar\, nada menos\, dezaoito premios Grammy na súa cumprida andaina musical. \nFoi membro fundador e codirector\, xunto co seu amigo íntimo Chucho Valdés\, do anovador conxunto musical Irakere\, un grupo que se distinguiu pola mixtión explosiva de jazz\, rock\, música clásica e música tradicional cubana. \nGañador de premios en numerosas ocasións pola súas achegas ao jazz latino e á música clásica\, mesmo do famoso Especial Latin Recording Academy.
URL:https://vivalugo.es/evento/festival-de-jazz-de-lugo-2026-concerto-de-paquito-drivera-trio/
LOCATION:Auditorio Municipal Fuxan os Ventos\, Rúa Madanela\, LUGO\, Lugo\, 27002\, Spain
CATEGORIES:Conciertos
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20261104T223000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20261104T223000
DTSTAMP:20261103T163604Z
CREATED:20261103T163604Z
LAST-MODIFIED:20261103T163604Z
UID:108151-1793831400-1793831400@vivalugo.es
SUMMARY:Festival de Jazz de Lugo 2026\, concerto de Swing Titans
DESCRIPTION:Festival de Jazz de Lugo 2026\, concerto de Swing Titans\nMércores 4 de Novembro\n22:30 H – Club Clavicémbalo\n\nGrazas a unha formación de músicos de primeiro nivel e a un espectáculo en directo caracterizado por unha estética e unha execución impecables\, SWING TITANS fai algo máis que interpretar música swing: encarna a distinción\, a forza e a clase dun clásico instantáneo.  Chegan agora á 36.ª edición do Festival de Jazz de Lugo (na sala Clavicémbalo) para ofrecer unha actuación en directo vibrante e inesquecible.\n\nENTRADAS (woutick)\n\n Programa do Festival de Jazz de Lugo 2026
URL:https://vivalugo.es/evento/festival-de-jazz-de-lugo-2026-concerto-de-swing-titans/
LOCATION:Club Clavicémbalo\, Rúa dos Paxariños\, 23\, Lugo\, Lugo\, 27002\, Spain
CATEGORIES:Conciertos
END:VEVENT
END:VCALENDAR