BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//VivaLugo - ECPv6.18.3.1//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-WR-CALNAME:VivaLugo
X-ORIGINAL-URL:https://vivalugo.es
X-WR-CALDESC:Eventos para VivaLugo
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-Robots-Tag:noindex
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20250330T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20251026T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20260329T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20261025T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20270328T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20271031T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20261102
DTEND;VALUE=DATE:20261211
DTSTAMP:20261103T174339Z
CREATED:20261102T080042Z
LAST-MODIFIED:20261103T174339Z
UID:73747-1793577600-1796947199@vivalugo.es
SUMMARY:Cines en Lugo
DESCRIPTION:Cines en Lugo\nPodes ver a carteleira dos Cines Codex na súa web oficial  ou na seguinte imaxe: \n \nPodes ver a carteleira dos Cines Cristal na súa web oficial  \nPodes consultar a carteleira dos Cines Yelmo na súa web oficial \nViva Lugo\, Axenda Cultural de Lugo. \nwww.vivalugo.es \nhttps://www.facebook.com/vivalugo \nhttps://www.instagram.com/vivalugo/ \nhttps://x.com/viva_lugo
URL:https://vivalugo.es/evento/cines-en-lugo/
LOCATION:Lugo
CATEGORIES:Cine
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2024/01/cine-en-lugo.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20261102
DTEND;VALUE=DATE:20261226
DTSTAMP:20261103T174435Z
CREATED:20261102T073947Z
LAST-MODIFIED:20261103T174435Z
UID:72068-1793577600-1798243199@vivalugo.es
SUMMARY:Exposicións en Lugo
DESCRIPTION:MUSEO PROVINCIAL DE LUGO\nPl. de la Soledad\, s/n\, 27001 Lugo \nHorario de inverno (1 de novembro – 30 de maio): De martes a sábado: De 10:00 a 13:30 e de 16:00 a 20:30 / Domingos e festivos: De 10:00 a 16:00 / Luns pechado \nHorario de verán (1 de xuño – 30 de outubro): De martes a sábado: De 10:00 a 13:30 e de 16:00 a 20:30 / Domingos e festivos: De 10:00 a 16:00 / Luns pechado \nweb oficial. \nO VELLO CÁRCERE \nA exposición permanente ‘O Vello Cárcere: da Guerra á Posguerra’ foi organizada polo Concello de Lugo e a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (A.R.M.H). A etapa da guerra civil e da posguerra dentro desta prisión queda ó descuberto a través das súas vítimas. Son as testemuñas e os recordos das persoas que estiveron retidas dentro destes muros por motivos inxustificados\, os que nos desvelarán as duras condicións ás que foron sometidas. \n‘O Vello Cárcere: da Guerra á Posguerra’ convértese\, deste xeito\, nunha homenaxe e nun espazo de encontro para dialogar e reflexionar sobre o pasado traumático que supuxo a guerra e a ditadura. \nA exposición permanente «Elas» é froito do traballo da investigadora\, ensaísta e mestra Aurora Marco. Durante máis de vinte anos\, levou a cabo un exhaustivo traballo de investigación acerca de mulleres galegas que sobresaíron ao longo da historia en diferentes campos e disciplinas. Como resultado deste labor xorde a publicación exposta nesta mostra\, cuxa edición se limitou a 155 exemplares. Nela recóllense 410 biografías destas mulleres galegas. \nEsta exposición está así mesmo composta por serigrafías realizadas por artistas galegas contemporáneas\, que tomaron como inspiración as historias aquí recollidas. Elas son Chelo Rodríguez\, Ehlaba Carballo\, Irene Silva Xiráldez\, María Manuela\, María Xesús Díaz\, Novais\, Sabela Arias Castro e Vanessa Lodeiro. \nA exposición permanente da Escola de Arte Superior de Deseño Ramón Falcón presenta nas celas do segundo andar do panóptico −espazo cedido permanentemente−\, a primeira das súas exposicións temporais en O Vello Cárcere. \nA mostra amosa unha escolma de traballos do seu alumnado e xira arredor dos estudos que ofrece: Serigrafía\, Gravado e Técnicas de Estampación\, Fotografía e Cerámica (ensinanzas profesionais); e Deseño Gráfico e Deseño de Interiores (estudos de Grao) \nInformación sobre O Vello Cárcere de Lugo e as exposicións temporais: \nPraza da Constitución\, s/n\, 27002 Lugo \nHorario: luns a sábado 11:00 a 14:00 e 16:00 a 20:00 horas. Domingo:  11:00 a 14:00 e 16:00 a 19:00 horas \nWeb oficial O Vello Cárcere de Lugo \n——————————————————————————————————–\nMUSEO MIHL – Museo Interactivo da Historia de Lugo\nAlberga un contido expositivo permanente que repasa a evolución histórica da cidade de Lugo mediante recursos audiovisuais\, maquetas interactivas e paneis informativos. Tamén conta cunha pequena selección de pezas arqueolóxicas entre as que destaca o monolito granítico que recolle a inscrición fundacional da cidade\, mandado levantar por Paulo Fabio Máximo en honor ao emperador Augusto. \nTamén se exhiben outras pezas de interese\, como unha máscara teatral de terracota e un conxunto de pezas epigráficas e cerámicas. \nInformación sobre o MIHL e as súas exposicións temporais: \nAv. Infanta Elena\, s/n\, 27003 Lugo \n982 297 446 \n \nWeb oficial do Museo MIHL \n———————————————————————————————————-\nMUSEOS MUNICIPAIS DE LUGO\nCasa dos Mosaicos ou Domus Oceani\nHorario\, exposicións … Web oficial da Casa dos Mosaicos ou Domus Oceani \nCentro arqueolóxico San Roque\nHorario\, exposicións … Web oficial do Centro arqueolóxico San Roque \nSala de Exposicións Porta Miñá\nHorario\, exposicións … Web oficial da Sala de Exposicións Porta Miñá \nCentro de Interpretación da Muralla\nHorario\, exposicións … Web oficial do Centro de Interpretación da Muralla \nGALERÍA SOLAINA\nRúa Camiño Real 88\, baixo. \nhttps://www.instagram.com/solaina.galeria/ \nGALERÍA NÉBOA\nLamas de Prado\, 31\, Lugo 27004 \nhttps://www.instagram.com/galerianeboa/ \nGALERÍA NOVA RÚA\nRúa Nova 114 -116 Bajo\, Lugo 27001 \nhttps://www.instagram.com/galerianovarua/ \nGALERÍA LA CATEDRAL\nObispo Basulto 12\, 27001-Lugo – 982 240 992 \ny\nBolaño Rivadeneira 17\, 27001 Lugo – 982 24 21 14 – Lunes a sábado 11:00 a 14:00 y 17:00 a 21:00 horas
URL:https://vivalugo.es/evento/exposicions-en-lugo/
LOCATION:Lugo
CATEGORIES:Expos
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2024/01/banner-expos-en-lugo-cuadrado-2024.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20261109
DTEND;VALUE=DATE:20261112
DTSTAMP:20261108T195721Z
CREATED:20261108T195721Z
LAST-MODIFIED:20261108T195721Z
UID:108415-1794182400-1794441599@vivalugo.es
SUMMARY:XXXVII Xornadas Luis Asorey
DESCRIPTION:XXXVII Xornadas Luis Asorey \nSalón de actos do Pazo de San Marcos entre o 9 e o 19 de novembro \nNesta ocasión se desenvolverán baixo o título A medicina natural: de remedios tradicionais a evidencias científicas. \nO encontro reunirá a sete especialistas de diferentes ámbitos para analizar as posibilidades terapéuticas dos recursos naturais\, así como o fundamento científico das súas aplicacións no ámbito da saúde. \nO programa\, patrocinado pola Deputación de Lugo\, está organizado pola Real Academia Galega de Ciencias en colaboración co Campus Terra da Universidade de Santiago de Compostela\, e propón un percorrido por diferentes disciplinas e prácticas relacionadas coa medicina natural. \nFitoterapia\, a cura balnearia\, a micoterapia\, os compostos medicinais das microalgas\, a saúde ambiental\, os baños de bosque e o cultivo de plantas medicinais serán algúns dos asuntos centrais desta edición. \nAs conferencias celebraranse en horario de 19:00 a 21:00 horas e as persoas interesadas poderán asistir presencialmente ou seguir as sesións en liña\, a través da canle de YouTube do Servizo de Audiovisuais da institución provincial: https://www.youtube.com/@FUNDACIONTIC. \nINSCRICIÓN\nA inscrición é gratuíta e pode realizarse a través do seguinte formulario:\nhttps://forms.gle/WGqsBKouo8nN8mHa6 \nPROGRAMA\n9 de novembro: Fitoterapia: da tradición á evidencia científica. Plantas medicinais recoñecidas pola Axencia Europea do Medicamento\, a cargo de Antonio Rigueiro Rodríguez\, doutor en Enxeñaría de Montes\, profesor emérito da USC e presidente da Asociación Forestal de Galicia. \n10 de novembro: A cura balnearia: indicacións actuais e fundamento científico\, impartida por Juan Jesús Gestal Otero\, doutor en Medicina e Cirurxía\, profesor emérito da USC e director da Cátedra de Hidroloxía Médica USC-Balnearios de Galicia. \n11 de novembro: O potencial medicinal dos compostos mariños das microalgas visto desde a Universidade\, a cargo de Luis Miguel Botana López\, doutor en Farmacia e catedrático de Farmacoloxía da USC. \n16 de novembro: Micoterapia: da tradición á evidencia científica\, impartida por Julián Alonso Díaz\, doutor en Veterinaria e presidente da Sociedade Micolóxica LUCUS. \n17 de novembro: Cultivo e comercialización de plantas medicinais. Presentacións e preparados\, a cargo de Rosa Romero Franco\, doutora en Bioloxía\, profesora titular da USC e exdirectora da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría de Lugo. \n18 de novembro: Saúde ambiental: a exposición ao gas radón e os seus efectos sobre a saúde\, impartida por Lucía Martín de Bernardo Gisbert\, doutora en Epidemioloxía e Saúde Pública e profesora da USC.
URL:https://vivalugo.es/evento/xxxvii-xornadas-luis-asorey/
LOCATION:Pazo de San Marcos – Deputación de Lugo\, Rúa San Marcos\, 8\, lugo\, Lugo\, 27001
CATEGORIES:Conferencias
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20261111T203000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20261111T203000
DTSTAMP:20261025T120520Z
CREATED:20261025T120520Z
LAST-MODIFIED:20261025T120520Z
UID:107747-1794429000-1794429000@vivalugo.es
SUMMARY:Festival de Jazz de Lugo 2026 - Concerto de Kenny Barron Trio
DESCRIPTION:Festival de Jazz de Lugo 2026 – Concerto de Kenny Barron Trio\n\nMércores 11 de Novembro\n20:30 H – Auditorio Fuxan os Ventos\n\nENTRADAS -notikumi.com-\n\n\nKenny Barron\, pianista fundamental na historia do jazz\, o mellor en activo segundo unha opinión estendida\, naceu en Filadelfia no 1943. \nDigno de admiración polo exquisito gusto co que selecciona o repertorio e pola elegancia na súa execución\, de estilo exquisito\, articulado e imaxinativo\, Barron é un dos pianistas de jazz máis completos tecnicamente\, aínda que non precisa recorrer ao virtuosismo para convence-lo espectador; a súa gran sensibilidade abonda. \nNo 1963 Barron uniuse á banda de Dizzy Gillespie e\, desde aquela\, traballou con infinidade de músicos\, entre os cales\, ademais do mencionado Gillespie\, podemos resaltar a Stan Getz\, Yusef Lateef\, Freddie Hubbard\, Jimmy Owens\, Stanley Turrentine\, Milt Jackson\, Jimmy Heath\, Buddy Rich\, Ron Carter\, Charlie Haden\, Buster Williams\, Ben Riley\, Charlie Rouse\, Dave Holland e Roy Hargrove. \nDurante os anos noventa\, xa se consideraba expoñente principal do piano jazz universal. \nBarron excede os corenta discos gravados a título de líder que o fixeron merecedor de catorce nomeamentos para os Grammy\, comezando por People Time\, un excepcional dúo con Stan Getz\, no 1992. \nO recoñecemento máis recente chegoulle na 67.ª edición dos Premios Grammy (2025) para os cales\, por novena vez\, foi nomeado\, nesta oportunidade para a categoría mellor álbum de jazz instrumental polo seu traballo en Beyond This Place. Igualmente foi obxecto doutros honores como ser designado Jazz Master pola National Endowment For The Arts (a maior distinción para o jazz nos EUA). \nApareceu en diversos filmes\, como Do the Right Thing e School Daze de Spyke Lee\, e achegou a súa sabedoría ao piano en centos de sesións de gravación cunha ampla variedade de artistas. \nA maioría dos «novos leóns» do piano\, como Danilo Pérez\, Benny Green\, Cyrus Chestnut e Eric Reed citan a Barron en calidade de influencia predominante. \nLos Angeles Times nomeouno «un dos mellores pianistas do mundo» e Jazz Weekly descríbeo como «o pianista máis lírico do noso tempo». Barron vence sistematicamente as enquisas de críticos e lectores no campo do jazz\, ata as realizadas por Downbeat\, Jazz Times e Jazziz. \n2005 premio MAC Lifetime Achievement á súa carreira musical. \n2009 premio Living Legacy da Mid Atlantic Arts Foundation e foi incluído no American Jazz Hall of Fame. \n2013 a Empire State University (SUNY Empire) of New York outórgalle un doutoramento honoris causa e no 2011 fai o propio o Berklee College of Music. \nFoi nomeado Mellor Pianista en seis ocasións pola American Jazz Journalists Association.
URL:https://vivalugo.es/evento/festival-de-jazz-de-lugo-2026-concerto-de-kenny-barron-trio/
LOCATION:Auditorio Municipal Fuxan os Ventos\, Rúa Madanela\, LUGO\, Lugo\, 27002\, Spain
CATEGORIES:Conciertos
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20261111T223000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20261111T223000
DTSTAMP:20261103T170237Z
CREATED:20261103T170237Z
LAST-MODIFIED:20261103T170237Z
UID:108168-1794436200-1794436200@vivalugo.es
SUMMARY:Festival de Jazz de Lugo 2026\, concerto de Luis Nacht\, Demian Cabaud & Jeff Williams
DESCRIPTION:Festival de Jazz de Lugo 2026\, concerto de Luis Nacht\, Demian Cabaud & Jeff Williams\n\n\n\n\n\n\nMércores 11 de Novembro\n22:45 H Club Clavicémbalo\n\n\n\n\n\nPasaron vinte e catro anos desde o debut discográfico do músico arxentino Luis Nacht co aclamado Nacht Musik (BAU Records\, 2001). Sucederon moitas cousas desde aquela; tras once álbums en solitario\, innumerables colaboracións (con Lucia Pulido\, Fernando Otero\, Paula Schocron\, Miguel Tarzia e moitos outros) e consolidarse como un nome esencial na escena internacional do jazz contemporáneo —xa sexa como solista ou acompañando unha longa lista de grandes figuras do jazz moderno como Tony Malaby\, Horacio Fumero\, Bruno Chevillon e David Xirgú—\, Luis Nacht publica agora o seu novo álbum\, Furtivo. Faino plenamente consolidado como unha das figuras máis destacadas do jazz_latinoamericano. \nPara este proxecto\, o músico de Buenos Aires conta con dous acompañantes de primeiro nivel\, formando un trío clásico e moi eficaz. \nEn primeiro lugar\, o tamén arxentino Demian Cabaud\, membro habitual da prestixiosa Matosinhos Jazz Orchestra (Portugal) e docente no Conservatorio de Porto (ESMAE) e no máster de jazz de Siena (Italia). A solvencia e a elegancia de Cabaud ao contrabaixo —tras colaborar frecuentemente con xigantes como Joe Lovano\, Kurt Rosenwinkel e Maria Rita— achegan a Furtivo un toque de clasicismo que se fusiona á perfección co magnífico traballo do terceiro alicerce do álbum: nada menos que o sempre brillante Jeff Williams á batería. A traxectoria de Williams remóntase á década de 1960\, e a súa pegada creativa pode rastrexarse ​​nunha impresionante lista de colaboracións que van desde Marc Copland\, Stan Getz\, Lee Konitz e Dave Liebman ata Michael Formanek\, Paul Bley\, Richard Beirach e Ethan Iverson. \nENTRADAS Woutick \n\n\n\n\n Programa do Festival de Jazz de Lugo 2026
URL:https://vivalugo.es/evento/festival-de-jazz-de-lugo-2026-concerto-de-luis-nacht-demian-cabaud-jeff-williams/
LOCATION:Club Clavicémbalo\, Rúa dos Paxariños\, 23\, Lugo\, Lugo\, 27002\, Spain
CATEGORIES:Conciertos
END:VEVENT
END:VCALENDAR