BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//VivaLugo - ECPv6.15.13.1//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-ORIGINAL-URL:https://vivalugo.es
X-WR-CALDESC:Eventos para VivaLugo
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-Robots-Tag:noindex
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20250330T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20251026T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20260329T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20261025T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20270328T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20271031T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260321T120000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260321T120000
DTSTAMP:20260501T065717
CREATED:20260320T213617Z
LAST-MODIFIED:20260320T213846Z
UID:101102-1774094400-1774094400@vivalugo.es
SUMMARY:Presentación do libro "Soño de liberdade"
DESCRIPTION:Presentación do libro «Soño de liberdade» a última obra da escritora e divulgadora Marisa Castro.\n\nSábado\, 21 de marzo\, ás 12:00 h. Libraría Trama (Lugo).\n\nNo acto\, a autora contará coa participación da profesora Ana Arias\, quen axudará a debullar os detalles dunha historia que pon o foco na transición social de Galicia a\ntravés dos ollos dunha muller.\n\nTras o notable éxito acadado en 2022 con A saga das curandeiras —obra que conta xa con\nvarias reimpresións—\, Castro regresa á ficción coa súa segunda novela.\n\nPublicada simultaneamente en galego e castelán pola editorial coruñesa Hércules de Ediciones\, a obra narra a traxectoria vital de Sabela Couto Roriz\, unha muller ficticia nada no rural galego en 1949.\n\nDende a organización convídase a toda a cidadanía a asistir a este evento\, que promete ser\nunha profunda reflexión sobre o papel da muller na historia recente de Galicia.\n\nUnha loita contra o círculo da submisión\nA novela propón un percorrido emocional e histórico que arranca na dureza das cartillas de\nracionamento da posguerra e culmina coa chegada da democracia.\n\nA través de Sabela\, Marisa Castro retrata a batalla de toda unha xeración de mulleres que decidiron romper co destino imposto.\n\nA protagonista logra fuxir do círculo de submisión que amordazou á súa nai e á súa avoa\, empregando o estudo e a rebeldía como ferramentas para acadar a independencia\, o acceso ao mercado laboral e o dereito a casar por amor.\nRadiografía do agro e a cidade\nMáis alá da biografía do personaxe\, Soño de liberdade funciona como unha crónica social da época.\n\nO lector atopará nas súas páxinas unha panorámica detallada dos labores agrícolas e gandeiros\, a férrea autoridade paterna e as complexas diferenzas de clase que marcaban o paso do campo á cidade.\n\nA precariedade e o peso do «que dirán» son os obstáculos que Sabela debe sortear nesa procura constante dunha liberdade que dá título ao libro.\nBiografía de Marisa Castro:\nNaceu labradora na casa de Segade do Barrio da Ponte (Lugo) en 1955.\n\nCasada e nai adoptante. Licenciada e Doutorada em Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela (homologada pola de Porto).\n\nXubilada como Profesora Titular\, que exerceu durante 31 anos na Universidade de Vigo\, área de Botánica.\n\nDesde 1978\, investigadora en Micoloxía: taxonomía\, ecoloxía\, catalogación de cogomelos\,\naplicacións forestais e agrícolas\, etnobotánica e etnomicoloxía (Premio de Investigación Micolóxica Galega (1983).\n\nPublicación de numerosos traballos de investigación\, participación en numerosos congresos e descrición de media ducia de especies novas para a ciencia. Premio Bióloga do Ano en Galicia\, 2022 e dos Colexios Profesionais en 2023.\n\nDesde 1980\, divulgadora científica en portugués\, castelán e galego (Premio Lois Peña Novo\, 2022 como defensora do galego na ciencia).\n\nEcoloxista\, feminista e novelista (A Saga das Curandeiras\, 2022 e Soño de Liberdade\, 2025).
URL:https://vivalugo.es/evento/presentacion-do-libro-sono-de-liberdade/
LOCATION:Librería Trama\, Avenida A Coruña\, 21\, Lugo\, 27003
CATEGORIES:Presentaciones
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/03/presentacion-libro-sono-liberdade-scaled.jpg
END:VEVENT
END:VCALENDAR