BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//VivaLugo - ECPv6.17.4.1//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-WR-CALNAME:VivaLugo
X-ORIGINAL-URL:https://vivalugo.es
X-WR-CALDESC:Eventos para VivaLugo
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-Robots-Tag:noindex
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20250330T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20251026T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20260329T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20261025T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20270328T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20271031T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20260925
DTEND;VALUE=DATE:20260928
DTSTAMP:20260922T172820Z
CREATED:20260921T065833Z
LAST-MODIFIED:20260922T172820Z
UID:87755-1790294400-1790553599@vivalugo.es
SUMMARY:Visitas Guiadas a O Vello Cárcere
DESCRIPTION:Visitas Guiadas a O Vello Cárcere\nVenres – 17:30 \nSábados – 11:15 e 17:30 – Visita guiada sobre a historia do edificio e a Memoria Histórica a través da exposición permanente “O Vello Cárcere: da Guerra á Posguerra”. \nDomingos – 11:15 – Público familiar. Visita guiada adaptada ás idades dos máis novos\, sobre a historia do edificio e a Memoria Histórica a través da exposición permanente “O Vello Cárcere: da Guerra á Posguerra” \nDomingos – 17:30 \nAs visitas guiadas teñen un aforo limitado a 25 visitantes e unha duración aproximada de 45-60′. \nRecomendamos inscrición previa: 982 297 195. \n+ info (visitas guiadas grupais\, escolas…) na web oficial de O Vello Cárcere de Lugo \n \n  \nAxenda Cultural de Lugo\, Viva Lugo. \nhttps://www.facebook.com/vivalugo \nhttps://www.instagram.com/vivalugo/ \nhttps://x.com/viva_lugo \nwww.vivalugo.es
URL:https://vivalugo.es/evento/visitas-guiadas-a-o-vello-carcere/
LOCATION:O Vello Cárcere\, Av. Alcalde Anxo López Pérez\, 10\, Lugo\, Lugo\, 27002\, Spain
CATEGORIES:Varios
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260925T180000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260925T220000
DTSTAMP:20260917T155636Z
CREATED:20260917T155528Z
LAST-MODIFIED:20260917T155636Z
UID:106589-1790359200-1790373600@vivalugo.es
SUMMARY:Obradoiros científicos G-Night 2026
DESCRIPTION:Venres\, 25 de setembro\, de 18.00 a 22.00 horas no Mercado Municipal Quiroga Ballesteros e soto da Praza de Abastos de Lugo\nEntrada de balde. Dirixidos a toda a cidadanía\, con idades específicas segundo cada actividade. \nOrganizan: XuvenCiencia e AgroMar. \n\nObradoiros na Praza de Abastos\nXoga\, Descubre\, Aprende!\n\n\nObradoiro no que resolveremos retos de maneira colaborativa\, xogando coa ciencia\, a expresión corporale as matemáticas. Experimentaremos con algúns recursos innovadores que empregamos na Facultade de Formación do Profesorado mentres descubrimos o que somos quen de facer. \nDuración: 50 – 60 minutos \n6 a 16 anos \nRiscos asociados ao uso do Smartphone e Redes Sociais\nComo inﬂúen os teléfonos móbiles e as redes sociais no noso día a día? Neste obradoiro\, menores de 3 a 12 anos\, familias e profesorado poderán descubrir\, a través de xogos\, dinámicas participativas e recursosprácticos\, como identiﬁcar e previr os riscos asociados ao uso inadecuado da tecnoloxía. A actividadeincluirá tamén un espazo de asesoramento e materiais divulgativos con ferramentas para promover un usomáis saudable\, seguro e responsable das pantallas. \nMestre/as e familias con ﬁllos de 3 a 12 anos \nQuen ten máis proteína?\nAs proteínas contribúen ao aumento e conservación da masa muscular e ao mantemento dos ósos en condicións normais\, o que as posiciona como un macronutriente imprescindible na alimentación. Nesteobradoiro determinarase o contido de proteína de diferentes tipos de leite e de bebidas vexetais para ver calnos aporta unha maior cantidade de proteína. \nDuración: 15 – 20 minutos Todas as idades \nFotosíntese artiﬁcial\nDemostración da produción de hidróxeno a partir de enerxía solar utilizando unha cela de combustible.Utilización do hidróxeno xerado para propulsar un vehículo. \nDuración: 20 -25 minutos \n9 a 18 anos \n \n\nObradoiros no Mercado Municipal\n\n\nAs carrachas\, presuntas culpables\nNeste obradoiro traballaremos coas carrachas\, eses pequenos animais que a miúdo atopamosalimentándose dos nosos cans\, ou incluso\, se temos mala sorte\, de nós mesmos. Coñeceremos as carrachas que se atopan en Galicia\, como identiﬁcalas e que enfermidades poden transmitir. Finalmente daranseunhas pautas para que os e as participantes poidan saber como evitar as súas picaduras e\, polo tanto\, atransmisión de patóxenos. \nDuración: 10 – 15 minutos Maiores de 14 anos \nMonitorización ambiental de baixo custe utilizando Arduino e ESP32\nTrátase de facer medidas de temperatura\, humidade ambiental\, humidade da terra\, e outras\, utilizandosensores de baixo custe e placas tipo Arduino ou ESP32. Tamén se describirá o proceso de deseño e depuración do kit Aqualab\, facendo demostracións do seu uso. \nDuración: 10 – 15 minutos Maiores de 12 anos \nUn bosque nun chiscar de ollos\nA actividade consistirá na exposición de diferentes especies vexetais cultivadas in vitro\, seguido dunha demostración da técnica de propagación in vitro e microenxerto. Resolveremos cuestións como: Por queclonamos as árbores? \nCantas árbores se poden producir nun ano utilizando o cultivo in vitro? Como seleccionamos os individuos aclonar? \nDuración: 30 minutos Todas as idades \nQue hai baixo os teu pés? O proxecto SUS-SOIL\nO proxecto SUS-SOIL (101157560)\, ﬁnanciado pola Unión Europea e coordinado polo Grupo deInvestigación en Sistemas Agroforestais e Agroecolóxicos\, céntrase no estudo da saúde dos solos para avaliar o seu grao de sustentabilidade. Neste laboratorio vivo descubriremos o efecto dos incendios sobre o solo\, os residuos que poden resultar nocivos para o medio ambiente e os pequenos amigos microscópicosque habitan nos nosos solos e contribúen á súa fertilidade. \nMáis info: //www.sus-soil.eu/ \nTodas as idades \nFerramentas dixitais ao servizo do agro\nO proxecto GREENCOOP (101182021)\, ﬁnanciado pola Unión Europea e coordinado polo Grupo de Investigación en Sistemas Agroforestais e Agroecolóxicos\, céntrase na transición cara a modelos decooperación rural que integran a agroecoloxía e a innovación dixital. Nesta experiencia inmersivadescubriremos o papel do porco celta como desbrozadora natural dentro dos sistemas agroforestais\,amosando como a tecnoloxía e o coñecemento tradicional se combinan para deseñar comunidadesrurais máis sustentables e resilientes. \nMáis info: //www.greencoopeu.eu/ Todas as idades \nREMOVIRT H3D\nOs e as visitantes poderán interactuar con visualizacións tridimensionais de fígados humanosreconstruídos a partir de probas de Tomografía Computerizada realizada no Hospital Álvaro Cunqueiro deVigo. As reconstruccións realizámolas no marco do Proxecto Removirt\, na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría no Campus Terra de Lugo\, empregando técnicas de Machine Learning\, Intelixencia Artiﬁcial eVisión Artiﬁcial. Ao público visitante ofreceráselle unha explicación de como este sistema desenvolvido no proxecto signiﬁcará un gran avance na planiﬁcación de cirurxías do fígado cando este está afectado porenfermidades relacionadas co cancro e a cirrosis hepática. \nMáis info: //www.removirt.es/ Todas as idades \nRePowerSiC\nRePowerSiC ten como misión redeﬁnir a forma en que se transmite a enerxía no espazo. O noso obxectivo é desenvolver un sistema de transmisión de enerxía mediante láser de alta potencia baseado en carburo de silicio (SiC)\, capaz de permitir a transferencia de enerxía sen fíos a través de grandes distancias no espazo.Esta tecnoloxía promete non só mellorar a eﬁciencia\, senón tamén reducir drasticamente o peso e o tamaño dos receptores de enerxía\, facendo que a exploración espacial sexa máis eﬁcaz e sostible. Os visitantes\, ademais de información do proxecto\, poderán ver demostradores de probas de concepto realizadas tanto no Centro de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS) como na Escola Politécnica Superior deEnxeñaría do Campus de Lugo. Nestes demostradores inténtase mostrar a problemática de transmitir enerxía no espazo e como dende o proxectoRePowerSiC se atende a esta necesidade. \nMáis info: //repowersic.eu/ Todas as idades \nO supermercado imposible\nNeste obradoiro interactivo descubrirás como cambia a nosa forma de escoller cando temos poucas opcións\,moitas alternativas ou unha selección feita por un algoritmo. A través do teu móbil participarás nun experimento real sobre comportamento do consumidor. Veremos canto tardamos en decidir\, cantoconﬁamos na nosa elección e ata que punto deixamos que a tecnoloxía escolla por nós. Os algoritmosaxúdannos a decidir ou condicionan o que podemos elixir? \nDuración: 20 – 25 minutos Maiores de 14 anos \nAs cores que se agochan nas tintas\nNeste obradoiro utilizaremos FlorLab para descubrir que cores se agochan detrás da tinta dos rotuladores. Mediante unha sinxela experiencia de cromatografía\, separaremos os distintos pigmentos que compoñen cada tinta e compararemos os resultados entre diferentes cores e rotuladores. Unha forma práctica e visual dedescubrir como a química nos permite separar e identiﬁcar os compoñentes dunha mestura. \nDuración: 20 – 30 minutos \n6 a 12 anos \nAreeiro de realidade aumentada\nSeguindo un modelo desenvolto na Universidade de Davis móstrase un simulador de mapas topográﬁcosen 3D interactivo que se actualiza en tempo real cando o manipula o usuario. Tamén podemos simular aescorrentía de augas cando se “fai chover” sobre o terreo. Este ano con novos xogos interactivos. \nDuración: 15 minutos Todas as idades \nSuperbacterias á vista!\nSabías qué hai microorganismos tan fortes que nin os antibióticos máis potentes conseguen vencelos? Agóchanse en todas partes e aínda que son invisibles aos nosos ollos\, están a causar unha pandemiasilenciosa que amenaza a nosa saúde. Nesta actividade descubrirás quen son as Superbacterias\, que aspecto teñen\, como se espallan e\, o máisimportante\, que podemos facer para previlas.\nAdemais\, empregando a creatividade\, poderás darlle forma coas túas máns\, mentres aprendes a coidar dasaúde de todos e todas! \nDuración: 30 minutos \n3 a 14 anos \nE para medir árbores\, mellor cinta métrica ou escáner?\nPara coñecer o estado e a evolución dos bosques é imprescindible ter información de primeira man dasárbores que os compoñen: que especies os conforman\, que tamaño teñen\, como se distribúen dentro dobosque\, etc. Se queres coñecer como as novas tecnoloxías baseadas en escáneres láser nos axudan a obter esta información\, este é o teu obradoiro! \nDuración: 25 – 30 minutos Maiores de 12 anos \nLambiscadas Cientíﬁcas\nAs Lambiscadas Cientíﬁcas\, co apoio da Área de Medio Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo\, achegan a ciencia ao rural a través da colaboración con entidades asociativas do territorio. Mediantefaladoiros próximos e participativos\, persoal investigador comparte coñecemento sobre temas diversos deinterese para a cidadanía\, favorecendo o diálogo e facendo que a ciencia chegue tamén fóra dos espazosacadémicos. \nTodas as idades \n \nWeb oficial: https://gnight.gal/
URL:https://vivalugo.es/evento/obradoiros-cientificos-g-night-2026/
CATEGORIES:Varios
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/09/gnight-2026.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260925T180000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260925T220000
DTSTAMP:20260917T164244Z
CREATED:20260917T164244Z
LAST-MODIFIED:20260917T164244Z
UID:106625-1790359200-1790373600@vivalugo.es
SUMMARY:iTERRA Night 2026 Obradoiros de investigación
DESCRIPTION:iTERRA Night 2026 o venres 25 de setembro de 18:00 a 22:00 horas no soto da Praza de Abastos de Lugo. \nEntrada de balde. Para todas as idades. \nObradoiros de investigación en saúde global e desenvolvemento sostible: \nUn laboratorio na túa man\nPoderedes aprender a estrutura do ADN e facer un modelo de ADN moi especial! Ademais aprenderemos como se fan as análises de ADN e os avances para levar un laboratorio completo a dispositivos miniaturizados ou lab-on-chip para ter análises máis rápidas e en calquera lugar.\nDuración: 50 – 60 minutos\nTodas as idades \nO que agochan as células\nNesta actividade descubriremos todo o que agochan as nosas células! Exploraremos a estrutura e función das células e estudo de tecidos con microscopio\, ademais da análise do ADN e a súa función. Realizaranse prácticas como a extracción de ADN\, o frotis sanguíneo e a observación de tecidos ao microscopio. O obxectivo é dar a coñecer as nosas estruturas vitais máis pequenas!\nDuración: 20 – 25 minutos\nMaiores de 6 anos \nUnha historia escrita nas árbores\nOs aneis de crecemento das árbores son unha das principais fontes de información sobre o clima pasado. Unha oportunidade de ver e manipular madeiras de diferentes épocas\, especies e lugares. Tamén observaremos mostras de madeira no microscopio\, e coñeceremos métodos de análise do crecemento en función da madeira. Compararemos os aneis dunhas árbores con outras\, e veremos como datalos\, e usalos para datar diferentes obxectos e construcións de madeira de épocas pasadas.\nDuración: 20 – 25 minutos\nTodas as idades \nDío con luz: comunicación con fibra óptica\nComo funciona a fibra que nos trae a internet a casa? Como se transmite a información a través desa fibra óptica? Utilizando un código de cores e unha fibra óptica enviaredes información en forma de pulsos de luz. \nDuración: 25 minutos\n8 a 16 anos \nDoctor\, what is happening to my cattle!\nRealización de probas rutinarias diagnósticas de campo en gando vacún\, tales como o test de California para o diagnóstico de mamite\, test de tira de ouriños\, e a realización da inseminación artificial nun modelo de vaca. Contabilización de neutrófilos vistos a microscopio dunha mostra citolóxica de endometrio bovino.\nDuración: 15 minutos\n10 a 14 anos \nMicrominerais en xogo\nDescubre o papel dos microminerais na nosa alimentación a través dun xogo interactivo e participativo. Serás quen de relacionar diferentes alimentos con elementos como o ferro\, o cinc\, o selenio ou o iodo? Ao longo da actividade aprenderás onde podemos atopalos\, que funcións cumpren no noso organismo e por que\, aínda que os necesitamos en pequenas cantidades\, son esenciais para manter unha boa saúde.\nDuración: 15 minutos\nTodas as idades \nCiencia á Feira\nO proxecto Ciencia á Feira\, impulsado por XuvenCiencia do Campus de Lugo da USC\, foi seleccionado pola FECYT na convocatoria de axudas ao fomento da cultura científica. A súa cuarta edición combina accións presenciais e dixitais inspiradas na tradición das feiras\, co obxectivo de achegar o coñecemento científico e tecnolóxico á poboación rural e periférica galega. Nesta ocasión abórdaranse diferentes temáticas como o alzhéimer\, a soberanía alimentaria e os incendios forestais.\nTodas as idades \nDetectives da fibra\nNeste obradoiro\, descubriremos que é a fibra\, cales son as súas funcións e qué tipos existen. Logo\, aprenderemos en qué alimentos se agocha ordeándoos de maior e menor contido de fibra\, salientando cales deses alimentos nos axudarán a manter unha microbiota saudable\, contribuíndo á nosa saúde intestinal e global. \nDuración: 15 minutos\nTodas as idades \nA saúde da Terra comeza no solo \nExplicaranse distintos exemplos de impactos que sofren os solos e como estes responden ós mesmos. Veranse exemplos práctico como o solo actúa como filtro retendo Cu e outro de como os incendios forestais favorecen a erosión post-incendio e que medidas se poden aplicar para diminuíla. Tamén se verán varios tipos de solos con cores diferentes\, así como as capas que o forman e estimarase a textura do mesmo. Por último buscarase a vida microscópica que habita nos solos que son clave para a saúde dos mesmos.\nDuración: 30 minutos\nTodas as idades
URL:https://vivalugo.es/evento/iterra-night-2026-obradoiros-de-investigacion/
CATEGORIES:Varios
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/09/iterra-2026.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260925T220000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260925T220000
DTSTAMP:20260924T111806Z
CREATED:20260924T111806Z
LAST-MODIFIED:20260924T111806Z
UID:106838-1790373600-1790373600@vivalugo.es
SUMMARY:Vilelos - Folión das Fachas
DESCRIPTION:Vilelos – Folión das Fachas \nVilelos – O Saviñao – 27547 Lugo
URL:https://vivalugo.es/evento/vilelos-folion-das-fachas/
CATEGORIES:Varios
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/09/vilelos-folion-fachas.jpg
END:VEVENT
END:VCALENDAR