BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//VivaLugo - ECPv6.15.13.1//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-WR-CALNAME:VivaLugo
X-ORIGINAL-URL:https://vivalugo.es
X-WR-CALDESC:Eventos para VivaLugo
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-Robots-Tag:noindex
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20240331T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20241027T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20250330T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20251026T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20260329T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20261025T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20251220T190000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20251220T190000
DTSTAMP:20260501T203706
CREATED:20251215T085438Z
LAST-MODIFIED:20251216T113854Z
UID:97840-1766257200-1766257200@vivalugo.es
SUMMARY:Inauguración da exposición "Lé papeó"
DESCRIPTION:Inauguración da exposición «Lé papeó» \nde @viviendocon.manso \nSábado 20 de decembro ás 19:00 horas – Solaina Galería\, Lugo \nO vindeiro sábado 20 de Decembro ás 19h a Galería Solaina acolle a exposición Lé\npapeó\, unha mostra do artista lucense Fran Manso que nace coa intención de mirarnos\ncon humor a través da comida\, convertendo os alimentos nun pequeno espello no que\nrecoñecer as nosas propias rarezas humanas. \nNa mostra\, os alimentos adquiren xestos e actitudes humanas que permiten xogar co que somos\, esaxeralo lixeiramente e observalo desde un ángulo máis amable. \nA exposición combina cor\, expresividade e unha boa dose de absurdo para lembrar que\no humor tamén é unha ferramenta esencial da arte\, capaz de ofrecer outras maneiras de\nmirar aquilo que adoita tomarse con excesiva seriedade. \nHumanizar o comestible transforma o cotián nun imaxinario propio\, no que cada peza funciona como unha microhistoria: ás veces absurda\, ás veces inquietante\, incluso algo sórdida\, pero sempre próxima. \nO humor actúa aquí como motor principal: un humor directo e visual que non pretende\ndar leccións\, senón invitar a entrar sen medo no territorio da arte. Serve tanto como fin —\nprovocar o sorriso— como como medio para falar do humano sen solemnidades. \nO título Lé papeó continúa este xogo conceptual. “Papeo”\, unha palabra claramente\nterrenal\, pasa polo filtro francés e regresa cun acento agudo e pretensións culinarias: un\ndisfraz chic para unha palabra de andar pola casa. Esta mestura entre aparencia e\nabsurdo resume con precisión o ton da exposición. \nA mostra reúne imáns de neveira\, stencils\, pegatinas\, esculturas e pinturas\, realizados\ncon cores chamativas e alegres que funcionan case como reclamo publicitario. A\ndiversidade de formatos e tipoloxías fai un guiño á variedade do propio consumo\,\nconfigurando un pequeno supermercado de criaturas alimentarias. \nMoitas das obras preséntanse en serie\, como os produtos dun supermercado\, facendo as pezas máis accesibles e achegando a arte ao público cunha naturalidade directa e cotiá. Outras\, como os imáns\, levan esta idea un paso máis alá\, trasladando a obra artística ao ámbito doméstico. \nLé papeó quere ser unha exposición accesible\, próxima e sen pretensións: unha\ninvitación a mirar con gusto\, a sorrir e\, se se quere\, a levar un anaco a casa para alegrar\nunha neveira ou unha parede. Porque ás veces o arte tamén se digire mellor con humor e\nbo apetito visual. \nSobre o artista\nFran Manso (Lugo\, 1989) comezou a debuxar antes mesmo de aprender a escribir. \nA súa formación artística iniciouse moi cedo no Círculo das Artes de Lugo da man de Blas\nLourés\, continuando posteriormente na Facultade de Belas Artes de Pontevedra e na\nÉcole Supérieure d’Angers. \nParalelamente\, formouse como conservador-restaurador de bens culturais\, traballando de preto con obras antigas e cos seus procesos materiais. \nO seu traballo combina este sólido bagaxe técnico cunha práctica ligada ao cotián. Aínda\nque emprega materiais contemporáneos como taboleiros laminados ou pintura acrílica\,\nincorpora frecuentemente referencias a procedementos clásicos\, mantendo unha\natención case artesanal ao detalle. \nA súa obra é esencialmente figurativa e céntrase na representación de seres vivos\, personaxes\, animais e criaturas híbridas\, destacando pola expresividade\, o xesto e a dimensión narrativa\, mesmo cando estes aparecen filtrados polo humor ou o absurdo. \nParticipou en diversas exposicións colectivas en institucións como o Museo Manuel\nTorres de Marín\, Antichambre —Hôtel Huger (Francia) ou o Pazo da Cultura de\nPontevedra. \nEntre as súas exposicións individuais destacan La Perita(2010)\, Casa da Cultura de Sada (2011) e Combustión Espontánea Art Gallery en Madrid (2014). \nNa súa obra máis recente\, investiga o humor como ferramenta visual e a posibilidade de achegar a arte ao ámbito doméstico sen perder rigor\, intereses que conflúen plenamente na exposición Lé\, papeó.
URL:https://vivalugo.es/evento/inauguracion-da-exposicion-le-papeo/
LOCATION:Galería Solaina\, Rúa do Caminho Real 88\, Baixo\, Lugo\, Lugo
CATEGORIES:Expos
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2025/12/inauguracion-expo-le-papeo.jpg
END:VEVENT
END:VCALENDAR