BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//VivaLugo - ECPv6.17.4.1//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-WR-CALNAME:VivaLugo
X-ORIGINAL-URL:https://vivalugo.es
X-WR-CALDESC:Eventos para VivaLugo
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-Robots-Tag:noindex
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20250330T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20251026T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20260329T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20261025T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20270328T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20271031T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260902T120000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260902T120000
DTSTAMP:20260831T154407Z
CREATED:20260825T111605Z
LAST-MODIFIED:20260831T154407Z
UID:105593-1788350400-1788350400@vivalugo.es
SUMMARY:Inauguración da exposición «500 Mulleres na Arte»
DESCRIPTION:A Rede Museística Provincial de Lug presenta o proxecto «500 Mulleres na Arte»\, unha iniciativa da artista e investigadora Concha Mayordomo que se insire no programa de actividades conmemorativas do 20º aniversario da Rede Museística.\n\nA mostra inaugurarase o vindeiro 2 de setembro ás 12:00 horas na Sala de Exposicións da Deputación e desenvolverase nos catro museos da Rede ata finais de outubro. Esta proposta ten un obxectivo marcadamente divulgativo e didáctico\, aliñado co compromiso institucional mantido ao longo destas dúas décadas a prol da inclusión e da abordaxe interseccional das desigualdades.\n\nO proxecto constitúe unha achega historiográfica orientada a contribuír á corrección do nesgo de xénero no ámbito das Belas Artes\, así como á recuperación da memoria de creadoras que\, tras acadar recoñecemento na súa época\, foron omitidas polos canons académicos tradicionais. A iniciativa concíbese como un arquivo documental e unha catalogación biográfica que combina a investigación histórica coa creación plástica\, co fin de dar visibilidade ao traballo de creadoras\, teóricas e mecenas. Deste xeito\, a proposta achega un recurso de referencia para a investigación na historia da arte contemporánea e os estudos de xénero.\n\nA exposición organízase como unha guía visual e xenealóxica que incorpora códigos QR con acceso ás biografías do arquivo dixital. Na escolma do proxecto inclúense 33 autoras galegas\, das cales 9 son naturais da provincia de Lugo. Trala súa itinerancia por diferentes puntos do territorio estatal\, a exposición preséntase nos centros da Rede Museística Provincial para achegar ao público este fondo documental e promover o recoñecemento das mulleres na historia da arte.
URL:https://vivalugo.es/evento/inauguracion-da-exposicion-500-mulleres-na-arte/
LOCATION:Pazo de San Marcos – Deputación de Lugo\, Rúa San Marcos\, 8\, lugo\, Lugo\, 27001
CATEGORIES:Expos
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260902T130000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260902T130000
DTSTAMP:20260901T115146Z
CREATED:20260827T100825Z
LAST-MODIFIED:20260901T115146Z
UID:105641-1788354000-1788354000@vivalugo.es
SUMMARY:Visita guiada á exposición «Átona»
DESCRIPTION:Visita guiada á exposición «Átona» da man da súa creadora\, Ruth Lodeiro. \n2 de setembro\nÁs 13:00 h e ás 18:00 h\nSala de exposicións do Museo Provincial de Lugo\n\n\n\nUnha oportunidade para achegarse á exposición a través da mirada da artista\, coñecer o seu proceso creativo e afondar nas pezas que conforman o proxecto.
URL:https://vivalugo.es/evento/visita-guiada-a-exposicion-atona/
LOCATION:Museo Provincial de Lugo\, Praza da Soidade\, s/n\, Lugo\, 27001
CATEGORIES:Expos
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/08/visita-guiada-exposicion-atona.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260910T180000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260910T180000
DTSTAMP:20260908T083615Z
CREATED:20260908T083615Z
LAST-MODIFIED:20260908T083615Z
UID:105984-1789063200-1789063200@vivalugo.es
SUMMARY:Visita á instalación «Átona» coa artista Ruth Lodeiro
DESCRIPTION:Visita á instalación «Átona» coa artista Ruth Lodeiro \nXoves\, 10 de setembro \n18:00 h | Museo Provincial de Lugo \nRuth Lodeiro guiará un percorrido pola súa obra\, que poderá visitarse nos catro museos da RMPL ata o vindeiro 16 de setembro.
URL:https://vivalugo.es/evento/visita-a-instalacion-atona-coa-artista-ruth-lodeiro/
LOCATION:Museo Provincial de Lugo\, Praza da Soidade\, s/n\, Lugo\, 27001
CATEGORIES:Expos
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260910T190000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260910T190000
DTSTAMP:20260907T214209Z
CREATED:20260907T214209Z
LAST-MODIFIED:20260907T214209Z
UID:105944-1789066800-1789066800@vivalugo.es
SUMMARY:Inauguración da exposición: "Lodeiro. Obra gráfica"
DESCRIPTION:Inauguración da exposición: «Lodeiro. Obra gráfica»\nXoves 10 de setembro de 2026 ás 19:00 h. no Museo Provincial de Lugo. \nA mostra\, organizada en estreita colaboración co Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital (MUGART) e coordinada por Aurelia Balseiro e comisariada por Carlos L. Bernárdez e Xoán Pastor Rodríguez Santamaría\, réndelle homenaxe ao creador vigués Xosé Telmo Lodeiro (1930–1996) con motivo do trixésimo aniversario do seu pasamento. \nPoderá visitarse ata o 1 de novembro de 2026\, propiciando ademais un singular diálogo interxeracional ao coincidir durante as súas primeiras semanas co proxecto expositivo “Átona”\, asinado pola súa filla Ruth Lodeiro nas propias instalacións do museo. \nA produción gráfica de Lodeiro abrangue máis de tres décadas de traxectoria e eríxese nun territorio imprescindible para desentrañar a singularidade da súa linguaxe plástica. \nConcibida polo autor como unha canle directa para achegar a creación artística á cidadanía e espallar o pensamento crítico\, a estampa funcionou sempre como un espello e complemento da súa pintura. \nA través dun conxunto representativo de gravados\, serigrafías e matrices orixinais\, o percorrido testemuña a transición desde a intensa carga expresionista dos seus primeiros linóleos e xilografías —estreitamente vencellados ao compromiso social\, á denuncia da violencia e á Estampa Popular Galega nos anos sesenta— cara a unha progresiva depuración formal. \nCo decorrer do tempo\, o pulso reivindicativo de Lodeiro fundiuse cunha rigorosa investigación arredor da xeometría\, a percepción\, a luz e a cor. Neste proceso de síntese plástica\, a paisaxe galega e atlántica abandona o mero reflexo literal para converterse nun espazo mental onde dialogan a abstracción e a figuración\, o visible e o imaxinado. \nEsta selección amosa a sólida coherencia interna dunha obra gráfica diversa e audaz que\, combinando o rigor estrutural coa liberdade de experimentación\, reformula a realidade para convidarnos a ollala cunha nova mirada.
URL:https://vivalugo.es/evento/inauguracion-da-exposicion-lodeiro-obra-grafica/
LOCATION:Museo Provincial de Lugo\, Praza da Soidade\, s/n\, Lugo\, 27001
CATEGORIES:Expos
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/09/inauguracion-expo-lodeiro.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260915T190000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260915T190000
DTSTAMP:20260914T150748Z
CREATED:20260914T142902Z
LAST-MODIFIED:20260914T150748Z
UID:106253-1789498800-1789498800@vivalugo.es
SUMMARY:Inauguración da exposición 21 S(empre)
DESCRIPTION:A Área de Cultura da Deputación de Lugo\, a través da Rede Museística Provincial\, inaugura este martes 15 de setembro\, ás 19.00 horas\, no Museo Provincial de Lugo\, a exposición 21 S(empre). \nO proxecto nace como un acto colectivo de memoria\, compromiso e reivindicación\, concibido para facer visible a realidade do Alzheimer\,\ndefender a dignidade das persoas afectadas e esixir unha sociedade que non deixe a ninguén atrás. \nUnha fronte común desde a creación artística e a comunidade \nNesta exposición\, o traballo colaborativo adquire un papel central ao integrar diversas perspectivas e disciplinas. \nA mostra reúne a obra de Caxigueiro\, Juanel\, Cristina Basanta\, Mauro Leivas\, Martín Lestao\, Belén Mogo\, Neira Brochs\, Chus Lage\, Carmen Llonín\, Ignacio Castro “Nachok”\, Galiensoup\, Lu Vila\, Julián Bouza\, Alicia Puchades\, Carmen Porteiro\, Pedro Cabarcos\, David Catá\, H. Xeada\, Laura Díaz\, Ma Jesús Alonso López\, Dolores Guerrero\, Cris Bamio\, Noa Persán\, Soila Jankowska\, Xoán Vila\, Xosé Manuel Otero\, Hanoi Vidal\, Lomarti\, Juan Pablo Mastroianni\, Macía\, José Manuel Peña Romay e Joana Vilaverde. \nA toda esta creación individual súmase a participación colectiva do IES Alfoz-Valadouro\, incorporando as voces e as miradas do seu alumnado. \nO proxecto\, que conta co comisariado de Encarna Lago González e Silvia Fiallega Lorenzo\, envolve tamén as asociacións\, as persoas con Alzheimer\, as súas familias e os propios museos\, demostrando que a cultura funciona como unha ferramenta vital de transformación social e acompañamento. \nMáis de vinte anos construíndo unha cultura que coida\nEsta iniciativa non representa unha acción illada dentro do traballo da institución. 21 S(empre) consolida unha historia de dedicación continua que arrancou no ano 2003 mediante a colaboración con AFALU e que seguiu medrando xunto a AFAMÓN desde 2007\, ademais do estreito labor desenvolvido na Mariña con AFAN Burela e AFA Viveiro. \nDesde os seus inicios\, a Rede Museística baseou a súa xestión na museoloxía social\, abrindo as portas á comunidade e demostrando que o patrimonio unicamente adquire pleno sentido cando se pon ao servizo das persoas. A través de obradoiros\, visitas adaptadas e proxectos de memoria compartida\, os museos transformáronse en espazos vivos e corresponsables coa súa contorna. \n«O “NON” xa non é resposta»\nCada obra presente nesta exposición funciona como unha voz individual que\, en conxunto\, xera unha forte reivindicación. \nA Rede Museística Provincial asume como propia a reclamación de CEAFA para esixir que as innovacións e os tratamentos aprobados cheguen a todas as persoas que os necesitan\, garantindo a equidade e eliminando as exclusións por motivos económicos ou xeográficos. \nA mostra pon de manifesto que o Alzheimer non espera\, que a memoria é fundamental\, que os museos teñen un papel activo no coidado da sociedade e que a falta de resposta institucional e sanitaria xa non é aceptable.
URL:https://vivalugo.es/evento/inauguracion-da-exposicion-21-sempre/
LOCATION:Museo Provincial de Lugo\, Praza da Soidade\, s/n\, Lugo\, 27001
CATEGORIES:Expos
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/09/inauguracion-21-sempre.jpeg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260917T200000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260917T200000
DTSTAMP:20260916T145553Z
CREATED:20260914T141321Z
LAST-MODIFIED:20260916T145553Z
UID:106250-1789675200-1789675200@vivalugo.es
SUMMARY:Inauguración da exposición "Wallace e a orixe das especies"
DESCRIPTION:Inauguración da exposición «Wallace e a orixe das especies»\nO acto inaugural desenvólvese o día 17\, ás 20.00 horas. A sesión comeza coa proxección da peza audiovisual creada para a sala inmersiva de ‘Wallace e a orixe das especies’. A continuación ten lugar unha breve aproximación musical ao século XIX a cargo da mezzosoprano Julia Portela Piñón. Logo da apertura oficial a cargo das autoridades\, desenvólvese o relatorio ‘Alfred Russel Wallace e a orixe das especies’\, a cargo de Borja Milá. \nA mostra\, que xa foi exhibida no Museo Nacional de Ciencias Naturales\, conta co comisariado de Borja Milá\, vicedirector de Exposicións do centro\, e Soraya Peña de Camus\, responsable da coordinación expositiva\, ambos investigadores do Consejo Superior de Investigaciones Científicas. Paulino Martínez Portela\, catedrático de Xenética da Facultade de Veterinaria do Campus de Lugo\, é o promotor desta exposición “que achegará a Lugo  un dos científicos máis fascinantes da historia”\, destaca. \nPoderá visitarse ata finais de xaneiro de 2027. \nA. R. Wallace\nA. R. Wallace foi un eminente naturalista\, un avezado explorador\, un científico creativo e un prolífico escritor en temas moi diversos. \nDende a organización da mostra salientan que “as súas principais contribucións á ciencia inclúen non só a descrición de novas especies de insectos e aves\, senón tamén establecer as bases teóricas para comprender a distribución xeográfica das especies e a evolución dos seres vivos!. \nActualmente é considerado o pai da bioxeografía como ciencia\, e codescubridor con Charles Darwin da teoría da evolución a través da selección natural. \n“Aínda que a súa imaxe foi en parte ensombrecida pola omnipresente figura de Darwin\, Wallace foi un dos principais científicos do século XIX”\, matizan dende Acuigen. \nCon esta mostra preténdese dar a coñecer “o seu importante legado e restablecer a súa relevante posición como científico\, así como o seu determinante papel á hora de promulgar a teoría evolutiva\, concepto unificador da bioloxía que cambiaría a nosa forma de ver a vida no planeta e o noso lugar no universo”. \nA exposición\, impulsada pola Universidade de Santiago de Compostela\, trae a Lugo a mostra sobre Alfred Russel Wallace producida polo Museo Nacional de Ciencias Naturais-CSIC e complétase cun programa de actividades de divulgación científica dirixidas tanto á cidadanía como aos centros educativos. Podedes consultar toda a información e o programa en:\nwww.expowallaceusc.com
URL:https://vivalugo.es/evento/inauguracion-da-exposicion-wallace-e-a-orixe-das-especies/
LOCATION:MIHL\, Av Infanta Elena\, s/n\, Lugo
CATEGORIES:Expos
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/09/inauguracion-expo-wallace.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260919T120000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260919T120000
DTSTAMP:20260916T103631Z
CREATED:20260914T164410Z
LAST-MODIFIED:20260916T103631Z
UID:106284-1789819200-1789819200@vivalugo.es
SUMMARY:Inauguración de “Sustrato habitual”\, exposición individual de Román Corbato
DESCRIPTION:INAUGURACIÓN | SUSTRATO HABITUAL | ROMÁN CORBATO na Galería Néboa \n«O sábado 19 de setembro ás 12 h inauguramos “Sustrato habitual”\, exposición individual de Román Corbato (Xixón\, 1980). \nEn “Sustrato habitual”\, a xeoloxía e o territorio adquiren un papel central. A lousa\, os mapas\, as estratificacións\, as formas de erosión e os materiais atopados permítenlle ao artista achegarse a un tempo que excede a escala humana: un tempo profundo\, inscrito na materia e na paisaxe. \nA exposición estará acompañada dun texto de Cristina Ramos\, escrito para a ocasión. \n“Sustrato habitual” forma parte de ABERTO 2026\, a inauguración conxunta das galerías da Asociación Contemporánea.» https://www.instagram.com/galerianeboa/ \nRomán Corbato (Xixón\, 1980) é artista visual\, investigador e docente na Facultade de Deseño da Universidade de Vigo. Doutor en Arte Contemporánea: Creación e Investigación pola Universidade de Vigo e Arquitecto pola Universidade da Coruña. A través dunha mirada expandida da escultura\, que inclúe instalación\, vídeo\, fotografía e debuxo\, o seu traballo céntrase nas relacións entre os individuos e os lugares que habitan\, reconfigurando as distintas conexións entre contextos\, obxectos e símbolos. \nAo longo da súa traxectoria recibiu\, entre outros recoñecementos\, o I Premio da III Convocatoria de Intervencións Artísticas nas Torres Hejduk da Cidade da Cultura de Galicia (2015)\, o I Premio do Certame Nacional de Artes Plásticas Art Nalón (2016)\, o Premio Proxecto Expositivo á Produción do Centro Valey (2016) e o Premio NH Collection Santiago na feira Cuarto Público (2016). A súa obra forma parte de coleccións como a Fundación Pública Galega Camilo José Cela\, a Fundación Florencio de la Fuente e a Pinacoteca Municipal de Langreo\, ademais de coleccións particulares.
URL:https://vivalugo.es/evento/inauguracion-de-sustrato-habitual-exposicion-individual-de-roman-corbato/
LOCATION:Galería Néboa\, Lamas de Prado 31\, Lugo\, 27004
CATEGORIES:Expos
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/09/sustrato-habitual.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20260921
DTEND;VALUE=DATE:20261114
DTSTAMP:20260922T172920Z
CREATED:20260920T063947Z
LAST-MODIFIED:20260922T172920Z
UID:72068-1789948800-1794614399@vivalugo.es
SUMMARY:Exposicións en Lugo
DESCRIPTION:MUSEO PROVINCIAL DE LUGO\nPl. de la Soledad\, s/n\, 27001 Lugo \nHorario de inverno (1 de novembro – 30 de maio): De martes a sábado: De 10:00 a 13:30 e de 16:00 a 20:30 / Domingos e festivos: De 10:00 a 16:00 / Luns pechado \nHorario de verán (1 de xuño – 30 de outubro): De martes a sábado: De 10:00 a 13:30 e de 16:00 a 20:30 / Domingos e festivos: De 10:00 a 16:00 / Luns pechado \nweb oficial. \nO VELLO CÁRCERE \nA exposición permanente ‘O Vello Cárcere: da Guerra á Posguerra’ foi organizada polo Concello de Lugo e a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (A.R.M.H). A etapa da guerra civil e da posguerra dentro desta prisión queda ó descuberto a través das súas vítimas. Son as testemuñas e os recordos das persoas que estiveron retidas dentro destes muros por motivos inxustificados\, os que nos desvelarán as duras condicións ás que foron sometidas. \n‘O Vello Cárcere: da Guerra á Posguerra’ convértese\, deste xeito\, nunha homenaxe e nun espazo de encontro para dialogar e reflexionar sobre o pasado traumático que supuxo a guerra e a ditadura. \nA exposición permanente «Elas» é froito do traballo da investigadora\, ensaísta e mestra Aurora Marco. Durante máis de vinte anos\, levou a cabo un exhaustivo traballo de investigación acerca de mulleres galegas que sobresaíron ao longo da historia en diferentes campos e disciplinas. Como resultado deste labor xorde a publicación exposta nesta mostra\, cuxa edición se limitou a 155 exemplares. Nela recóllense 410 biografías destas mulleres galegas. \nEsta exposición está así mesmo composta por serigrafías realizadas por artistas galegas contemporáneas\, que tomaron como inspiración as historias aquí recollidas. Elas son Chelo Rodríguez\, Ehlaba Carballo\, Irene Silva Xiráldez\, María Manuela\, María Xesús Díaz\, Novais\, Sabela Arias Castro e Vanessa Lodeiro. \nA exposición permanente da Escola de Arte Superior de Deseño Ramón Falcón presenta nas celas do segundo andar do panóptico −espazo cedido permanentemente−\, a primeira das súas exposicións temporais en O Vello Cárcere. \nA mostra amosa unha escolma de traballos do seu alumnado e xira arredor dos estudos que ofrece: Serigrafía\, Gravado e Técnicas de Estampación\, Fotografía e Cerámica (ensinanzas profesionais); e Deseño Gráfico e Deseño de Interiores (estudos de Grao) \nInformación sobre O Vello Cárcere de Lugo e as exposicións temporais: \nPraza da Constitución\, s/n\, 27002 Lugo \nHorario: luns a sábado 11:00 a 14:00 e 16:00 a 20:00 horas. Domingo:  11:00 a 14:00 e 16:00 a 19:00 horas \nWeb oficial O Vello Cárcere de Lugo \n——————————————————————————————————–\nMUSEO MIHL – Museo Interactivo da Historia de Lugo\nAlberga un contido expositivo permanente que repasa a evolución histórica da cidade de Lugo mediante recursos audiovisuais\, maquetas interactivas e paneis informativos. Tamén conta cunha pequena selección de pezas arqueolóxicas entre as que destaca o monolito granítico que recolle a inscrición fundacional da cidade\, mandado levantar por Paulo Fabio Máximo en honor ao emperador Augusto. \nTamén se exhiben outras pezas de interese\, como unha máscara teatral de terracota e un conxunto de pezas epigráficas e cerámicas. \nInformación sobre o MIHL e as súas exposicións temporais: \nAv. Infanta Elena\, s/n\, 27003 Lugo \n982 297 446 \n \nWeb oficial do Museo MIHL \n———————————————————————————————————-\nMUSEOS MUNICIPAIS DE LUGO\nCasa dos Mosaicos ou Domus Oceani\nHorario\, exposicións … Web oficial da Casa dos Mosaicos ou Domus Oceani \nCentro arqueolóxico San Roque\nHorario\, exposicións … Web oficial do Centro arqueolóxico San Roque \nSala de Exposicións Porta Miñá\nHorario\, exposicións … Web oficial da Sala de Exposicións Porta Miñá \nCentro de Interpretación da Muralla\nHorario\, exposicións … Web oficial do Centro de Interpretación da Muralla \nGALERÍA SOLAINA\nRúa Camiño Real 88\, baixo. \nhttps://www.instagram.com/solaina.galeria/ \nGALERÍA NÉBOA\nLamas de Prado\, 31\, Lugo 27004 \nhttps://www.instagram.com/galerianeboa/ \nGALERÍA NOVA RÚA\nRúa Nova 114 -116 Bajo\, Lugo 27001 \nhttps://www.instagram.com/galerianovarua/ \nGALERÍA LA CATEDRAL\nObispo Basulto 12\, 27001-Lugo – 982 240 992 \ny\nBolaño Rivadeneira 17\, 27001 Lugo – 982 24 21 14 – Lunes a sábado 11:00 a 14:00 y 17:00 a 21:00 horas
URL:https://vivalugo.es/evento/exposicions-en-lugo/
CATEGORIES:Expos
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2024/01/banner-expos-en-lugo-cuadrado-2024.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260923T190000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260923T190000
DTSTAMP:20260921T171152Z
CREATED:20260921T171152Z
LAST-MODIFIED:20260921T171152Z
UID:106768-1790190000-1790190000@vivalugo.es
SUMMARY:Inauguración da exposición "O legado do tempo. Colección de reloxos de José Antonio Puentes Romay"
DESCRIPTION:Inauguración da exposición «O legado do tempo. Colección de reloxos de José Antonio Puentes Romay» \nMércores 23 de setembro ás 19:00 h. no Museo Provincial de Lugo \nNeste ano 2026 ingresou no Museo Provincial de Lugo\, por doazón\, un gran legado de José Antonio Puentes Romay baseado nunha importante colección de reloxos que pasan a engrosar os fondos do departamento de Etnografía/Artes Decorativas do MPL.\nCon motivo da incorporación destes 194 bens\, e continuando co programa Coleccionismo e museos que o MPL comezou en 2025\, organízase esta exposición cos seguintes obxectivos: \n• Destacar a importancia do coleccionismo e do mecenado na conformación das coleccións museísticas públicas.\n• Crear diálogos entre o patrimonio cultural galego e o doutras zonas xeográficas a través dunha exposición de contido diverso aínda que monográfica.\n• Contribuír á difusión\, interpretación e posta en valor do patrimonio cultural neste caso aplicado ás artes decorativas: unha colección de reloxos.\n• Promover a socialización do patrimonio a través dun museo público pluridisciplinar.\n• Amosar á sociedade os fondos museográficos que se incorporan por mor de destacadas doazóns públicas e gratuítas.\n• Relacionar a transferencia do coñecemento coas sinerxías de valor social\, a nivel local e xeral\, desde formulacións concretas mais transversais. \nFICHA TÉCNICA: \nTítulo: O legado do tempo. Colección de reloxos de José Antonio Puentes Romay\nPrograma: Coleccionismo e museos. 2026. MPL.\nDatas: Desde o 23 de setembro ata 15 de novembro de 2026.\nLugar: Sala de exposicións temporais do MPL.\nCoordinación xeral: Aurelia Balseiro García. Dirección MPL\nComisariado: Paula Salinas Somoza. Responsable do Departamento de Etnografía/AA.DD. MPL.\nAdxunto á coordinación e comisariado: Negociado de Coleccións do MPL.\nTextos: Departamento de Etnografía e Artes Decorativas do MPL. e Xaime Varela Sieiro.\nConservación e restauración: Departamento de Restauración do MPL.\nColaboracións: Departamento de Montaxe de Exposicións do MPL\, Negociado de Coleccións do MPL. Jesús Chao López e Lidia Copa Álvarez. \nMáis información: Aurelia Balseiro García (direccion@museolugo.org / 982 242 112)
URL:https://vivalugo.es/evento/inauguracion-da-exposicion-o-legado-do-tempo-coleccion-de-reloxos-de-jose-antonio-puentes-romay/
LOCATION:Museo Provincial de Lugo\, Praza da Soidade\, s/n\, Lugo\, 27001
CATEGORIES:Expos
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/09/inauguracion-expo-o-legado.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260924T200000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260924T200000
DTSTAMP:20260922T165428Z
CREATED:20260921T170704Z
LAST-MODIFIED:20260922T165428Z
UID:106766-1790280000-1790280000@vivalugo.es
SUMMARY:Inauguración da exposición PARTIR / CORTAR / RISCAR de Catara Rego
DESCRIPTION:Solaina²\, o novo espazo da galería Solaina en Lugo\, inicia a súa programación o vindeiro xoves 24 ás 20h con «PARTIR / CORTAR / RISCAR»\, unha proposta da artista visual e fotógrafa Catara Rego (Meira\, Lugo\, 1996) que aborda a extracción como unha ferramenta de transformación territorial e como un proceso mediante o cal a paisaxe é convertida en material de consumo. \nA exposición parte dunha operación aparentemente sinxela: extraer. Un territorio que antes formaba parte dunha paisaxe pasa a ser separado\, medido e definido polas súas características físicas —tamaño\, forma\, composición— para adquirir un novo valor e converterse nunha unidade comercializable. \nEn «PARTIR / CORTAR / RISCAR»\, Rego traslada esta lóxica de extracción ao propio espazo expositivo a través de dúas fotografías e unha peza de aluminio. As imaxes rexistran o rastro físico deixado sobre a pedra\, facendo visible o corte como pegada dun proceso de transformación. A superficie natural aparece así marcada pola acción extractiva\, convertendo a ferida no principal rexistro do que sucedeu. \nA peza de aluminio leva esta operación un paso máis alá ao trasladar un fragmento dese terreo a un soporte industrial. A obra reproduce\, en certo modo\, a mesma operación realizada pola canteira sobre a paisaxe: separar unha superficie do seu lugar de orixe para convertela nun obxecto. \nO traballo propón así unha reflexión sobre a maneira na que a extracción modifica non só a configuración física do territorio\, senón tamén a súa percepción e o seu valor. Ao separar un fragmento da terra e presentalo como obxecto\, a exposición pon en cuestión os procesos polos que unha paisaxe deixa de ser entendida como territorio para pasar a ser considerada materia\, recurso e mercadoría. \nA proposta adquire unha dimensión especialmente significativa no contexto galego\, onde a explotación de recursos minerais e pétreos forma parte da transformación histórica e contemporánea de numerosas paisaxes. Sen buscar representar directamente unha canteira\, Rego concentra a atención nun dos seus xestos fundamentais: partir\, cortar\, riscar\, separar. \nA primeira exposición de Solaina² establece así unha relación directa entre o novo espazo e a investigación da artista. Se Solaina² propón mirar cara ao interior desde a rúa\, «PARTIR / CORTAR / RISCAR» introduce nese pequeno espazo unha reflexión sobre outra forma de mirar o territorio: observar as marcas\, os cortes e as operacións que determinan aquilo que vemos e aquilo que queda oculto. \nSobre Catara Rego\nCatara Rego (Meira\, Lugo\, 1996) é artista visual e fotógrafa. A súa práctica abrangue a fotografía documental\, a instalación\, o vídeo e a escultura\, e céntrase na paisaxe como lugar no que conflúen explotación territorial\, identidade e memoria. \nGraduada en Belas Artes e en Deseño pola Universidade Francisco de Vitoria\, conta cun máster en Fotografía de Autor e Xestión de Proxectos pola escola EFTI de Madrid. \nO seu proxecto «Zona de sacrificio» recibiu o Premio Descubrimientos PHE23 de PHotoESPAÑA e foi presentado no Silo de Hortaleza no marco de PHotoESPAÑA 2024\, en Madrid\, e no Museu de la Mediterrània dentro do Festival Mirades\, en Torroella de Montgrí\, en 2025. \nEn 2025 presentou tamén a exposición individual «Inventario de geometría continua» en Navel\, dentro do Festival OFF PHotoESPAÑA de Madrid. O seu traballo foi mostrado\, entre outros espazos\, en Matadero Madrid\, Fundación Luis Seoane\, Auditorio de Galicia\ne JustMad Art Fair. \nSolaina²\nSolaina² é un novo dispositivo expositivo creado no interior de Solaina\, situado nunha das esquinas da galería e visible exclusivamente desde a rúa a través do seu ventanuco. \nConcibido como unha extensión do espazo habitual da galería\, Solaina² combinará propostas específicas para este pequeno formato coa programación expositiva de Solaina\, que continuará desenvolvéndose tamén na totalidade da sala. \nCon esta primeira exposición\, Solaina² comeza a construír unha programación propia e a explorar as posibilidades dun espazo que se sitúa nun punto intermedio entre a galería e a rúa\, entre o interior e o exterior\, e entre a experiencia expositiva e o xesto cotiá de\nasomarse para mirar
URL:https://vivalugo.es/evento/inauguracion-da-exposicion-partir-cortar-riscar-de-catara-rego/
LOCATION:Galería Solaina\, Rúa do Caminho Real 88\, Baixo\, Lugo\, Lugo
CATEGORIES:Expos
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/09/inauguracion-exposicion-partir.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260925T200000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260925T200000
DTSTAMP:20260924T113643Z
CREATED:20260924T113643Z
LAST-MODIFIED:20260924T113643Z
UID:106844-1790366400-1790366400@vivalugo.es
SUMMARY:Inauguración de "Comecocos" una exposición de IVÁN PRIETO
DESCRIPTION:Inauguración de «Comecocos» una exposición de IVÁN PRIETO \nViernes 25 de septiembre de 2026 \n20:00 horas \nGalería La Catedral (Obispo Basulto 12)
URL:https://vivalugo.es/evento/inauguracion-de-comecocos-una-exposicion-de-ivan-prieto/
LOCATION:Galería La Catedral (Obispo Basulto)\, Obispo Basulto 12\, Lugo
CATEGORIES:Expos
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/09/inauguracion-de-comecocos.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260926T130000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260926T130000
DTSTAMP:20260924T113151Z
CREATED:20260924T112418Z
LAST-MODIFIED:20260924T113151Z
UID:106841-1790427600-1790427600@vivalugo.es
SUMMARY:Inauguración da instalación “FEEDBACK\, un musical antifuturista”
DESCRIPTION:Inauguración da instalación “FEEDBACK\, un musical antifuturista” do colectivo peruano AMiXR.\nSábado 26 ás 13:00 h no espazo Leira (Praza do Campo\, Lugo) \nFEEDBACK é un musical antifuturista e unha experiencia inmersiva en vídeo 360° que explora a intersección entre a ancestralidade\, as tecnoloxías dixitalizadoras e o contorno virtual. \nTras inxerir un brebaxe místico\, a persoa participante é arrastrada a un ritual espiritual transformado en pesadelo dixital. Nun percorrido por espazos liminais\, huacas e santuarios ancestrais peruanos\, os corpos físicos reconfigúranse en avatares tridimensionais\, enfrontándose ás posibilidades\, expansións\, tensións e ameazas do mundo virtual. \nA obra e a proposta de AMiXR\nAMiXR situa o seu traballo na intersección entre a experimentación crítica con ferramentas dixitais e a procura dunha harmonía entre o ancestral e o virtual. Inspiradas pola cultura latina de redes como hi5 e os trends de TikTok\, as súas obras nacen de experiencias temperás coa virtualidade. \nCon FEEDBACK\, o colectivo propón un formato musical en realidade virtual que evidencia a nosa fraxilidade fronte a un contorno dixital en constante avance. AMiXR busca xerar un percorrido con visuales a medio renderizar e performances radicais para cuestionar a nosa relación co software\, o internet e o territorio. \nAperturas e visitas guiadas (ás 19:00 h): 9/10\, 16/10\, 30/10\, 13/11 e 20/11.
URL:https://vivalugo.es/evento/inauguracion-da-instalacion-feedback-un-musical-antifuturista/
LOCATION:Leira Haus\, Praza do Campo 1 bis\, Lugo\, 27001
CATEGORIES:Expos
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/09/inauguracion-instalacion-feedback.jpeg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260928T190000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260928T190000
DTSTAMP:20260923T143626Z
CREATED:20260921T172654Z
LAST-MODIFIED:20260923T143626Z
UID:106773-1790622000-1790622000@vivalugo.es
SUMMARY:Inauguración da Exposición «Mulleres en Gaza»
DESCRIPTION:Inauguración da Exposición «Mulleres en Gaza» \nLuns 28 de setembro \n19:00 horas \nInauguración da mostra dos artistas Nour e Anwar Abu Rayan\, enmarcada no XX Aniversario da Rede Museística Provincial de Lugo. O acto celebrarase na Deputación Provincial de Lugo. \nA arte convértese así na linguaxe que colle o testemuño das palabras cando estas non son quen de definir con exactitude o que queremos expresar\, permitindo comunicar todo o que\, doutro modo\, resulta inabarcable.\n\nA exposición está composta por vinte cadros\, vinte escenas de vida errante e resistencia\, de dor e morte\, e do desgarro dun xenocicio que non cesa.\n\nTrátase de pinturas que narran a vida cotiá dunha poboación asediada por terra e aire\, un día a día de morte e dor que as irmás palestinas Nour e Anwar Abu Rayan retrataron armadas de pinceis e cores contra un exterminio que viviron dende a veciña Cisxordania\, conectadas por outras tantas violencias vividas en primeira persoa coas mulleres retidas e masacradas na Franxa.\n\nA través de obras como Cenizas de Vida\, Resistencia Frente al Genocidio\, El Grito de Gaza ou El Camino del Desplazamiento\, as artistas contan a historia de mulleres coma elas\, habitantes de Gaza e parte dunha Palestina que segue a mirarnos directamente aos ollos\, incluso cando hai tempo que xa non atopa grandes espazos dende os que ser contada.\n\nEsta proposta chega a Lugo da man da Coordinadora Galega de ONGD\, grazas ás organizacións Asemblea de Cooperación pola Paz e a súa parceira nos territorios ocupados\, o Psychosocial Counseling Center for Women (PSCCW)\, ambas as dúas depositarias da obra de Nour e Anwar Abu Rayan e encargadas de facilitar a súa exposición.\n\nO PSCCW é unha organización palestina que traballa con mulleres e familias que viven as consecuencias máis duras da vulneración de dereitos\, a ocupación e as violencias\, mentres que Asemblea de Cooperación pola Paz aposta por unha cooperación solidaria\, transformadora e comprometida orientada a protexer a poboación civil e apoiar iniciativas que promovan a dignidade e a igualdade.\n\nPola súa banda\, a Coordinadora Galega de ONGD traballa dende Galicia para construír un modelo de cooperación transformadora baseado no desenvolvemento sustentable e no enfoque feminista e de dereitos humanos.\n\nLogo de pasar polo Centro Sociocultural do Castiñeiriño\, arroupada pola comunidade veciñal deste barrio de Santiago como parte do programa Compostela máis Solidaria\, a mostra atopa no vixésimo aniversario da Rede Museística Provincial un marco idóneo para reafirmar o papel dos museos como ferramentas de transformación social\, convidando a cidadanía lucense a achegarse a unha realidade que nos chama a non mirar para outro lado.\n\n\n\n\n\n\n\n\n Dende o 28 de setembro ao 30 de outubro
URL:https://vivalugo.es/evento/inauguracion-da-exposicion-mulleres-en-gaza/
LOCATION:Pazo de San Marcos – Deputación de Lugo\, Rúa San Marcos\, 8\, lugo\, Lugo\, 27001
CATEGORIES:Expos
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/09/inauguracion-expo-mulleres-gaza.jpg
END:VEVENT
END:VCALENDAR