BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//VivaLugo - ECPv6.18.4//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-ORIGINAL-URL:https://vivalugo.es
X-WR-CALDESC:Eventos para VivaLugo
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-Robots-Tag:noindex
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20250330T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20251026T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20260329T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20261025T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20270328T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20271031T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20280326T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20281029T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20261123
DTEND;VALUE=DATE:20270101
DTSTAMP:20261125T161758Z
CREATED:20261125T080042Z
LAST-MODIFIED:20261125T161758Z
UID:73747-1795392000-1798761599@vivalugo.es
SUMMARY:Cines en Lugo
DESCRIPTION:Cines en Lugo\nPodes ver a carteleira dos Cines Codex na súa web oficial  ou na seguinte imaxe: \n \nPodes ver a carteleira dos Cines Cristal na súa web oficial  \nPodes consultar a carteleira dos Cines Yelmo na súa web oficial \nViva Lugo\, Axenda Cultural de Lugo. \nwww.vivalugo.es \nhttps://www.facebook.com/vivalugo \nhttps://www.instagram.com/vivalugo/ \nhttps://x.com/viva_lugo
URL:https://vivalugo.es/evento/cines-en-lugo/
CATEGORIES:Cine
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2024/01/cine-en-lugo.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20261123
DTEND;VALUE=DATE:20270116
DTSTAMP:20261125T161815Z
CREATED:20261125T073947Z
LAST-MODIFIED:20261125T161815Z
UID:72068-1795392000-1800057599@vivalugo.es
SUMMARY:Exposicións en Lugo
DESCRIPTION:MUSEO PROVINCIAL DE LUGO\nPl. de la Soledad\, s/n\, 27001 Lugo \nHorario de inverno (1 de novembro – 30 de maio): De martes a sábado: De 10:00 a 13:30 e de 16:00 a 20:30 / Domingos e festivos: De 10:00 a 16:00 / Luns pechado \nHorario de verán (1 de xuño – 30 de outubro): De martes a sábado: De 10:00 a 13:30 e de 16:00 a 20:30 / Domingos e festivos: De 10:00 a 16:00 / Luns pechado \nweb oficial. \nO VELLO CÁRCERE \nA exposición permanente ‘O Vello Cárcere: da Guerra á Posguerra’ foi organizada polo Concello de Lugo e a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (A.R.M.H). A etapa da guerra civil e da posguerra dentro desta prisión queda ó descuberto a través das súas vítimas. Son as testemuñas e os recordos das persoas que estiveron retidas dentro destes muros por motivos inxustificados\, os que nos desvelarán as duras condicións ás que foron sometidas. \n‘O Vello Cárcere: da Guerra á Posguerra’ convértese\, deste xeito\, nunha homenaxe e nun espazo de encontro para dialogar e reflexionar sobre o pasado traumático que supuxo a guerra e a ditadura. \nA exposición permanente «Elas» é froito do traballo da investigadora\, ensaísta e mestra Aurora Marco. Durante máis de vinte anos\, levou a cabo un exhaustivo traballo de investigación acerca de mulleres galegas que sobresaíron ao longo da historia en diferentes campos e disciplinas. Como resultado deste labor xorde a publicación exposta nesta mostra\, cuxa edición se limitou a 155 exemplares. Nela recóllense 410 biografías destas mulleres galegas. \nEsta exposición está así mesmo composta por serigrafías realizadas por artistas galegas contemporáneas\, que tomaron como inspiración as historias aquí recollidas. Elas son Chelo Rodríguez\, Ehlaba Carballo\, Irene Silva Xiráldez\, María Manuela\, María Xesús Díaz\, Novais\, Sabela Arias Castro e Vanessa Lodeiro. \nA exposición permanente da Escola de Arte Superior de Deseño Ramón Falcón presenta nas celas do segundo andar do panóptico −espazo cedido permanentemente−\, a primeira das súas exposicións temporais en O Vello Cárcere. \nA mostra amosa unha escolma de traballos do seu alumnado e xira arredor dos estudos que ofrece: Serigrafía\, Gravado e Técnicas de Estampación\, Fotografía e Cerámica (ensinanzas profesionais); e Deseño Gráfico e Deseño de Interiores (estudos de Grao) \nInformación sobre O Vello Cárcere de Lugo e as exposicións temporais: \nPraza da Constitución\, s/n\, 27002 Lugo \nHorario: luns a sábado 11:00 a 14:00 e 16:00 a 20:00 horas. Domingo:  11:00 a 14:00 e 16:00 a 19:00 horas \nWeb oficial O Vello Cárcere de Lugo \n——————————————————————————————————–\nMUSEO MIHL – Museo Interactivo da Historia de Lugo\nAlberga un contido expositivo permanente que repasa a evolución histórica da cidade de Lugo mediante recursos audiovisuais\, maquetas interactivas e paneis informativos. Tamén conta cunha pequena selección de pezas arqueolóxicas entre as que destaca o monolito granítico que recolle a inscrición fundacional da cidade\, mandado levantar por Paulo Fabio Máximo en honor ao emperador Augusto. \nTamén se exhiben outras pezas de interese\, como unha máscara teatral de terracota e un conxunto de pezas epigráficas e cerámicas. \nInformación sobre o MIHL e as súas exposicións temporais: \nAv. Infanta Elena\, s/n\, 27003 Lugo \n982 297 446 \n \nWeb oficial do Museo MIHL \n———————————————————————————————————-\nMUSEOS MUNICIPAIS DE LUGO\nCasa dos Mosaicos ou Domus Oceani\nHorario\, exposicións … Web oficial da Casa dos Mosaicos ou Domus Oceani \nCentro arqueolóxico San Roque\nHorario\, exposicións … Web oficial do Centro arqueolóxico San Roque \nSala de Exposicións Porta Miñá\nHorario\, exposicións … Web oficial da Sala de Exposicións Porta Miñá \nCentro de Interpretación da Muralla\nHorario\, exposicións … Web oficial do Centro de Interpretación da Muralla \nGALERÍA SOLAINA\nRúa Camiño Real 88\, baixo. \nhttps://www.instagram.com/solaina.galeria/ \nGALERÍA NÉBOA\nLamas de Prado\, 31\, Lugo 27004 \nhttps://www.instagram.com/galerianeboa/ \nGALERÍA NOVA RÚA\nRúa Nova 114 -116 Bajo\, Lugo 27001 \nhttps://www.instagram.com/galerianovarua/ \nGALERÍA LA CATEDRAL\nObispo Basulto 12\, 27001-Lugo – 982 240 992 \ny\nBolaño Rivadeneira 17\, 27001 Lugo – 982 24 21 14 – Lunes a sábado 11:00 a 14:00 y 17:00 a 21:00 horas
URL:https://vivalugo.es/evento/exposicions-en-lugo/
CATEGORIES:Expos
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2024/01/banner-expos-en-lugo-cuadrado-2024.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20261126
DTEND;VALUE=DATE:20261127
DTSTAMP:20261122T095016Z
CREATED:20261122T095016Z
LAST-MODIFIED:20261122T095016Z
UID:108810-1795651200-1795737599@vivalugo.es
SUMMARY:Curso para aprender a tomar decisións e avanzar con estratexia
DESCRIPTION:A UNED de Lugo organiza o curso «L.I.D.E.R.A.: claridade para decidir\, estratexia para avanzar»\, unha proposta formativa orientada a fortalecer o autocoñecemento\, mellorar a toma de decisións e deseñar estratexias para afrontar novos retos persoais e profesionais. \nA actividade\, que se desenvolverá os días 26 de novembro e 3 de decembro\, busca proporcionar ferramentas prácticas para identificar capacidades\, motivacións e prioridades\, transformar as inquietudes en obxectivos realistas e avanzar con maior confianza en contextos de cambio ou incerteza. \nA formación será impartida por Paula Núñez\, coach profesional certificada pola Asociación Española de Coaching (ASESCO) e especialista en liderado persoal\, desenvolvemento profesional e acompañamento en procesos de cambio e crecemento. \nO programa estrutúrase en dúas sesións complementarias. A primeira\, prevista para o 26 de novembro baixo o título «Comprender»\, centrarase na análise da situación persoal\, a identificación das propias fortalezas e a definición do rumbo que se desexa seguir. A segunda\, o 3 de decembro\, titulada «Construír e actuar»\, abordará a planificación estratéxica\, os recursos necesarios para avanzar e a concreción de compromisos e accións de mellora. \nCun enfoque eminentemente práctico\, as persoas participantes elaborarán un plan persoal de acción que lles permitirá trasladar a reflexión a decisións concretas\, establecer prioridades e definir os seguintes pasos no seu desenvolvemento persoal e profesional. \nO curso está dirixido tanto a persoas que atravesan procesos de transición como a aquelas que\, estando satisfeitas coa súa situación actual\, desexan prepararse conscientemente para unha nova etapa. \nA actividade poderá seguirse presencialmente na UNED de Lugo ou en liña\, tanto en directo como en diferido. Conta cunha duración total de 10 horas\, incluído o traballo autónomo\, e ten recoñecidos 0\,5 créditos ECTS\, actualmente en trámite. \nEsta iniciativa intégrase no ciclo formativo «Saúde e Coidados» da UNED de Lugo\, baixo a dirección de Raquel Iglesias Rodríguez\, coordinadora de Extensión Universitaria do centro\, e conta coa colaboración da Deputación e do Concello de Lugo. \nAs persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición a través da plataforma de Extensión Universitaria da UNED. \nMáis información e matrícula: https://extension.uned.es/actividad/idactividad/55731
URL:https://vivalugo.es/evento/curso-para-aprender-a-tomar-decisions-e-avanzar-con-estratexia/
LOCATION:UNED LUGO\, Tolda de Castela Nº4B\, Lugo\, 27169
CATEGORIES:Cursos
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20261126T120000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20261126T120000
DTSTAMP:20261125T152548Z
CREATED:20261125T152548Z
LAST-MODIFIED:20261125T152548Z
UID:108916-1795694400-1795694400@vivalugo.es
SUMMARY:Conferencia «Influencers\, roles de xénero e a perpetuación da violencia contra as mulleres»
DESCRIPTION:A UNED de Lugo pon o foco nos discursos machistas nas redes sociais con motivo do 25N \nA psicóloga social Sara Pérez Calavia analizará este xoves como determinados contidos dixitais contribúen a perpetuar a desigualdade de xénero e a normalizar a violencia contra as mulleres. A actividade\, de balde e aberta a toda a sociedade\, poderá seguirse en liña\, en directo ou en diferido\, ou presencialmente no salón de actos da UNED de Lugo. \nAs redes sociais convertéronse nun escenario de difusión de novos discursos que\, baixo a aparencia de tendencias ou estilos de vida\, recuperan modelos tradicionais de desigualdade entre mulleres e homes. A súa influencia na sociedade\, especialmente entre as novas xeracións\, centrará a actividade coa que a UNED de Lugo se suma á conmemoración do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres. \nBaixo o título «Influencers\, roles de xénero e a perpetuación da violencia contra as mulleres»\, o encontro terá lugar este xoves\, 26 de novembro\, ás 12:00 horas\, e estará impartido por Sara Pérez Calavia\, psicóloga social con experiencia en Puntos Violeta. \nA relatora abordará fenómenos como a manosfera\, os incels ou as tradwives\, analizando como determinados discursos antifeministas atopan nas plataformas dixitais novas vías de difusión e presentan a desigualdade de xénero como unha opción de vida. \nCun formato dinámico e participativo\, a sesión convidará a reflexionar sobre a influencia destes contidos na construción das relacións sociais\, a perpetuación dos estereotipos de xénero e a normalización de comportamentos de submisión e dominación. \nA actividade forma parte do programa ODS en Acción\, promovido polo Observatorio ODS da UNED\, e está organizada pola Oficina Verde dos Centros Asociados da UNED\, con sede na UNED de Lugo\, coa colaboración da Deputación de Lugo e do Concello de Lugo. \nVinculada ao ODS 5 da Axenda 2030\, Igualdade de Xénero\, a proposta reforza o compromiso da UNED de Lugo coa prevención da violencia contra as mulleres\, a sensibilización social e o pensamento crítico fronte aos discursos que perpetúan a desigualdade. \nA participación é de balde e está aberta a toda a sociedade\, previa inscrición. A sesión desenvolverase de 12:00 a 13:00 horas e poderá seguirse en liña\, en directo ou en diferido\, ou presencialmente no salón de actos José Luis Prieto Arroyo da UNED de Lugo. \nMáis información e inscricións: https://extension.uned.es/actividad/idactividad/56849
URL:https://vivalugo.es/evento/conferencia-influencers-roles-xenero-perpetuacion-violencia-contra-mujeres/
LOCATION:UNED LUGO\, Tolda de Castela Nº4B\, Lugo\, 27169
CATEGORIES:Conferencias
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/11/conferencia-influencers-roles.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20261126T180000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20261126T180000
DTSTAMP:20261119T104426Z
CREATED:20261119T104426Z
LAST-MODIFIED:20261119T104426Z
UID:108769-1795716000-1795716000@vivalugo.es
SUMMARY:Familiar "A máquina do tempo"
DESCRIPTION:Familiar «A máquina do tempo»\nTeatro Ghazafelhos \n\n\n\n\n\nxoves\, 26 de novembro de 2026 18:00 hs.\n\n\nLugar: Biblioteca Municipal – Mihl\n\n\n\n\nIdade recomendada: A partir de 4 anos \nSinopse:\nA doutora Mon e o seu axudante Pe conseguen construír unha máquina do tempo coa que nos amosarán a verdadeira historia das civilizacións. Con ela\, Pe viaxará a distintas épocas do pasado. \nENTRADAS \n\nAdquisición de entradas a través do portal web entradaslugo.es e na Oficina Municipal de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función. 
URL:https://vivalugo.es/evento/familiar-a-maquina-do-tempo/
LOCATION:MIHL\, Av Infanta Elena\, s/n\, Lugo
CATEGORIES:Artes escénicas
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/11/animacion-lectura-biblioteca-municipal-isidro.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20261126T190000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20261126T190000
DTSTAMP:20261123T165652Z
CREATED:20261119T103118Z
LAST-MODIFIED:20261123T165652Z
UID:108759-1795719600-1795719600@vivalugo.es
SUMMARY:Inauguración da exposición "Arquivo Edelmiro Ménez: 1957-1964"
DESCRIPTION:Inauguración da exposición «Arquivo Edelmiro Ménez: 1957-1964»\nMuseo provincial de Lugo\n26 de novembro\n19:00h\n\nO legado fotográfico de Edelmiro Méndez\, composto por máis de 7.000 negativos\, chega á Sala de Exposicións do Museo Provincial de Lugo da man da Rede Museística Provincial. A mostra ofrece un retrato da comarca da Pontenova e do rural galego entre 1957 e 1964\, e convida a reflexionar sobre o valor do arquivo fotográfico.
URL:https://vivalugo.es/evento/inauguracion-da-exposicion-arquivo-edelmiro-menez-1957-1964/
LOCATION:Museo Provincial de Lugo\, Praza da Soidade\, s/n\, Lugo\, 27001
CATEGORIES:Expos
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20261126T190000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20261126T190000
DTSTAMP:20261122T095341Z
CREATED:20261122T180011Z
LAST-MODIFIED:20261122T095341Z
UID:108812-1795719600-1795719600@vivalugo.es
SUMMARY:O teu WordPress\, a túa IA\, as túas regras
DESCRIPTION:Xoves 26 de novembro ás 19:00.\nO Vello Cárcere (Praza da Constitución\, s/n)\, Lugo.\nAo rematar: networking e petiscos grazas a Lucushost.\n\nDescubre como montar o teu propio sistema de intelixencia artificial para traballar con WordPress\, mantendo o control dos teus datos e coñecementos. Escolle as túas ferramentas e cambia de modelo sen depender dun único provedor.
URL:https://vivalugo.es/evento/o-teu-wordpress-a-tua-ia-as-tuas-regras/
LOCATION:O Vello Cárcere\, Av. Alcalde Anxo López Pérez\, 10\, Lugo\, Lugo\, 27002\, Spain
CATEGORIES:Conferencias
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/11/o-teu-wordpress.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20261126T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20261126T193000
DTSTAMP:20261125T152835Z
CREATED:20261122T155711Z
LAST-MODIFIED:20261125T152835Z
UID:108701-1795721400-1795721400@vivalugo.es
SUMMARY:Charla explicativa sobre o uso das Landras na alimentación humana
DESCRIPTION:Xoves 26 ás 19:30: Merendola con Landras (belotas) Charla explicativa sobre o uso das Landras na alimentación humana e degustación de pan e tortas de landra \nA HEDREIRA
URL:https://vivalugo.es/evento/charla-explicativa-sobre-o-uso-das-landras-na-alimentacion-humana/
LOCATION:A Hedreira\, Rua Catasol\, 17\, Lugo\, 27002
CATEGORIES:Conferencias
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/11/charla-landras-a-hedreira.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20261126T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20261126T193000
DTSTAMP:20261124T123913Z
CREATED:20261124T123913Z
LAST-MODIFIED:20261124T123913Z
UID:108906-1795721400-1795721400@vivalugo.es
SUMMARY:Encontro "Xornalismo con sinatura de muller"
DESCRIPTION:Xornalismo con sinatura de muller é o título dun encontro con Margarita Ledo Andión e Ana Romaní Blanco\, membros da Real Academia Galega\, xornalistas e escritoras\, con recoñecidos traballos nas artes audiovisuais: o cine de Margarita e a radio de Ana. \nTerá lugar o xoves\, día 26 de novembro\, no Salón de Actos da Deputación Provincial\, ás 19:30 horas. \nEntrada libre. \nTerceiro acto do Valle-Inclán en homenaxe a Begoña Caamaño e á celebración das Letras Galegas de 2026. \nhttps://clubvalleinclan.org/
URL:https://vivalugo.es/evento/encontro-xornalismo-con-sinatura-de-muller/
LOCATION:Pazo de San Marcos – Deputación de Lugo\, Rúa San Marcos\, 8\, lugo\, Lugo\, 27001
CATEGORIES:Conferencias
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/11/terceiro-acto-valle-inclan.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20261126T203000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20261126T203000
DTSTAMP:20261125T161328Z
CREATED:20261125T161328Z
LAST-MODIFIED:20261125T161328Z
UID:108939-1795725000-1795725000@vivalugo.es
SUMMARY:Masa Crítica Lucense Novembro 2026
DESCRIPTION:26/11 \n20:30 horas \nPraza Maior \n«A Masa Crítica é un paseo colectivo e lúdico en bicicleta pola cidade reivindicando o uso da mesma como medio de transporte ecolóxico\, económico\, saudable e divertido\, facendo da cidade un espazo máis humano\, sen ruídos nin contaminación ó que están convocad@s tód@l@s ciclousuari@s.» Masa Crítica de Lugo
URL:https://vivalugo.es/evento/masa-critica-lucense-novembro-2026/
CATEGORIES:Varios
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/11/masa-critica-lugo-novembro-2026.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20261126T220000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20261126T220000
DTSTAMP:20261122T100844Z
CREATED:20261122T100844Z
LAST-MODIFIED:20261122T100844Z
UID:108822-1795730400-1795730400@vivalugo.es
SUMMARY:Concerto THE MOTHMEN
DESCRIPTION:«Estes serán os dous primeiros concertos na Sala Facela! \nDúas bandas\, dúas maneiras de entender o rock and roll\, pero un mesmo espírito: guitarras\, melodías e paixón pola música feita sen demasiadas concesións. \nXoves 26 de novembreo – 22:00 horas\nDesde San Diego chegan THE MOTHMEN\, unha auténtica superbanda formada por músicos procedentes dalgunhas das formacións máis interesantes do garage rock americano: The Tell-Tale Hearts\, The Crawdaddys\, The Unknowns e The Zeros. Primeira xira por España con esta formación e cun novo EP baixo o brazo\, editado por Snap Records Spain. Garage\, enerxía e moito rock and roll do que nunca pasa de moda. \nMércores 25 novembro –  22:00 horas\nBANDA AL9 chegan desde Brasil cunha auténtica declaración de amor ao pop de guitarras. Formada polos irmáns Matheus e Thiago Khouri\, a banda combina melodías luminosas\, harmonías vocais moi coidadas e ese son contaxioso que conecta o mellor pop dos 60 e 70 cunha enerxía absolutamente actual. O seu novo disco\, Hey! Hey! We’re Banda AL9\, publicado por Wicked Cool Records\, o selo de Little Steven Van Zandt\, confirma a súa habilidade para escribir cancións directas\, pegañentas e desas que custa quitar da cabeza. En directo veñen demostrar que as grandes melodías e as boas cancións nunca pasan de moda. \nDúas bandas\, dúas procedencias e unha mesma celebración do rock and roll. Das que nos gustan! \nEntradas en facelafest.com e woutick.com \nCompra o bono dous dous concertos e así aforras para unhas birras! \nArtwork de @lachapera» \nhttps://www.instagram.com/facelafest/
URL:https://vivalugo.es/evento/concerto-the-mothmen/
LOCATION:Sala Facela\, Ronda Muralla 165\, Lugo
CATEGORIES:Conciertos
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/11/concerto-banda-al9-the-mothmen.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20261126T220000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20261126T220000
DTSTAMP:20261123T174346Z
CREATED:20261123T174346Z
LAST-MODIFIED:20261123T174346Z
UID:108885-1795730400-1795730400@vivalugo.es
SUMMARY:Improdutivas novembro 2026
DESCRIPTION:Xoves 26 \n22:00 \nClub Clavicémbalo
URL:https://vivalugo.es/evento/improdutivas-novembro-2026/
LOCATION:Club Clavicémbalo\, Rúa dos Paxariños\, 23\, Lugo\, Lugo\, 27002\, Spain
CATEGORIES:Conciertos
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/11/improdutivas-novembro-2026.jpg
END:VEVENT
END:VCALENDAR