BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//VivaLugo - ECPv6.17.4.1//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-ORIGINAL-URL:https://vivalugo.es
X-WR-CALDESC:Eventos para VivaLugo
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-Robots-Tag:noindex
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20250330T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20251026T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20260329T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20261025T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20270328T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20271031T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20260921
DTEND;VALUE=DATE:20261114
DTSTAMP:20260922T172920Z
CREATED:20260920T063947Z
LAST-MODIFIED:20260922T172920Z
UID:72068-1789948800-1794614399@vivalugo.es
SUMMARY:Exposicións en Lugo
DESCRIPTION:MUSEO PROVINCIAL DE LUGO\nPl. de la Soledad\, s/n\, 27001 Lugo \nHorario de inverno (1 de novembro – 30 de maio): De martes a sábado: De 10:00 a 13:30 e de 16:00 a 20:30 / Domingos e festivos: De 10:00 a 16:00 / Luns pechado \nHorario de verán (1 de xuño – 30 de outubro): De martes a sábado: De 10:00 a 13:30 e de 16:00 a 20:30 / Domingos e festivos: De 10:00 a 16:00 / Luns pechado \nweb oficial. \nO VELLO CÁRCERE \nA exposición permanente ‘O Vello Cárcere: da Guerra á Posguerra’ foi organizada polo Concello de Lugo e a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (A.R.M.H). A etapa da guerra civil e da posguerra dentro desta prisión queda ó descuberto a través das súas vítimas. Son as testemuñas e os recordos das persoas que estiveron retidas dentro destes muros por motivos inxustificados\, os que nos desvelarán as duras condicións ás que foron sometidas. \n‘O Vello Cárcere: da Guerra á Posguerra’ convértese\, deste xeito\, nunha homenaxe e nun espazo de encontro para dialogar e reflexionar sobre o pasado traumático que supuxo a guerra e a ditadura. \nA exposición permanente «Elas» é froito do traballo da investigadora\, ensaísta e mestra Aurora Marco. Durante máis de vinte anos\, levou a cabo un exhaustivo traballo de investigación acerca de mulleres galegas que sobresaíron ao longo da historia en diferentes campos e disciplinas. Como resultado deste labor xorde a publicación exposta nesta mostra\, cuxa edición se limitou a 155 exemplares. Nela recóllense 410 biografías destas mulleres galegas. \nEsta exposición está así mesmo composta por serigrafías realizadas por artistas galegas contemporáneas\, que tomaron como inspiración as historias aquí recollidas. Elas son Chelo Rodríguez\, Ehlaba Carballo\, Irene Silva Xiráldez\, María Manuela\, María Xesús Díaz\, Novais\, Sabela Arias Castro e Vanessa Lodeiro. \nA exposición permanente da Escola de Arte Superior de Deseño Ramón Falcón presenta nas celas do segundo andar do panóptico −espazo cedido permanentemente−\, a primeira das súas exposicións temporais en O Vello Cárcere. \nA mostra amosa unha escolma de traballos do seu alumnado e xira arredor dos estudos que ofrece: Serigrafía\, Gravado e Técnicas de Estampación\, Fotografía e Cerámica (ensinanzas profesionais); e Deseño Gráfico e Deseño de Interiores (estudos de Grao) \nInformación sobre O Vello Cárcere de Lugo e as exposicións temporais: \nPraza da Constitución\, s/n\, 27002 Lugo \nHorario: luns a sábado 11:00 a 14:00 e 16:00 a 20:00 horas. Domingo:  11:00 a 14:00 e 16:00 a 19:00 horas \nWeb oficial O Vello Cárcere de Lugo \n——————————————————————————————————–\nMUSEO MIHL – Museo Interactivo da Historia de Lugo\nAlberga un contido expositivo permanente que repasa a evolución histórica da cidade de Lugo mediante recursos audiovisuais\, maquetas interactivas e paneis informativos. Tamén conta cunha pequena selección de pezas arqueolóxicas entre as que destaca o monolito granítico que recolle a inscrición fundacional da cidade\, mandado levantar por Paulo Fabio Máximo en honor ao emperador Augusto. \nTamén se exhiben outras pezas de interese\, como unha máscara teatral de terracota e un conxunto de pezas epigráficas e cerámicas. \nInformación sobre o MIHL e as súas exposicións temporais: \nAv. Infanta Elena\, s/n\, 27003 Lugo \n982 297 446 \n \nWeb oficial do Museo MIHL \n———————————————————————————————————-\nMUSEOS MUNICIPAIS DE LUGO\nCasa dos Mosaicos ou Domus Oceani\nHorario\, exposicións … Web oficial da Casa dos Mosaicos ou Domus Oceani \nCentro arqueolóxico San Roque\nHorario\, exposicións … Web oficial do Centro arqueolóxico San Roque \nSala de Exposicións Porta Miñá\nHorario\, exposicións … Web oficial da Sala de Exposicións Porta Miñá \nCentro de Interpretación da Muralla\nHorario\, exposicións … Web oficial do Centro de Interpretación da Muralla \nGALERÍA SOLAINA\nRúa Camiño Real 88\, baixo. \nhttps://www.instagram.com/solaina.galeria/ \nGALERÍA NÉBOA\nLamas de Prado\, 31\, Lugo 27004 \nhttps://www.instagram.com/galerianeboa/ \nGALERÍA NOVA RÚA\nRúa Nova 114 -116 Bajo\, Lugo 27001 \nhttps://www.instagram.com/galerianovarua/ \nGALERÍA LA CATEDRAL\nObispo Basulto 12\, 27001-Lugo – 982 240 992 \ny\nBolaño Rivadeneira 17\, 27001 Lugo – 982 24 21 14 – Lunes a sábado 11:00 a 14:00 y 17:00 a 21:00 horas
URL:https://vivalugo.es/evento/exposicions-en-lugo/
CATEGORIES:Expos
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2024/01/banner-expos-en-lugo-cuadrado-2024.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260924T200000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260924T200000
DTSTAMP:20260922T165428Z
CREATED:20260921T170704Z
LAST-MODIFIED:20260922T165428Z
UID:106766-1790280000-1790280000@vivalugo.es
SUMMARY:Inauguración da exposición PARTIR / CORTAR / RISCAR de Catara Rego
DESCRIPTION:Solaina²\, o novo espazo da galería Solaina en Lugo\, inicia a súa programación o vindeiro xoves 24 ás 20h con «PARTIR / CORTAR / RISCAR»\, unha proposta da artista visual e fotógrafa Catara Rego (Meira\, Lugo\, 1996) que aborda a extracción como unha ferramenta de transformación territorial e como un proceso mediante o cal a paisaxe é convertida en material de consumo. \nA exposición parte dunha operación aparentemente sinxela: extraer. Un territorio que antes formaba parte dunha paisaxe pasa a ser separado\, medido e definido polas súas características físicas —tamaño\, forma\, composición— para adquirir un novo valor e converterse nunha unidade comercializable. \nEn «PARTIR / CORTAR / RISCAR»\, Rego traslada esta lóxica de extracción ao propio espazo expositivo a través de dúas fotografías e unha peza de aluminio. As imaxes rexistran o rastro físico deixado sobre a pedra\, facendo visible o corte como pegada dun proceso de transformación. A superficie natural aparece así marcada pola acción extractiva\, convertendo a ferida no principal rexistro do que sucedeu. \nA peza de aluminio leva esta operación un paso máis alá ao trasladar un fragmento dese terreo a un soporte industrial. A obra reproduce\, en certo modo\, a mesma operación realizada pola canteira sobre a paisaxe: separar unha superficie do seu lugar de orixe para convertela nun obxecto. \nO traballo propón así unha reflexión sobre a maneira na que a extracción modifica non só a configuración física do territorio\, senón tamén a súa percepción e o seu valor. Ao separar un fragmento da terra e presentalo como obxecto\, a exposición pon en cuestión os procesos polos que unha paisaxe deixa de ser entendida como territorio para pasar a ser considerada materia\, recurso e mercadoría. \nA proposta adquire unha dimensión especialmente significativa no contexto galego\, onde a explotación de recursos minerais e pétreos forma parte da transformación histórica e contemporánea de numerosas paisaxes. Sen buscar representar directamente unha canteira\, Rego concentra a atención nun dos seus xestos fundamentais: partir\, cortar\, riscar\, separar. \nA primeira exposición de Solaina² establece así unha relación directa entre o novo espazo e a investigación da artista. Se Solaina² propón mirar cara ao interior desde a rúa\, «PARTIR / CORTAR / RISCAR» introduce nese pequeno espazo unha reflexión sobre outra forma de mirar o territorio: observar as marcas\, os cortes e as operacións que determinan aquilo que vemos e aquilo que queda oculto. \nSobre Catara Rego\nCatara Rego (Meira\, Lugo\, 1996) é artista visual e fotógrafa. A súa práctica abrangue a fotografía documental\, a instalación\, o vídeo e a escultura\, e céntrase na paisaxe como lugar no que conflúen explotación territorial\, identidade e memoria. \nGraduada en Belas Artes e en Deseño pola Universidade Francisco de Vitoria\, conta cun máster en Fotografía de Autor e Xestión de Proxectos pola escola EFTI de Madrid. \nO seu proxecto «Zona de sacrificio» recibiu o Premio Descubrimientos PHE23 de PHotoESPAÑA e foi presentado no Silo de Hortaleza no marco de PHotoESPAÑA 2024\, en Madrid\, e no Museu de la Mediterrània dentro do Festival Mirades\, en Torroella de Montgrí\, en 2025. \nEn 2025 presentou tamén a exposición individual «Inventario de geometría continua» en Navel\, dentro do Festival OFF PHotoESPAÑA de Madrid. O seu traballo foi mostrado\, entre outros espazos\, en Matadero Madrid\, Fundación Luis Seoane\, Auditorio de Galicia\ne JustMad Art Fair. \nSolaina²\nSolaina² é un novo dispositivo expositivo creado no interior de Solaina\, situado nunha das esquinas da galería e visible exclusivamente desde a rúa a través do seu ventanuco. \nConcibido como unha extensión do espazo habitual da galería\, Solaina² combinará propostas específicas para este pequeno formato coa programación expositiva de Solaina\, que continuará desenvolvéndose tamén na totalidade da sala. \nCon esta primeira exposición\, Solaina² comeza a construír unha programación propia e a explorar as posibilidades dun espazo que se sitúa nun punto intermedio entre a galería e a rúa\, entre o interior e o exterior\, e entre a experiencia expositiva e o xesto cotiá de\nasomarse para mirar
URL:https://vivalugo.es/evento/inauguracion-da-exposicion-partir-cortar-riscar-de-catara-rego/
LOCATION:Galería Solaina\, Rúa do Caminho Real 88\, Baixo\, Lugo\, Lugo
CATEGORIES:Expos
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/09/inauguracion-exposicion-partir.jpg
END:VEVENT
END:VCALENDAR