BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//VivaLugo - ECPv6.17.3.1//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-ORIGINAL-URL:https://vivalugo.es
X-WR-CALDESC:Eventos para VivaLugo
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-Robots-Tag:noindex
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20250330T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20251026T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20260329T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20261025T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20270328T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20271031T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260916T200000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260916T200000
DTSTAMP:20260914T170810Z
CREATED:20260914T170810Z
LAST-MODIFIED:20260914T170810Z
UID:106294-1789588800-1789588800@vivalugo.es
SUMMARY:Concertos de LG1DO e ALDDARA
DESCRIPTION:O mércores 16 de setembro Alddara actuará ás 20.15 h\, LG1DO actuará ás 21.15 h e haberá un encontro coa artista e co artista ás 18.30 h. Todo será na explanada da cafetería da @eps_enxenaria\, con acceso libre ata completar a capacidade do espazo. \nAdemais\, a partir das 18.30 h haberá stands informativos dos servizos da USC. \n➕ Info sobre as xornadas de inicio de curso en https://www.usc.gal/gl/benvidaUSC\nhttps://www.instagram.com/cultura_usc/
URL:https://vivalugo.es/evento/concertos-de-lg1do-e-alddara/
LOCATION:Lugo
CATEGORIES:Conciertos
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/09/concerto-alddara-lg1do.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260917T213000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260917T213000
DTSTAMP:20260915T144207Z
CREATED:20260915T144207Z
LAST-MODIFIED:20260915T144207Z
UID:106315-1789680600-1789680600@vivalugo.es
SUMMARY:Belém Tajes en concerto
DESCRIPTION:Club Clavicémbalo de Lugo \n17/09/2026 \n21:30 horas \n10 euros en entradium.com \nBelém Tajes presenta Amar o mar\, o seu primeiro álbum longo\, recoñecido co Premio Narf 2025 e editado nun singular formato físico como o primeiro ecodisco galego. Un traballo de forte personalidade que tende pontes entre a música galega e latinoamericana a través dun coidado universo sonoro. \nCantante\, compositora e especialista en musicoterapia\, Belém Tajes é unha das voces destacadas da canción pop de autora en Galicia. A súa traxectoria comeza nas agrupacións tradicionais\, nutríndose tamén dos cantares das súas avoas\, naturais de Arou (Camariñas)\, unha herdanza que segue presente no seu xeito de entender a música. Tras formar parte de proxectos como Luar na Lubre\, Vudú\, Aliboria e Moura\, a artista galego-arxentina inicia o seu camiño en solitario cunha proposta chea de personalidade e identidade propia. \nA banda en directo: \nBelém Tajes\, voz\, teclado e percusión \nNico Vieites\, guitarra eléctrica\, efectos \nCibrán Seixo\, violín\, baixo pedal \nPeter Cunado\, programacións e sintetizador
URL:https://vivalugo.es/evento/belem-tajes-en-concerto/
LOCATION:Club Clavicémbalo\, Rúa dos Paxariños\, 23\, Lugo\, Lugo\, 27002\, Spain
CATEGORIES:Conciertos
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/09/belem-tajes-en-concerto.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20260918
DTEND;VALUE=DATE:20260920
DTSTAMP:20260914T154602Z
CREATED:20260831T155841Z
LAST-MODIFIED:20260914T154602Z
UID:105665-1789689600-1789862399@vivalugo.es
SUMMARY:Caudal Fest 2026
DESCRIPTION:VENRES 18 \nLori Meyers – Xoel López – Pignoise – Sanguijuelas del Guadiana – Anni B Sweet – Barry B – Besmaya – Ortiga – No quiero – Inazio \n \nSÁBADO 19 \nSiloé – Ultraligera – Carlos Ares – La La Love You – Sexy Zebras – Leire Martínez – Veintiuno – O Caimán do río Tea – Tere! \n \nPazo de Feiras e Congreso de Lugo\n\n\nLa Casa do Concello\, punto pionero de prepulseración para evitar aglomeraciones\n\nLos días miércoles 16 y jueves 17 de septiembre\, la oficina municipal de atención (planta baja de la Casa do Concello) facilitará este servicio con el objetivo de que los asistentes puedan dirigirse directamente al control de seguridad una vez en el recinto\, reduciendo de manera considerable los tiempos de espera y garantizando un acceso fluido\, cómodo y seguro. \nAutobuses: se duplica el servicio de conexiones gratuitas\nLos autobuses realizarán un trayecto continuo conectando el centro urbano con el recinto del festival: \n• Punto de salida principal: Praza de Bretaña. \n• Parada intermedia: Volta da Viña (Rúa Santiago). \n• Destino: inmediaciones del recinto\, en el Pazo de Feiras e Congresos. \n• Horario del servicio: durante ambas jornadas (viernes 18 y sábado 19 de septiembre)\, los autobuses funcionarán ininterrumpidamente desde las 16:30 hasta las 03:45 horas de la madrugada. \n• Frecuencia: como mejora logística\, se duplica el servicio con la salida de dos autobuses cada 15 minutos\, duplicando así la capacidad de transporte disponible en ediciones anteriores para reducir al máximo los tiempos de espera. \n\n\n\n+ info e entradas: www.caudalfest.es
URL:https://vivalugo.es/evento/caudal-fest-2026/
LOCATION:Pazo de Feiras e Congresos\, Lugo\, Spain
CATEGORIES:Conciertos
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/08/caudal-fest-2026.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260918T223000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260918T223000
DTSTAMP:20260915T153536Z
CREATED:20260915T153536Z
LAST-MODIFIED:20260915T153536Z
UID:106349-1789770600-1789770600@vivalugo.es
SUMMARY:"Funámbula e os ceos quebradizos" en concerto
DESCRIPTION:O 18 de setembro ás 22:30 horas\, concerto para presentar o seu primeiro EP no clube Clavicémbalo. \n«Despois do lóstrego» é un álbum con espírito artesanal\, de temas autoproducidos que camiñan por un tenso fío de resonancias opostas. \nO proxecto encapsúlase nunha peza labrada a man por Marcos Vigo & Xabi Balado. Ademais\, conta coa colaboración estelar do guitarrista Iago D’Tenza na canción Gris espacial. Estará dispoñible online e en formato físico a partir do día da súa presentación. \nQuen é Funámbula e os ceos quebradizos? \n«Como ben evocan as nubes do EP\, somos unha banda da terra Lúgobre. Nun golpe de sorte\, vimos de telonear a Xoel López no último San Froilán\, pero máis alá do neon\, pasamos a maioría do tempo na bruma\, tecendo cancións atmosféricas\, de melodías celestes e efectos sinistros (o que chamamos «rock onírico»).»
URL:https://vivalugo.es/evento/funambula-e-os-ceos-quebradizos-en-concerto/
LOCATION:Club Clavicémbalo\, Rúa dos Paxariños\, 23\, Lugo\, Lugo\, 27002\, Spain
CATEGORIES:Conciertos
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/09/funambula-ceos-quebradizos-concerto.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260919T200000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260919T200000
DTSTAMP:20260916T102145Z
CREATED:20260916T102137Z
LAST-MODIFIED:20260916T102145Z
UID:106368-1789848000-1789848000@vivalugo.es
SUMMARY:Concerto da zanfonista Bea Peña
DESCRIPTION:Os días 19 e 20 de setembro terán lugar os primeiros actos do ciclo “Zanfona é feminino”\, organizados co apoio da Área de Artesanía e Deseño da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. \nUnha iniciativa que reivindica o papel das mulleres na historia da zanfona e da música e que busca poñer en valor o seu legado. \nO ciclo achega a Lugo o traballo da cantante e zanfonista Bea Peña\, especialista en música medieval\, e do ensemble Entrebescant. Presentan “El cantar del destierro”\, un programa no que a música medieval e a música de tradición oral\, dialogan nunha reflexión sobre o territorio\, a memoria e o despoboamento. \nO concerto terá lugar o sábado 19\, ás 20 horas\, na Capela de Santa María. O acceso será gratuíto ata completar a súa capacidade. \nAo día seguinte\, o domingo 20\, Peña impartirá un curso de aproximación teórica e práctica ao repertorio medieval da península ibérica e ás súas posibilidades de interpretación con zanfona\, afondando nas características que permiten adaptar as obras ao instrumento. O\nobradoiro\, de carácter gratuíto\, require de inscrición previa no correo electrónico info.centrad@deputacionlugo.org\, e desenvolverase no Centro de Artesanía e Deseño. \nReivindicar o legado das mulleres \nA zanfona é un instrumento profundamente vencellado a cultura galega\, porén ao longo da historia o papel das mulleres como creadoras e\nintérpretes foi frecuentemente invisibilizado\,  malia existir documentación e representación da súa presenza ao longo dos séculos. \nO ciclo “Zanfona é feminino” nace\, precisamente\, coa vontade de recuperar e reivindicar esta memoria\, visibilizando as achegas das\nmulleres á historia da zanfona.
URL:https://vivalugo.es/evento/concerto-da-zanfonista-bea-pena/
LOCATION:Capela de Santa María\, Ronda da Muralla\, 140\, Lugo\, Lugo\, 27004
CATEGORIES:Conciertos
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/09/concerto-zanfonista-bea.jpeg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260919T223000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260919T223000
DTSTAMP:20260915T143809Z
CREATED:20260915T143809Z
LAST-MODIFIED:20260915T143809Z
UID:106312-1789857000-1789857000@vivalugo.es
SUMMARY:Concerto de High Paw
DESCRIPTION:HIGH PAW en concerto en Lugo\n📍 Clavicembalo\n📅 Sábado 19 de setembro 2026\n🕥 22:30 h\n🎟️ Anticipada: 10€ | Billeteira: 12€\n🎫 Entradas: https://woutick.com/es/entradas/high-paw-en-club-clavicembalo-lugo \nHigh Paw é unha artista viguesa que conseguiu un espazo propio no panorama musical estatal e internacional grazas á súa mestura de reggae\, hip hop e músicas urbanas en galego. Cunha traxectoria marcada pola súa personalidade vocal e pola capacidade de conectar a tradición sonora caribeña coa identidade cultural galega\, converteuse nunha voz imprescindible desta escena tras case dúas décadas de carreira vinculada a múltiples proxectos musicais. \nActuou en numerosos festivais e realizou xiras por Europa e México\, ademais de colaborar con artistas como Manu Chao\, Chalart58\, Matah\, Wöyza\, Dios Ke Te Crew ou Ortiga. Letras críticas\, identidade propia e unha proposta aberta e bailable definen un proxecto capaz de conectar con públicos moi diversos. \nA recoñecida artista viguesa chega con nova banda\, nun paso que supón a consolidación definitiva do seu proxecto artístico. Faino acompañada de Zalo Rodríguez (Lontras) nas teclas\, Decsus (Daydream Sessions) na batería\, Brais Iriarte (Le BarLuthier) no baixo eléctrico e Laura Mercy (Dakidarría) nos coros. \nEsta nova formación dá forma a un directo inmersivo baseado en sintetizadores e ritmos pesados\, que transita entre o reggae\, o R&B\, o hip hop e a electrónica contemporánea. Unha proposta contundente que marca un punto de inflexión na carreira de High Paw\, incorporando por primeira vez unha banda propia ao seu universo musical.
URL:https://vivalugo.es/evento/concerto-de-high-paw/
LOCATION:Club Clavicémbalo\, Rúa dos Paxariños\, 23\, Lugo\, Lugo\, 27002\, Spain
CATEGORIES:Conciertos
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/09/concerto-high-paw.jpg
END:VEVENT
END:VCALENDAR