BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//VivaLugo - ECPv6.16.2//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-WR-CALNAME:VivaLugo
X-ORIGINAL-URL:https://vivalugo.es
X-WR-CALDESC:Eventos para VivaLugo
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-Robots-Tag:noindex
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20250330T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20251026T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20260329T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20261025T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20270328T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20271031T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260604T180000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260604T180000
DTSTAMP:20260618T104217
CREATED:20260601T135720Z
LAST-MODIFIED:20260602T100538Z
UID:103796-1780596000-1780596000@vivalugo.es
SUMMARY:Inauguración da exposición "Contemos multitudes. Dano cerebral adquirido\, onde as cousas perdidas volven estar ben"
DESCRIPTION:Inauguración da exposición «Contemos multitudes. Dano cerebral adquirido\, onde as cousas perdidas volven estar ben» \nXoves 04 de xuño de 2026 \n18:00 horas \nO Vello Cárcere de Lugo \nPresentarase por primeira vez o libro que acompaña a exposición e que amplía a colección de retratos que se poden ver na mesma. O deseño da gráfica da exposición é de Xaime Fandiño\, que tamén se encargou de dar forma a un coidado libro-obxecto que se vai agasallar a todas as persoas que asistan ao acto de inauguración da exposición. \nAs imaxes son da autoría de Fuco Reyes e das persoas participantes no Laboratorio Artístico e Creativo do Dano Cerebral Adquirido. \nA exposición vai estar ata o 30 de xullo. O centro cultural abre todos os días de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00. \n“Vou ata o límite\, vou ata o final. Vou onde todas as cousas perdidas volven estar ben” sentencia Bob Dylan na súa canción I Contain Multitudes. \nUnha declaración que podía ter saído da boca de calquera persoa con dano cerebral adquirido unha vez transitado o dó e interiorizada a cronicidade das secuelas que compoñen a súa discapacidade. \nEstas son diferentes en intensidade\, cantidade e tipoloxía\, dependen da persoa e do lugar do cerebro no que o ictus ou o traumatismo cranioencefálico -por citar as principais causas- provocou a lesión. \nMultitude de secuelas\, multitude de persoas\, multitude de sensacións de ida e volta\, do antes e o despois desta discapacidade adquirida que o cambia todo para a persoa e para a súa familia e contorna social. \nO cantautor Nobel levaba na canción ao presente o poema de Walt Whitman. Este\, co seu “Contradígome. Son grande\, conteño multitudes”\, tamén parece retratar a experiencia dunha persoa con dano cerebral\, que é a de antes\, pero tamén é unha persoa nova tralo dano. Con contradicións\, con novidades\, con variedade\, pero tamén a mesma\, sempre. \nEsta reflexión sobre o dó\, sobre o cambio e sobre a readaptación foi a que sobrevoou cada un dos retratos de Fuco Reyes que compoñen a exposición ‘Contemos multitudes. Dano cerebral adquirido\, onde as cousas perdidas volven estar ben’. \nDano Cerebral Galicia e Dano Cerebral Lugo
URL:https://vivalugo.es/evento/inauguracion-da-exposicion-contemos-multitudes-dano-cerebral-adquirido-onde-as-cousas-perdidas-volven-estar-ben/
LOCATION:O Vello Cárcere\, Av. Alcalde Anxo López Pérez\, 10\, Lugo\, Lugo\, 27002\, Spain
CATEGORIES:Expos
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/06/inauguracion-exposicion-contemos.jpg
END:VEVENT
END:VCALENDAR