BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//VivaLugo - ECPv6.17.4.1//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-ORIGINAL-URL:https://vivalugo.es
X-WR-CALDESC:Eventos para VivaLugo
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-Robots-Tag:noindex
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20250330T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20251026T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20260329T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20261025T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20270328T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20271031T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260915T190000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260915T190000
DTSTAMP:20260914T150748Z
CREATED:20260914T142902Z
LAST-MODIFIED:20260914T150748Z
UID:106253-1789498800-1789498800@vivalugo.es
SUMMARY:Inauguración da exposición 21 S(empre)
DESCRIPTION:A Área de Cultura da Deputación de Lugo\, a través da Rede Museística Provincial\, inaugura este martes 15 de setembro\, ás 19.00 horas\, no Museo Provincial de Lugo\, a exposición 21 S(empre). \nO proxecto nace como un acto colectivo de memoria\, compromiso e reivindicación\, concibido para facer visible a realidade do Alzheimer\,\ndefender a dignidade das persoas afectadas e esixir unha sociedade que non deixe a ninguén atrás. \nUnha fronte común desde a creación artística e a comunidade \nNesta exposición\, o traballo colaborativo adquire un papel central ao integrar diversas perspectivas e disciplinas. \nA mostra reúne a obra de Caxigueiro\, Juanel\, Cristina Basanta\, Mauro Leivas\, Martín Lestao\, Belén Mogo\, Neira Brochs\, Chus Lage\, Carmen Llonín\, Ignacio Castro “Nachok”\, Galiensoup\, Lu Vila\, Julián Bouza\, Alicia Puchades\, Carmen Porteiro\, Pedro Cabarcos\, David Catá\, H. Xeada\, Laura Díaz\, Ma Jesús Alonso López\, Dolores Guerrero\, Cris Bamio\, Noa Persán\, Soila Jankowska\, Xoán Vila\, Xosé Manuel Otero\, Hanoi Vidal\, Lomarti\, Juan Pablo Mastroianni\, Macía\, José Manuel Peña Romay e Joana Vilaverde. \nA toda esta creación individual súmase a participación colectiva do IES Alfoz-Valadouro\, incorporando as voces e as miradas do seu alumnado. \nO proxecto\, que conta co comisariado de Encarna Lago González e Silvia Fiallega Lorenzo\, envolve tamén as asociacións\, as persoas con Alzheimer\, as súas familias e os propios museos\, demostrando que a cultura funciona como unha ferramenta vital de transformación social e acompañamento. \nMáis de vinte anos construíndo unha cultura que coida\nEsta iniciativa non representa unha acción illada dentro do traballo da institución. 21 S(empre) consolida unha historia de dedicación continua que arrancou no ano 2003 mediante a colaboración con AFALU e que seguiu medrando xunto a AFAMÓN desde 2007\, ademais do estreito labor desenvolvido na Mariña con AFAN Burela e AFA Viveiro. \nDesde os seus inicios\, a Rede Museística baseou a súa xestión na museoloxía social\, abrindo as portas á comunidade e demostrando que o patrimonio unicamente adquire pleno sentido cando se pon ao servizo das persoas. A través de obradoiros\, visitas adaptadas e proxectos de memoria compartida\, os museos transformáronse en espazos vivos e corresponsables coa súa contorna. \n«O “NON” xa non é resposta»\nCada obra presente nesta exposición funciona como unha voz individual que\, en conxunto\, xera unha forte reivindicación. \nA Rede Museística Provincial asume como propia a reclamación de CEAFA para esixir que as innovacións e os tratamentos aprobados cheguen a todas as persoas que os necesitan\, garantindo a equidade e eliminando as exclusións por motivos económicos ou xeográficos. \nA mostra pon de manifesto que o Alzheimer non espera\, que a memoria é fundamental\, que os museos teñen un papel activo no coidado da sociedade e que a falta de resposta institucional e sanitaria xa non é aceptable.
URL:https://vivalugo.es/evento/inauguracion-da-exposicion-21-sempre/
LOCATION:Museo Provincial de Lugo\, Praza da Soidade\, s/n\, Lugo\, 27001
CATEGORIES:Expos
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/09/inauguracion-21-sempre.jpeg
END:VEVENT
END:VCALENDAR