BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//VivaLugo - ECPv6.15.13.1//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-WR-CALNAME:VivaLugo
X-ORIGINAL-URL:https://vivalugo.es
X-WR-CALDESC:Eventos para VivaLugo
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-Robots-Tag:noindex
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20250330T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20251026T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20260329T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20261025T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20270328T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20271031T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260219T200000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260219T200000
DTSTAMP:20260405T210413
CREATED:20260216T160946Z
LAST-MODIFIED:20260216T203310Z
UID:99879-1771531200-1771531200@vivalugo.es
SUMMARY:Inauguración exposición do proxecto VISIBLE(S)
DESCRIPTION:Inauguración exposición do proxecto VISIBLE(S) \nO vindeiro xoves día 19 de febreiro\, ás 20:00 horas\, no espazo expositivo do Vello Cárcere de Lugo\, a Escola de Arte e Superior de Deseño de Lugo (EASDRF)\, en colaboración coa Asociación de Pais ou Titores de Persoas con Discapacidade Intelectual de Lugo (ASPNAIS) inaugura a exposición correspondente ao proxecto VISIBLE(S)\, orientado ao deseño e a diversidade funcional.
URL:https://vivalugo.es/evento/inauguracion-exposicion-do-proxecto-visibles/
LOCATION:O Vello Cárcere\, Av. Alcalde Anxo López Pérez\, 10\, Lugo\, Lugo\, 27002\, Spain
CATEGORIES:Expos
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/02/expo-visibles.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260305T120000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260305T120000
DTSTAMP:20260405T210413
CREATED:20260305T001133Z
LAST-MODIFIED:20260305T001133Z
UID:100546-1772712000-1772712000@vivalugo.es
SUMMARY:Inauguración da exposición sobre o 25 aniversario da declaración da muralla de Lugo como Patrimonio da Humanidade
DESCRIPTION:O Museo Universitario A Domus do Mitreo e o Museo do Castro de Viladonga organizan unha mostra con motivo dos 25 anos da declaración da Muralla de Lugo como Patrimonio da Humanidade. \nA Muralla\, tal e como destaca a profesora da USC e directora do Museo Universitario A Domus do Mitreo\, Dolores Dopico\, “tivo unha especial relación coa Domus\, xa que a súa construción supuxo destruír a casa\, da que só quedou en pé o seu Mitreo”. \nA mostra inaugúrase o 5 de marzo\, ás 12.00 horas\, na propia Domus do Mitreo\, nun acto presidido polo reitor Antonio López Díaz. \nA exposición consta de doce paneis conformados por textos e imaxes nos que se ofrece unha visión ampla da Muralla. O contido abarca o seu contexto histórico\, a súa construción\, as súas funcións\, a súa evolución\, o seu impacto urbano e as restauracións recentes. \nAchado\nNo ano 1998\, a Universidade de Santiago de Compostela decidiu situar a sede da Vicerreitoría do Campus de Lugo no antigo Pazo de Montenegro. O control arqueolóxico previo á construción da Vicerreitoría documentou a existencia de restos romanos que obrigaron a reformular as obras previstas e a realizar varias campañas arqueolóxicas entre os anos 2000 e 2007. A escavación\, que se cinguiu a unha área duns 600 m²\, permitiu descubrir unha parte significativa dunha antiga domus romana e un espazo de culto relixioso\, un Mitreo privado. \nO Museo da Domus é un lugar privilexiado para contemplar a muralla romana\, pois é o único punto en toda a cidade que permite observala ata os seus cimentos\, xa que a escavación afondou sete metros por baixo do nivel do Lugo actual. Isto permitiu estudar a súa estrutura e métodos construtivos. Neste escenario é posible ver o zócolo de cimentación\, os restos dos materiais empregados na súa construción (lousa\, granito ou cuarcitas)\, o encalado exterior\, as xuntas estruturais\, as escaleiras de acceso interno ás torres ou as marcas deixadas polas diferentes collas que traballaron nela
URL:https://vivalugo.es/evento/inauguracion-da-exposicion-sobre-o-25-aniversario-da-declaracion-da-muralla-de-lugo-como-patrimonio-da-humanidade/
LOCATION:Domus do Mitreo\, Praza Pío XII\, 3\, Lugo\, 27001
CATEGORIES:Expos
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260305T190000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260305T190000
DTSTAMP:20260405T210413
CREATED:20260302T171018Z
LAST-MODIFIED:20260302T171018Z
UID:100412-1772737200-1772737200@vivalugo.es
SUMMARY:Inauguración da exposición "Facedoras de Lugo\, 2025-2026" de Mar Caldas
DESCRIPTION:Inauguración da exposición «Facedoras de Lugo\, 2025-2026» de Mar Caldas \nXoves 05 de marzo ás 19:00 h. no Museo Provincial de Lugo. \nEsta iniciativa forma parte dunha liña de traballo desenvolvida pola autora desde hai máis dunha década co obxectivo de visibilizar a contribución das mulleres ás súas comunidades. Nesta edición\, o foco sitúase nas tarefas vinculadas cos animais\, principalmente na gandaría\, pero tamén na apicultura e na veterinaria. \nA mostra fúndase no traballo de campo realizado en concellos como A Pontenova\, Guitiriz\, Friol\, Guntín\, Castroverde\, Outeiro de Rei\, Castro de Rei\, O Páramo\, Taboada\, Monterroso\, Becerreá e Ribeira de Piquín. Nestas localizacións documentáronse granxas de diferentes dimensións que\, en moitos casos\, optan pola produción ecolóxica ou a cría de razas autóctonas. As dez fotografías expostas en ambas sedes museísticas funcionan como unha mostra das ocupacións retratadas e da variedade territorial da provincia. \nAs imaxes reflicten a diversidade de perfís das mulleres fotografadas\, cuxas bagaxes van desde a herdanza familiar de saberes ata a formación académica. O proxecto documenta a incorporación de novas xeracións ao medio rural e o vínculo que estas profesionais manteñen co seu entorno e cos animais. A través destas fotografías\, as protagonistas expoñen o seu traballo nun sector estratéxico para a economía\, ao tempo que trasladan a súa queixa pola falta de apoio institucional e os obstáculos administrativos que afrontan no seu día a día.
URL:https://vivalugo.es/evento/inauguracion-da-exposicion-facedoras-de-lugo-2025-2026-de-mar-caldas/
LOCATION:Museo Provincial de Lugo\, Praza da Soidade\, s/n\, Lugo\, 27001
CATEGORIES:Expos
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/03/inauguracion-expo-facedoras-de-lugo.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20260312
DTEND;VALUE=DATE:20260505
DTSTAMP:20260405T210413
CREATED:20260330T063947Z
LAST-MODIFIED:20260330T161223Z
UID:72068-1773273600-1777939199@vivalugo.es
SUMMARY:Exposicións en Lugo
DESCRIPTION:MUSEO PROVINCIAL DE LUGO\nPl. de la Soledad\, s/n\, 27001 Lugo \nHorario de inverno (1 de novembro – 30 de maio): De martes a sábado: De 10:00 a 13:30 e de 16:00 a 20:30 / Domingos e festivos: De 10:00 a 16:00 / Luns pechado \nHorario de verán (1 de xuño – 30 de outubro): De martes a sábado: De 10:00 a 13:30 e de 16:00 a 20:30 / Domingos e festivos: De 10:00 a 16:00 / Luns pechado \nExpos temporais: \n\n«Obras convidadas do Museo Nacional Centro de Arte Raíña Sofía»\n«O vestiario das almas pintadas: a indumentaria galega nas obras costumbristas»\n“Memorias Migrantes. Arquivo gráfico en construción”\n«Toca madeira\, alza o voo»\n«Xogar\, aprender e divertirse. Os xoguetes de Xosé Lois Basanta Campos”\n\nweb oficial. \nO VELLO CÁRCERE \nA exposición permanente ‘O Vello Cárcere: da Guerra á Posguerra’ foi organizada polo Concello de Lugo e a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (A.R.M.H). A etapa da guerra civil e da posguerra dentro desta prisión queda ó descuberto a través das súas vítimas. Son as testemuñas e os recordos das persoas que estiveron retidas dentro destes muros por motivos inxustificados\, os que nos desvelarán as duras condicións ás que foron sometidas. \n‘O Vello Cárcere: da Guerra á Posguerra’ convértese\, deste xeito\, nunha homenaxe e nun espazo de encontro para dialogar e reflexionar sobre o pasado traumático que supuxo a guerra e a ditadura. \nA exposición permanente «Elas» é froito do traballo da investigadora\, ensaísta e mestra Aurora Marco. Durante máis de vinte anos\, levou a cabo un exhaustivo traballo de investigación acerca de mulleres galegas que sobresaíron ao longo da historia en diferentes campos e disciplinas. Como resultado deste labor xorde a publicación exposta nesta mostra\, cuxa edición se limitou a 155 exemplares. Nela recóllense 410 biografías destas mulleres galegas. \nEsta exposición está así mesmo composta por serigrafías realizadas por artistas galegas contemporáneas\, que tomaron como inspiración as historias aquí recollidas. Elas son Chelo Rodríguez\, Ehlaba Carballo\, Irene Silva Xiráldez\, María Manuela\, María Xesús Díaz\, Novais\, Sabela Arias Castro e Vanessa Lodeiro. \nA exposición permanente da Escola de Arte Superior de Deseño Ramón Falcón presenta nas celas do segundo andar do panóptico −espazo cedido permanentemente−\, a primeira das súas exposicións temporais en O Vello Cárcere. \nA mostra amosa unha escolma de traballos do seu alumnado e xira arredor dos estudos que ofrece: Serigrafía\, Gravado e Técnicas de Estampación\, Fotografía e Cerámica (ensinanzas profesionais); e Deseño Gráfico e Deseño de Interiores (estudos de Grao) \nExposicións temporais: \nInformación sobre O Vello Cárcere de Lugo: \nPraza da Constitución\, s/n\, 27002 Lugo \nHorario: luns a sábado 11:00 a 14:00 e 16:00 a 20:00 horas. Domingo:  11:00 a 14:00 e 16:00 a 19:00 horas \n+ información (visitas guiadas …) Web oficial O Vello Cárcere de Lugo \n——————————————————————————————————–\nMUSEO MIHL – Museo Interactivo da Historia de Lugo\nAlberga un contido expositivo permanente que repasa a evolución histórica da cidade de Lugo mediante recursos audiovisuais\, maquetas interactivas e paneis informativos. Tamén conta cunha pequena selección de pezas arqueolóxicas entre as que destaca o monolito granítico que recolle a inscrición fundacional da cidade\, mandado levantar por Paulo Fabio Máximo en honor ao emperador Augusto. \nTamén se exhiben outras pezas de interese\, como unha máscara teatral de terracota e un conxunto de pezas epigráficas e cerámicas. \nInformación sobre o MIHL: \nAv. Infanta Elena\, s/n\, 27003 Lugo \n982 297 446 \n \nWeb oficial do Museo MIHL \n———————————————————————————————————-\nMUSEOS MUNICIPAIS DE LUGO\n \nCasa dos Mosaicos ou Domus Oceani\nHorario\, exposicións … Web oficial da Casa dos Mosaicos ou Domus Oceani \nCentro arqueolóxico San Roque\nHorario\, exposicións … Web oficial do Centro arqueolóxico San Roque \nSala de Exposicións Porta Miñá\nHorario\, exposicións … Web oficial da Sala de Exposicións Porta Miñá \nCentro de Interpretación da Muralla\nHorario\, exposicións … Web oficial do Centro de Interpretación da Muralla \nGALERÍA SOLAINA\nRúa Camiño Real 88\, baixo. \nhttps://www.instagram.com/solaina.galeria/ \nGALERÍA NÉBOA\nLamas de Prado\, 31\, Lugo 27004 \nhttps://www.instagram.com/galerianeboa/ \nGALERÍA NOVA RÚA\nRúa Nova 114 -116 Bajo\, Lugo 27001 \nhttps://www.instagram.com/galerianovarua/ \nGALERÍA LA CATEDRAL\nObispo Basulto 12\, 27001-Lugo – 982 240 992 \ny\nBolaño Rivadeneira 17\, 27001 Lugo – 982 24 21 14 – Lunes a sábado 11:00 a 14:00 y 17:00 a 21:00 horas
URL:https://vivalugo.es/evento/exposicions-en-lugo/
CATEGORIES:Expos
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2024/01/banner-expos-en-lugo-cuadrado-2024.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260312T190000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260312T190000
DTSTAMP:20260405T210413
CREATED:20260305T012356Z
LAST-MODIFIED:20260309T092758Z
UID:100604-1773342000-1773342000@vivalugo.es
SUMMARY:Inauguración da exposición "Ananín: Tributo ao legado do poeta"
DESCRIPTION:Inauguración da exposición «Ananín: Tributo ao legado do poeta» \n12 de marzo de 2026 – 19:00 horas \nMuseo Provincial de Lugo
URL:https://vivalugo.es/evento/inauguracion-da-exposicion-ananin-tributo-ao-legado-do-poeta/
LOCATION:Museo Provincial de Lugo\, Praza da Soidade\, s/n\, Lugo\, 27001
CATEGORIES:Expos
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/03/inauguracion-ananin.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260312T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260312T193000
DTSTAMP:20260405T210413
CREATED:20260309T161220Z
LAST-MODIFIED:20260311T170957Z
UID:100747-1773343800-1773343800@vivalugo.es
SUMMARY:Inauguración da exposición "El mico blau" de Edu Gil
DESCRIPTION:A galería NÉBOA presenta El mico blau\, a primeira exposición individual en Galicia do artista Edu Gil Alsina (Barcelona\, 2002). \nA mostra inaugúrase o xoves 12 de marzo ás 19:30 h e poderá visitarse ata o 24 de abril. \nEn El mico blau\, Edu Gil Alsina desenvolve unha proposta pictórica que se move entre a observación do contorno e a exploración das potencialidades da imaxe. \nO seu traballo investiga o vínculo entre desprazamento e mirada\, articulando un diálogo constante entre o formal e o narrativo\, entre a pintura e aquilo que acontece dentro e fóra do bastidor. \nA exposición configúrase como un percorrido onde as imaxes aparecen como elementos en tránsito\, nunca completamente pechados nin resoltos. \nA través de operacións de repetición\, fragmentación e cambio de escala\, o artista xera desprazamentos de sentido que activan un espazo de ambigüidade e atención. \nA pintura convértese así nunha superficie de pensamento e nun espazo de manobra\, onde ver non equivale necesariamente a comprender\, senón a permanecer nun estado de escoita e dispoñibilidade. \nEntre as obras expostas atópanse pezas como Isabel (2025)\, un lenzo de gran formato que funciona como eixo da mostra e que establece un diálogo coa obra Joven con diábolo (2003–2005) da pintora Isabel Baquedano (1929–2018). A partir dun xesto de cita e relectura\, o artista constrúe unha ponte entre xeracións\, activando unha reflexión arredor da memoria pictórica\, a escala e a distancia. \nGraduado en Belas Artes pola Universitat de Barcelona (2024)\, Edu Gil Alsina realizou exposicións individuais en Espai 19 (Barcelona\, 2025) e Proyecto REME (Barcelona\, 2025)\, e participou en colectivas en Halfhouse\, Piramidón e Sala d’Art Jove\, ademais do festival Art Nou. Nos últimos anos formou parte de programas de residencia como o Centro de Arte Piramidón (Barcelona\, 2024) e as Residencias Artísticas Celestino Cuevas (Reinosa\, 2025)\, onde o seu proxecto foi recoñecido co premio á mellor obra do período. Así mesmo\, recibiu diversas bolsas e axudas á creación\, entre elas Art Jove Creació\, a Borsa de viaxe da Fundació Ramon Amigó Cuyàs e os Ajuts a la Creació da Fundació Felícia Fuster. \nCon El mico blau\, NÉBOA continúa a súa liña de apoio a prácticas artísticas emerxentes que exploran a pintura como territorio expandido\, insistindo na súa capacidade para xerar pensamento\, abrir preguntas e activar novas formas de mirar.
URL:https://vivalugo.es/evento/inauguracion-da-exposicion-el-mico-blau-de-edu-gil/
LOCATION:Galería Néboa\, Lamas de Prado 31\, Lugo\, 27004
CATEGORIES:Expos
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/03/El-mico-blau-Edu-Gil.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260318T190000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260318T190000
DTSTAMP:20260405T210413
CREATED:20260305T012538Z
LAST-MODIFIED:20260317T212152Z
UID:100606-1773860400-1773860400@vivalugo.es
SUMMARY:Inauguración da exposición "O Derradeiro trazo de xiz"
DESCRIPTION:Inauguración da exposición “O derradeiro trazo de xiz. Memorias dunha escola rural” o mercores 18 de marzo ás 19:00 h. na Sala de exposicións do Pazo de San Marcos. \nDo autor Miguel Muñiz. \nMostra fotográfica e documental que poderá visitarse ata o 13 de maio. \nEsta iniciativa convídanos a realizar unha viaxe nostálxica e necesaria polas antigas escolas rurais de Galicia\, moitas delas hoxe esquecidas ou desaparecidas. \nO proxecto pon o foco naquelas comunidades que\, ante a falta de recursos oficiais a mediados do século XX\, decidiron tomar as rendas da educación dos seus fillos. Así naceron as coñecidas como “escolas do ferrado”\, espazos erixidos polos propios veciños onde o mestre recibía como pago unha medida de fariña por neno ao ano. \nA exposición retrata con sensibilidade como aquela estrutura educativa\, integrada perfectamente no ciclo agrícola e na vida familiar\, comezou a esvaecerse coa Lei Xeral de Educación de 1970 e a consecuente concentración escolar nos grandes núcleos de poboación. \nA través das imaxes e do material exposto\, os visitantes poderán conectar coa historia do noso rural e reflexionar sobre o desarraigo e a perda da cultura tradicional que supuxo o peche destas aulas. \nAdemais\, grazas á integración de códigos QR\, a mostra ofrece unha experiencia inmersiva onde se poderán escoitar os testemuños directos dos poboadores desas escolas\, recuperando así as voces de toda unha xeración. \nEsta é unha oportunidade única para honrar o esforzo de moitas familias galegas por darlles un futuro mellor aos seus fillos a través do ensino máis próximo e humano.
URL:https://vivalugo.es/evento/inauguracion-da-exposicion-o-derradeiro-trazo-de-xiz/
LOCATION:Pazo de San Marcos – Deputación de Lugo\, Rúa San Marcos\, 8\, lugo\, Lugo\, 27001
CATEGORIES:Expos
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/03/inauguracion-expo-derradeiro.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260326T170000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260326T170000
DTSTAMP:20260405T210413
CREATED:20260323T222300Z
LAST-MODIFIED:20260323T222300Z
UID:101257-1774544400-1774544400@vivalugo.es
SUMMARY:Xornada de portas abertas no Coliving Artístico Municipal de Lugo
DESCRIPTION:«O vindeiro xoves 26 de marzo abrimos as portas do coliving para que poidas descubrir de preto o proceso creativo dos nosos artistas residentes \nUnha oportunidade única para coñecer o que está a acontecer dentro do espazo: ideas\, inspiración e creación en directo. \nDe 17:00 a 19:30 h\nRonda do Carme\, 21-43\, Lugo\nEntrada de balde \nAchégate\, explora e conecta coa arte desde dentro.» https://www.instagram.com/colivingartisticolugo/
URL:https://vivalugo.es/evento/xornada-de-portas-abertas-no-coliving-artistico-municipal-de-lugo/
LOCATION:Coliving Artístico Municipal\, Rolda do Carme 21-43
CATEGORIES:Expos,Varios
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/03/xornada-portas-abertas-coliving-lugo.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260326T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260326T193000
DTSTAMP:20260405T210413
CREATED:20260323T155356Z
LAST-MODIFIED:20260323T155356Z
UID:101207-1774553400-1774553400@vivalugo.es
SUMMARY:Inauguración da expo "As cidades de Colmeiro".
DESCRIPTION:O Museo Provincial de Lugo inaugurará o vindeiro xoves 26 de marzo ás 19:30 horas a exposición «As cidades de Colmeiro». \nEsta mostra\, que conta coa colaboración da Asociación de Amigos de Colmeiro e da Pinacoteca Fernández del Riego \, ofrece unha ollada renovadora sobre a traxectoria de Manuel Colmeiro (1901-1999) ao analizar como o medio urbano e as cidades onde residiu marcaron a súa produción artística. \nA exposición percorre escenarios fundamentais na vida do pintor como Buenos Aires\, Vigo e París\, xunto a outras cidades que foron protagonistas das súas procuras como Lugo\, Ourense\, Bilbao ou Ámsterdam. \nA través de obras que van dende 1919 ata os anos sesenta\, o público poderá apreciar como Colmeiro reformulou a temática popular galega baixo a influencia da figuración europea de entreguerras e unha fonda sensibilidade social. \nEntre as pezas que conforman a colección destacan obras como o carbón Atardecer (1920)\, a Vista de Lugo con Muralla (1934) ou o debuxo a lapis Porto de Vigo (1936). \nA mostra poderá visitarse na Praza da Soidade ata o 31 de maio de 2026.
URL:https://vivalugo.es/evento/inauguracion-da-expo-as-cidades-de-colmeiro/
LOCATION:Museo Provincial de Lugo\, Praza da Soidade\, s/n\, Lugo\, 27001
CATEGORIES:Expos
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/03/inaguracion-exposicion-cidades-colmeiro.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260326T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260326T193000
DTSTAMP:20260405T210413
CREATED:20260323T231237Z
LAST-MODIFIED:20260323T231237Z
UID:101294-1774553400-1774553400@vivalugo.es
SUMMARY:Inauguración da exposición "Baixo a luz de Caín"
DESCRIPTION:de Fernando Gago \nO Vello Cárcere \n19:30 \n26/03/2026
URL:https://vivalugo.es/evento/inauguracion-da-exposicion-baixo-a-luz-de-cain/
LOCATION:O Vello Cárcere\, Av. Alcalde Anxo López Pérez\, 10\, Lugo\, Lugo\, 27002\, Spain
CATEGORIES:Expos
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/03/inauguracion-expo-baixo-a-luz.jpg
END:VEVENT
END:VCALENDAR