BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//VivaLugo - ECPv6.16.4.1//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-WR-CALNAME:VivaLugo
X-ORIGINAL-URL:https://vivalugo.es
X-WR-CALDESC:Eventos para VivaLugo
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-Robots-Tag:noindex
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20250330T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20251026T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20260329T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20261025T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20270328T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20271031T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260516T123000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260516T123000
DTSTAMP:20260512T090141Z
CREATED:20260511T171858Z
LAST-MODIFIED:20260512T090141Z
UID:102951-1778934600-1778934600@vivalugo.es
SUMMARY:Inauguración da exposición "Truer" de Sara Piñeiro
DESCRIPTION:A galería NÉBOA (Lugo) inaugura o sábado 16 de maio ás 12:30 h a exposición individual de Sara Piñeiro (Sanxenxo\, 1996)\, cun texto de Eva Antelo Mata. \nBaixo o título Truer\, a mostra aborda a construción da imaxe a partir de materiais fráxiles e dispositivos auxiliares —como cintas adhesivas e po mineral— que a artista somete a procesos de desactivación para anular a súa función orixinal. \nLiberados do seu uso habitual\, estes materiais convértense en superficies inestables e reconfigurables\, dispostas mediante xestos repetitivos que poñen o foco no proceso\, o tempo e nas estruturas invisibles que sosteñen a imaxe. \nComo sinala Eva Antelo Mata\, a exposición propón unha mirada atenta ao mínimo e ao imperceptible\, deténdose naquilo que adoita quedar fóra do foco e convidando a desacelerar a percepción. \nFronte á velocidade superficial\nTruer é un contafíos. Unha lupa que magnifica a trama do que nos rodea e coloca a nosa vista sobre o tecido que conforma as cousas\, as súas unidades mínimas e os seus procesos invisibles. \nAs obras desta exposición fannos calzar uns zapatos alleos: redúcennos o tamaño\, enxalzan o xesto mínimo e pídennos tempo e coidados para o que convencionalmente lle restamos valor. \nSara Piñeiro convídanos a unha ollada vagarosa que enlaza recordos de infancia con preguntas da adultez\, que rescata con delicadeza o que se desbota sen pensar. Na mesma sala na que explora incertezas existenciais do seu presente\, compártenos o recordo duns debuxos esquecidos deses primeiros días cun lapis na man\, unhas pequenas covas onde gorecía aos animais da súa imaxinación. \nOs materiais empregados son subprodutos da industria\, materiais auxiliares e periféricos doutras profesións e sectores: elementos necesarios para facer posible a nosa cotiandade\, mais deseñados para pasar desapercibidos. \nAquí\, deixan de ser instrumento para converterse nun fin en si mesmos: reprogramar\, reconstruír e retecer doutra maneira. Fan preciso agacharnos e observar con atención as estruturas que nos sosteñen; observar\, analizar e chegar á materia prima das cousas\, para recompoñer\, recuperar\, des-alienar. \nEsta exposición proponnos deixar de esvarar infinitamente cara abaixo polas nosas\npantallas e profundizar mirando debaixo. Que tece a nosa visión? Que fíos se entrelazan para urdir a imaxe do que somos\, do que queremos ser? \nLembremos que a representación da realidade nunha pantalla xorde grazas a centos\, miles de pequenísimas fontes de luz\, que\, á súa vez\, reciben instrucións de miles e millóns de ceros e uns\, entramados de xeito\nespecífico para transmitir esa información. \nMesmo na arte esquecémonos moitas veces de observar\, precisamente\, esa luz que nos permite percibir unha obra: todos eses útiles de iluminación que\, malia estaren fóra do horizonte de visión\, fan visible a peza\, do mesmo xeito que nos falan con sinceridade sobre a historia do espazo que alberga a arte\, sobre os medios e recursos dos que dispón\, sobre os procesos que atravesou. \nMais tamén cabe preguntarse pola parte física da imaxe: os minerais que a terra agocha son os que fan posible a simulación virtual. Do chan que nos sostén extraemos unha cantidade innumerable de recursos que damos por sentado e non visualizamos as consecuencias; a ética para co medio e as comunidades das que se veñen extraendo estes materiais é unha das cuestións máis urxentes a resolver para o noso futuro global. \nO punto de partida de Sara Piñeiro é unha canteira familiar\, na que o granito arrincado do chan levanta edificios a kilómetros del e sostén luxos alleos. Desa pedra que xa non está só quedou\, como residuo\, o po de granito que produciron as máquinas de corte; o mesmo po que forma parte das súas pezas. \nEstas partículas de cuarzo\, mica e feldespato pasan de subproduto industrial a sedimento biográfico: integradas co látex\, son pel do pasado; son\, agora\, algo máis que a pedra que antes eran. \nDende aquí\, continúa para incorporar todo tipo de partículas do próximo\, recollendo a voaxa cotiá de fogares\, rúas e terceiros espazos; restos de agresións\, modificacións e erosión das superficies que nos acompañan; pegadas das vidas que por elas pasan. \nSara Piñeiro\n(Sanxenxo\, 1996) desenvolve a súa práctica entre Galicia e o País Vasco. O seu traballo sitúase nun territorio adisciplinar desde o que investiga a tensión entre imaxe e aparencia\, articulada a través do uso de materiais fráxiles e formatos que operan como superficies sensibles. Nelas\, a artista atende ás connotacións\, xestos e desprazamentos que o propio material é capaz de activar\, poñendo en cuestión os réximes de visibilidade e construción da imaxe. \nÉ graduada en Belas Artes pola Universidade de Vigo\, onde tamén cursa o Máster en Dirección de Arte en Publicidade\, formación que compaxina cunha bolsa de colaboración no Departamento de Pintura da Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Previamente\, estuda Bioloxía na Universidade de Santiago de Compostela. Completa a súa formación co Máster en Pintura pola EHU/UPV e unha estancia no estudo de Regina de Miguel en Berlín. \nActualmente desenvolve unha investigación doutoral arredor da autoimaxe do artista contemporáneo como dispositivo estrutural nos novos territorios mediáticos\, en relación coa praxe artística\, tras obter unha bolsa predoutoral da Xunta de Galicia. En 2025 amplía esta investigación cunha estancia na Universiteit van Amsterdam. \nEn 2026 é seleccionada para a segunda edición das residencias Novos Valores\, no marco das cales desenvolve estancias na Walter Leblanc Foundation (Bruxelas) e no Centro de Creación Contemporánea Matadero Madrid; os resultados deste proceso presentaranse na Bienal de Pontevedra de 2027. Previamente\, foi artista residente no Encontro de Artistas Emerxentes do Pazo de Mariñán (2025) e nas Residencias Artísticas Celestino Cuevas\, en Reinosa (2025). \nO seu traballo presentouse en institucións e espazos como o Auditorio de Galicia\, o Museo de Pontevedra\, Espacio Alexandra\, Sala El Brocense\, Casa de la Alhóndiga e o Palacio de Horcasitas\, entre outros.
URL:https://vivalugo.es/evento/inauguracion-da-exposicion-truer-de-sara-pineiro/
LOCATION:Galería Néboa\, Lamas de Prado 31\, Lugo\, 27004
CATEGORIES:Expos
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/05/exposicion-truer.jpg
END:VEVENT
END:VCALENDAR