BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//VivaLugo - ECPv6.16.4.1//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-ORIGINAL-URL:https://vivalugo.es
X-WR-CALDESC:Eventos para VivaLugo
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-Robots-Tag:noindex
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20250330T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20251026T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20260329T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20261025T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20270328T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20271031T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20260718
DTEND;VALUE=DATE:20260719
DTSTAMP:20260715T141637Z
CREATED:20260715T140840Z
LAST-MODIFIED:20260715T141637Z
UID:105129-1784332800-1784419199@vivalugo.es
SUMMARY:Mercado KM0 da Rede de Produtoras da Ulloa
DESCRIPTION:O Parque Central de Galicia\, en Antas de Ulla\, acolle o 18 de xullo o Mercado KM0 da Rede de Produtoras da Ulloa. \nA xornada reunirá máis de corenta iniciativas de produción local\, obradoiros\, relatorios\, música en directo\, actividades infantís e un espazo gastronómico para reivindicar un modelo alimentario sostible e vencellado ao territorio. \nEntre as 11.00 e as 20.00 horas\, o público poderá coñecer de primeira man máis de corenta iniciativas de toda Galicia de produtos de produción primaria\, cosmética natural\, artesanía\, e transformación agroalimentaria que representan o potencial produtivo da comarca e do rural galego. \nO mercado nace coa vontade de achegar ás consumidoras e consumidores un modelo de consumo baseado na proximidade e na sustentabilidade\, poñendo en valor o traballo das pequenas produtoras e produtores que apostan pola economía social e a calidade alimentaria e artesanal. \nAo longo de toda a xornada haberá postos de venda directa nos que participarán iniciativas como Milhulloa\, Muuhlloa\, Arqueixal\, Adegas Celme\, Melífera\, O Espírito da Colmea\, Cachenas Cas Fidalgo\, Tataraboas\, Leira Sacra\, Naturantas\, Doces da Ulloa\, Sofragal\, Ribeiregas\,\nLola Tourón entre outras. E tamén se poderá desfrutar de demostración de cestería de láminas de madeira e fiado de lá a man ou con tear primitivo. \nUn programa para todos os públicos\nAdemais do mercado\, a programación inclúe música\, divulgación\, obradoiros e actividades familiares. \nA inauguración terá lugar ás 12.00 horas coa actuación de Francisco do Romualdo\, que ofrecerá un cantar de cego. Ás 14.00 horas celebrarase unha sesión vermú con Bico da Balouta\, mentres que o peche musical correrá a cargo da DJ Eva Chloé\, ás 19.00 horas\, e do concerto de Alberto Mvundi\, ás 20.00 horas. \nA programación contará tamén con varios relatorios arredor da alimentación e do desenvolvemento rural\, como «A estratexia participativa alimentaria EO Alimenta» onde se presentará o proxecto eo alimenta cunha longa traxectoria\, «A saúde no prato» no que se tratará cómo inflúe a dieta na nosa saúde e «Tecendo redes: do campo á mesa» que contará con diferentes iniciativas colectivas e participativas de distribución e consumo de proximidade\, espazos para reflexionar sobre os retos actuais do consumo e produción alimentaria saudable e sostible. \nOs obradoiros serán outro dos grandes atractivos da xornada. Ás 13.00 horas\, Milhulloa impartirá un taller de cosmética rural con herbas medicinais da Ulloa\, mentres que ás 18.00 horas\, a artesá Lola Tourón ofrecerá un obradoiro de escultura en cestería\, ambos con inscrición previa. \nAs familias tamén disporán dun espazo específico con «Fíos\, follas e soños»\, un obradoiro creativo dirixido a crianzas a partir de tres anos e desenvolvido pola equipa Bosquea entre as 15.00 e as 17.00 horas. \n \nUn espazo para compartir\nA partir das 14.00 horas celebrarase un xantar de campo\, no que haberá postos de comida de diversas opcións dende polbo a alimentación vexetariana. Na carballeira haberá mesas para que as persoas asistentes poidan xantar alí mesmo ou traer a súa comida\, favorecendo un ambiente de encontro e convivencia arredor da alimentación de proximidade.
URL:https://vivalugo.es/evento/mercado-km0-da-rede-de-produtoras-da-ulloa/
CATEGORIES:Varios
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/07/mercado-km-0-antas-de-ulla.jpg
END:VEVENT
END:VCALENDAR