BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//VivaLugo - ECPv6.17.4.1//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-WR-CALNAME:VivaLugo
X-ORIGINAL-URL:https://vivalugo.es
X-WR-CALDESC:Eventos para VivaLugo
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-Robots-Tag:noindex
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20250330T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20251026T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20260329T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20261025T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20270328T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20271031T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20260914
DTEND;VALUE=DATE:20260919
DTSTAMP:20260914T170321Z
CREATED:20260914T170321Z
LAST-MODIFIED:20260914T170321Z
UID:106286-1789344000-1789775999@vivalugo.es
SUMMARY:Festival de Cine Rioplatense
DESCRIPTION:Festival de Cine Rioplatense \nUna programación para disfrutar\, emocionarnos y descubrir diferentes miradas del cine argentino y uruguayo. \nPROGRAMACIÓN \nLunes 14 — 19:15 h\n🇦🇷 27 noches (2025)\nDirección: Daniel Hendler \nMartes 15 — 19:30 h\n🇦🇷 Alelí (2019)\nDirección: Leticia Jorge \nMiércoles 16 — 19:30 h\n🇦🇷 La odisea de los Giles (2019)\nDirección: Sebastián Borensztein \nJueves 17 — 19:30 h\n🇦🇷 Descansar en paz (2024)\nDirección: Sebastián Borensztein \nViernes 18 — 19:15 h\n🇺🇾 Historias de canciones que hicieron historia (2008)\nDirección: Adriana Loeff y Claudia Abend \nO Vello Cárcere — Lugo @ovellocarcere\nEntrada libre
URL:https://vivalugo.es/evento/festival-de-cine-rioplatense/
LOCATION:O Vello Cárcere\, Av. Alcalde Anxo López Pérez\, 10\, Lugo\, Lugo\, 27002\, Spain
CATEGORIES:Varios
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/09/festival-cine-rioplatense.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20260914
DTEND;VALUE=DATE:20260925
DTSTAMP:20260908T170035Z
CREATED:20260908T170035Z
LAST-MODIFIED:20260908T170035Z
UID:106087-1789344000-1790294399@vivalugo.es
SUMMARY:Xornadas #BenvidaUSC! Concertos\, visitas guiadas e máis
DESCRIPTION:Xornadas #BenvidaUSC! Concertos\, visitas guiadas e máis\n14/09/2026\n\nEncontro: Visita dos servizos da USC\n\n\n16/09/2026\n\n\nAulas abertas de alemán\, francés e inglés (CLM)\n\n\n\nO mércores 16 de setembro Alddara actuará ás 20.15 h\, LG1DO actuará ás 21.15 h e haberá un encontro coa artista e co artista ás 18.30 h. Todo será na explanada da cafetería da @eps_enxenaria\, con acceso libre ata completar a capacidade do espazo. Ademais\, a partir das 18.30 h haberá stands informativos dos servizos da USC.\n\n\n\n\n\n17/09/2026\n\nRoteiro Entre augas e sendeiros: descuberta da contorna natural de Lugo (Agromar)\n\n\n\n\n\nRoteiro Lugo amurallado: 2000 anos de historia viva (Agromar)\n\n21/09/2026\n\n\nAula de Teatro: encontro aberto para coñecer o funcionamento a través dunha sesión práctica do programa escénico\n\n\nBUSCa: iníciate na biblioteca\n\n22/09/2026\n\n\nAula aberta de danza contemporánea\n\n\nAula aberta de danza creativa x maiores\, a danza non ten idade!\n\nAula aberta de danza ioga\n\nTorneos deportivos de benvida (fútbol 7\, fútbol sala e voleibol)\n\n\nTriviGal\n\n\n23/09/2026\n\n\nTaller de danza tradicional\n\n\nTaller de pandeireta\n\n24/09/2026\n\n\nAula aberta do taller de voz e movemento\n\n\nMesa informativa de Quérote+\n\nServizo de Mobilidade\n\n\nVisita guiada á Domus do Mitreo\n\n\n➕ Info sobre as xornadas de inicio de curso en:\n\nhttps://www.usc.gal/gl/benvidaUSC\n@cultura_usc
URL:https://vivalugo.es/evento/xornadas-benvidausc-concertos-visitas-guiadas-e-mais/
CATEGORIES:Varios
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/09/xornadas-benvida-usc-lugo-2026-1.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260917T180000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260917T180000
DTSTAMP:20260810T095954Z
CREATED:20260730T160401Z
LAST-MODIFIED:20260810T095954Z
UID:105325-1789668000-1789668000@vivalugo.es
SUMMARY:Familiar "Refugi"
DESCRIPTION:Familiar «Refugi» \nDa Compañía Manolo Alcántara \n17 de setembro de 2026 \n18:00 horas \nPraza de Santa María\, Lugo \nEntrada de balde \nDentro da programación do ciclo Tarde Tardiña 2026
URL:https://vivalugo.es/evento/familiar-refugi/
CATEGORIES:Artes escénicas
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/07/programacion-tarde-tardina-2026.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260917T200000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260917T200000
DTSTAMP:20260916T145553Z
CREATED:20260914T141321Z
LAST-MODIFIED:20260916T145553Z
UID:106250-1789675200-1789675200@vivalugo.es
SUMMARY:Inauguración da exposición "Wallace e a orixe das especies"
DESCRIPTION:Inauguración da exposición «Wallace e a orixe das especies»\nO acto inaugural desenvólvese o día 17\, ás 20.00 horas. A sesión comeza coa proxección da peza audiovisual creada para a sala inmersiva de ‘Wallace e a orixe das especies’. A continuación ten lugar unha breve aproximación musical ao século XIX a cargo da mezzosoprano Julia Portela Piñón. Logo da apertura oficial a cargo das autoridades\, desenvólvese o relatorio ‘Alfred Russel Wallace e a orixe das especies’\, a cargo de Borja Milá. \nA mostra\, que xa foi exhibida no Museo Nacional de Ciencias Naturales\, conta co comisariado de Borja Milá\, vicedirector de Exposicións do centro\, e Soraya Peña de Camus\, responsable da coordinación expositiva\, ambos investigadores do Consejo Superior de Investigaciones Científicas. Paulino Martínez Portela\, catedrático de Xenética da Facultade de Veterinaria do Campus de Lugo\, é o promotor desta exposición “que achegará a Lugo  un dos científicos máis fascinantes da historia”\, destaca. \nPoderá visitarse ata finais de xaneiro de 2027. \nA. R. Wallace\nA. R. Wallace foi un eminente naturalista\, un avezado explorador\, un científico creativo e un prolífico escritor en temas moi diversos. \nDende a organización da mostra salientan que “as súas principais contribucións á ciencia inclúen non só a descrición de novas especies de insectos e aves\, senón tamén establecer as bases teóricas para comprender a distribución xeográfica das especies e a evolución dos seres vivos!. \nActualmente é considerado o pai da bioxeografía como ciencia\, e codescubridor con Charles Darwin da teoría da evolución a través da selección natural. \n“Aínda que a súa imaxe foi en parte ensombrecida pola omnipresente figura de Darwin\, Wallace foi un dos principais científicos do século XIX”\, matizan dende Acuigen. \nCon esta mostra preténdese dar a coñecer “o seu importante legado e restablecer a súa relevante posición como científico\, así como o seu determinante papel á hora de promulgar a teoría evolutiva\, concepto unificador da bioloxía que cambiaría a nosa forma de ver a vida no planeta e o noso lugar no universo”. \nA exposición\, impulsada pola Universidade de Santiago de Compostela\, trae a Lugo a mostra sobre Alfred Russel Wallace producida polo Museo Nacional de Ciencias Naturais-CSIC e complétase cun programa de actividades de divulgación científica dirixidas tanto á cidadanía como aos centros educativos. Podedes consultar toda a información e o programa en:\nwww.expowallaceusc.com
URL:https://vivalugo.es/evento/inauguracion-da-exposicion-wallace-e-a-orixe-das-especies/
LOCATION:MIHL\, Av Infanta Elena\, s/n\, Lugo
CATEGORIES:Expos
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/09/inauguracion-expo-wallace.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260917T203000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260917T203000
DTSTAMP:20260916T104300Z
CREATED:20260916T104300Z
LAST-MODIFIED:20260916T104300Z
UID:106384-1789677000-1789677000@vivalugo.es
SUMMARY:Concentración "Solucións humanas en Ceuta. O racismo nunca é a resposta"
DESCRIPTION:Xoves 17 ás 20:30 diante do Concello de Lugo \nTrátase dunha convocatoria cidadá\, é dicir\, sen organización convocante\, pero con organizacións adheridas como apoio. \nAta agora (15 de setembro ás 20:30) apoian a convocatoria: Aliad-Ultreia\, CS A Hedreira\, Plataforma Feminista de Lugo\, Foro pola Memoria de Galicia\, A Revolta das Mulleres na Igrexa\, Irmandade Obreira de Acción Católica (IOAC)\, Asociación cidadá Agra dos Castros\, Axunica (Asociación de Axuda a Nicaragua)\, Avante LGBT+. \n«A convocatoria nace do encontro de persoas de Lugo coa perspectiva de que ante os acontecementos en Ceuta\, a falta de respostas efectivas e o clima de polarización e odio que se están a fomentar determinados actores é necesario saír á rúa para trasladar a nosa indignación coa xestión da crise\, a nosa solidariedade con todas as persoas que se atopan en Ceuta e esixir solucións\, pero que sexan solucións humanitarias.» \nCOMUNICADO \nO próximo xoves 17 ás 20:30 mobilizámonos diante do Concello de Lugo para demostrar que somos moitos os sectores da sociedade lucense que demandamos solucións amparadas Dereitos Humanos que poñan a empatía no centro. Porque nos preocupa a situación de Ceuta e porque nos preocupa polo tanto o benestar de TODAS as persoas que alí se atopan. E cando dicimos todas son todas\, non só unha parte. \nRecoñecemos a complexidade da situación ceutí\, pero iso non xustifica a ineficacia na resposta administrativa que tras máis dun mes chega cun atraso inadmisible\, que seguen agardando centos de migrantes e a poboación de Ceuta e que serve de combustible ao racismo máis violento. \nProclamas como “musulmán o que non bote” chocan coa realidade dunha cidade multicultural\, onde conviven musulmáns\, cristiáns e outras crenzas. Aqueles que se están a aproveitar desta crise para intereses alleos non buscan ofrecer solucións\, senón demonizar pola relixión\, cor de pel ou procedencia. \nA Hamza\, residente en España desde hai 20 anos\, a semana pasada abríronlle a cabeza dun botellazo en Murcia ao berro de “moro de merda\, vas pagar polo de Ceuta e Melilla”. \nEste racismo é unha ameaza\, en primeiro lugar\, para as persoas migrantes\, que están a sufrir cacerías\, en Ceuta e no resto do Estado. E tamén pon na diana á propia poboación ceutí: tanto a poboación racializada como persoas voluntarias ou integrantes de ONGs\nque asisten ás persoas migrantes. \nDestacamos o papel esencial que tivo a solidariedade do pobo ceutí. Sempre foi exemplo de convivencia e diversidade\, e nesta crise ceutís\, voluntariado e activistas proporcionaron alimento\, aloxamento e axuda ás persoas migrantes. \nA migración forzosa polas guerras\, a liberdade sexual ou calquera outra razón é un drama social\, e un dos seus principais motores é a acumulación de riqueza nos países que exercen un dominio económico sobre o sur global. Non se pode abordar a cuestión migratoria sen atender as súas raíces. \nNon ignoramos o uso que fan da migración as autoridades de Marrocos\, a quen a UE encarga a represión na fronteira\, pero iso non converte a quen foxe do seu país nunha persoa “invasora”. As persoas migrantes sofren estas manobras\, non son culpables. Os culpables non afogan no mar. \nPor iso\, esiximos: \n-Medidas eficaces do Estado e das administracións para garantir unha acollida acorde ao Dereito Internacional e permitir que a poboación ceutí recupere a súa vida cotiá. \n-Medidas de protección ante a violencia que están a sufrir migrantes\, traballadoras do social e activistas. \nSomos moitas persoas as que queremos amosar sen medo a nosa solidariedade con Ceuta ao tempo que empatizamos con quen se xoga a vida buscando unha oportunidade. \nSomos voces distintas que compartimos unha certeza: a fraternidade vencerá ao individualismo e ao odio.
URL:https://vivalugo.es/evento/concentracion-solucions-humanas-en-ceuta-o-racismo-nunca-e-a-resposta/
CATEGORIES:Varios
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/09/concentracion-solucions-humanas-en-ceuta.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260917T213000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260917T213000
DTSTAMP:20260915T144207Z
CREATED:20260915T144207Z
LAST-MODIFIED:20260915T144207Z
UID:106315-1789680600-1789680600@vivalugo.es
SUMMARY:Belém Tajes en concerto
DESCRIPTION:Club Clavicémbalo de Lugo \n17/09/2026 \n21:30 horas \n10 euros en entradium.com \nBelém Tajes presenta Amar o mar\, o seu primeiro álbum longo\, recoñecido co Premio Narf 2025 e editado nun singular formato físico como o primeiro ecodisco galego. Un traballo de forte personalidade que tende pontes entre a música galega e latinoamericana a través dun coidado universo sonoro. \nCantante\, compositora e especialista en musicoterapia\, Belém Tajes é unha das voces destacadas da canción pop de autora en Galicia. A súa traxectoria comeza nas agrupacións tradicionais\, nutríndose tamén dos cantares das súas avoas\, naturais de Arou (Camariñas)\, unha herdanza que segue presente no seu xeito de entender a música. Tras formar parte de proxectos como Luar na Lubre\, Vudú\, Aliboria e Moura\, a artista galego-arxentina inicia o seu camiño en solitario cunha proposta chea de personalidade e identidade propia. \nA banda en directo: \nBelém Tajes\, voz\, teclado e percusión \nNico Vieites\, guitarra eléctrica\, efectos \nCibrán Seixo\, violín\, baixo pedal \nPeter Cunado\, programacións e sintetizador
URL:https://vivalugo.es/evento/belem-tajes-en-concerto/
LOCATION:Club Clavicémbalo\, Rúa dos Paxariños\, 23\, Lugo\, Lugo\, 27002\, Spain
CATEGORIES:Conciertos
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/09/belem-tajes-en-concerto.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20260918
DTEND;VALUE=DATE:20260920
DTSTAMP:20260914T154602Z
CREATED:20260831T155841Z
LAST-MODIFIED:20260914T154602Z
UID:105665-1789689600-1789862399@vivalugo.es
SUMMARY:Caudal Fest 2026
DESCRIPTION:VENRES 18 \nLori Meyers – Xoel López – Pignoise – Sanguijuelas del Guadiana – Anni B Sweet – Barry B – Besmaya – Ortiga – No quiero – Inazio \n \nSÁBADO 19 \nSiloé – Ultraligera – Carlos Ares – La La Love You – Sexy Zebras – Leire Martínez – Veintiuno – O Caimán do río Tea – Tere! \n \nPazo de Feiras e Congreso de Lugo\n\n\nLa Casa do Concello\, punto pionero de prepulseración para evitar aglomeraciones\n\nLos días miércoles 16 y jueves 17 de septiembre\, la oficina municipal de atención (planta baja de la Casa do Concello) facilitará este servicio con el objetivo de que los asistentes puedan dirigirse directamente al control de seguridad una vez en el recinto\, reduciendo de manera considerable los tiempos de espera y garantizando un acceso fluido\, cómodo y seguro. \nAutobuses: se duplica el servicio de conexiones gratuitas\nLos autobuses realizarán un trayecto continuo conectando el centro urbano con el recinto del festival: \n• Punto de salida principal: Praza de Bretaña. \n• Parada intermedia: Volta da Viña (Rúa Santiago). \n• Destino: inmediaciones del recinto\, en el Pazo de Feiras e Congresos. \n• Horario del servicio: durante ambas jornadas (viernes 18 y sábado 19 de septiembre)\, los autobuses funcionarán ininterrumpidamente desde las 16:30 hasta las 03:45 horas de la madrugada. \n• Frecuencia: como mejora logística\, se duplica el servicio con la salida de dos autobuses cada 15 minutos\, duplicando así la capacidad de transporte disponible en ediciones anteriores para reducir al máximo los tiempos de espera. \n\n\n\n+ info e entradas: www.caudalfest.es
URL:https://vivalugo.es/evento/caudal-fest-2026/
LOCATION:Pazo de Feiras e Congresos\, Lugo\, Spain
CATEGORIES:Conciertos
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/08/caudal-fest-2026.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260918T170000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260918T170000
DTSTAMP:20260917T175620Z
CREATED:20260917T175620Z
LAST-MODIFIED:20260917T175620Z
UID:106642-1789750800-1789750800@vivalugo.es
SUMMARY:Visita guiada á contorna da Fábrica da Luz
DESCRIPTION:Visita guiada á contorna da Fábrica da Luz \nVenres 18 de setembro \n17:00 h \nPunto de saída: ponte romana \nNon é necesaria inscrición
URL:https://vivalugo.es/evento/visita-guiada-a-contorna-da-fabrica-da-luz/
CATEGORIES:Varios
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/09/visita-guiada-contorna-fabrica-luz.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260918T173000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260918T173000
DTSTAMP:20260917T173253Z
CREATED:20260917T173253Z
LAST-MODIFIED:20260917T173253Z
UID:106636-1789752600-1789752600@vivalugo.es
SUMMARY:Cuentacuentos con Profe Alba y mini taller de cocina
DESCRIPTION:Cuentacuentos con Profe Alba y mini taller de cocina\nVIERNES 18 de Septiembre en Librería Soños de Papel\nA las 17:30h \nCon @profealba_infantil \nRopa apta para mancharse\, vamos a cocinar!! \nEl próximo viernes tenemos otra tarde de cuento junto a Clementina\, la gallina más divertida\, chef y viajera; que nos enseñará muchas comidas\, nos ayudará a volar entre fogones y nos cocinará una gran receta/merienda.\nNo podéis faltar!  https://www.instagram.com/libreria_sonosdepapel/
URL:https://vivalugo.es/evento/cuentacuentos-con-profe-alba-y-mini-taller-de-cocina/
LOCATION:Librería Soños de Papel\, Calle María Castaña\, Esq. Augas Ferreas\, Lugo\, 27002
CATEGORIES:Artes escénicas
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/09/cuentacuentos-profe-alba-taller-cocina.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260918T203000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260918T203000
DTSTAMP:20260917T182151Z
CREATED:20260917T182151Z
LAST-MODIFIED:20260917T182151Z
UID:106660-1789763400-1789763400@vivalugo.es
SUMMARY:Concerto Coral de Voces Mixtas
DESCRIPTION:Concerto Coral de Voces Mixtas \nCoral Polifónica Ecos do Ulla\, Coro Xuvenil de Lugo e Schola Gregoriana Lucensis \n18 de setembro de 2026\, 20:30 horas\, Multiusos da Xunta de Galicia en Lugo.
URL:https://vivalugo.es/evento/concerto-coral-de-voces-mixtas/
LOCATION:Edificio Administrativo Xunta de Galicia en Lugo\, Ronda da Muralla 27\, Lugo
CATEGORIES:Conciertos
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/09/concerto-coral-voces-mixtas.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260918T223000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260918T223000
DTSTAMP:20260915T153536Z
CREATED:20260915T153536Z
LAST-MODIFIED:20260915T153536Z
UID:106349-1789770600-1789770600@vivalugo.es
SUMMARY:"Funámbula e os ceos quebradizos" en concerto
DESCRIPTION:O 18 de setembro ás 22:30 horas\, concerto para presentar o seu primeiro EP no clube Clavicémbalo. \n«Despois do lóstrego» é un álbum con espírito artesanal\, de temas autoproducidos que camiñan por un tenso fío de resonancias opostas. \nO proxecto encapsúlase nunha peza labrada a man por Marcos Vigo & Xabi Balado. Ademais\, conta coa colaboración estelar do guitarrista Iago D’Tenza na canción Gris espacial. Estará dispoñible online e en formato físico a partir do día da súa presentación. \nQuen é Funámbula e os ceos quebradizos? \n«Como ben evocan as nubes do EP\, somos unha banda da terra Lúgobre. Nun golpe de sorte\, vimos de telonear a Xoel López no último San Froilán\, pero máis alá do neon\, pasamos a maioría do tempo na bruma\, tecendo cancións atmosféricas\, de melodías celestes e efectos sinistros (o que chamamos «rock onírico»).»
URL:https://vivalugo.es/evento/funambula-e-os-ceos-quebradizos-en-concerto/
LOCATION:Club Clavicémbalo\, Rúa dos Paxariños\, 23\, Lugo\, Lugo\, 27002\, Spain
CATEGORIES:Conciertos
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/09/funambula-ceos-quebradizos-concerto.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260918T223000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260918T223000
DTSTAMP:20260917T180032Z
CREATED:20260917T180032Z
LAST-MODIFIED:20260917T180032Z
UID:106645-1789770600-1789770600@vivalugo.es
SUMMARY:Doc. Magoo’s en concierto
DESCRIPTION:Doc. Magoo’s en concierto \nSala JaggerViernes 18 de septiembre22:30 hTaquilla: 5 €Neil Young\, The Black Crowes\, Prince\, The Police\, The Rolling Stones\, Lenny Kravitz\, The Doors\, The Beatles o Bob Dylan forman parte de un directo cargado de guitarras y rock & roll.
URL:https://vivalugo.es/evento/doc-magoos-en-concierto/
LOCATION:Sala Jagger\, Rua da Cruz 20\, Lugo\, Lugo\, 27001
CATEGORIES:Conciertos
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/09/doc-magoos-en-concierto.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20260919
DTEND;VALUE=DATE:20260920
DTSTAMP:20260907T214717Z
CREATED:20260907T214717Z
LAST-MODIFIED:20260907T214717Z
UID:105947-1789776000-1789862399@vivalugo.es
SUMMARY:Quedada fotográfica concello de Lugo
DESCRIPTION:«El sábado 19 de septiembre quedada para fotografiar los tres patrimonios de la Humanidad de Lugo: muralla romana\, catedral y Camiño de Santiago. \n\nPaseo guiado por el casco histórico\, xantar entre compañeros y la presentación del Colectivo Ruando \n\nPlazas limitadas. Inscríbete antes del 12 de septiembre en fotowalkgalicia@gmail.com (toda la info y horarios en el cartel)» Fotowalk Galicia
URL:https://vivalugo.es/evento/quedada-fotografica-concello-de-lugo/
CATEGORIES:Varios
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/09/quedada-fotografica-concello-de-lugo.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260919T110000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260919T110000
DTSTAMP:20260909T112132Z
CREATED:20260909T112132Z
LAST-MODIFIED:20260909T112132Z
UID:106092-1789815600-1789815600@vivalugo.es
SUMMARY:Obradoiro de reciclaxe: personaxes creativas
DESCRIPTION:Obradoiro de reciclaxe: personaxes creativas \n19 de setembro de 2026 \nMercado Municipal de Lugo \nDe 11 a 12:30 e de 12:30 a 14:00 \nPara crianzas de 4 a 12 anos
URL:https://vivalugo.es/evento/obradoiro-de-reciclaxe-personaxes-creativas/
CATEGORIES:Cursos
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/09/obradoiros-no-mercado.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260919T120000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260919T120000
DTSTAMP:20260916T103631Z
CREATED:20260914T164410Z
LAST-MODIFIED:20260916T103631Z
UID:106284-1789819200-1789819200@vivalugo.es
SUMMARY:Inauguración de “Sustrato habitual”\, exposición individual de Román Corbato
DESCRIPTION:INAUGURACIÓN | SUSTRATO HABITUAL | ROMÁN CORBATO na Galería Néboa \n«O sábado 19 de setembro ás 12 h inauguramos “Sustrato habitual”\, exposición individual de Román Corbato (Xixón\, 1980). \nEn “Sustrato habitual”\, a xeoloxía e o territorio adquiren un papel central. A lousa\, os mapas\, as estratificacións\, as formas de erosión e os materiais atopados permítenlle ao artista achegarse a un tempo que excede a escala humana: un tempo profundo\, inscrito na materia e na paisaxe. \nA exposición estará acompañada dun texto de Cristina Ramos\, escrito para a ocasión. \n“Sustrato habitual” forma parte de ABERTO 2026\, a inauguración conxunta das galerías da Asociación Contemporánea.» https://www.instagram.com/galerianeboa/ \nRomán Corbato (Xixón\, 1980) é artista visual\, investigador e docente na Facultade de Deseño da Universidade de Vigo. Doutor en Arte Contemporánea: Creación e Investigación pola Universidade de Vigo e Arquitecto pola Universidade da Coruña. A través dunha mirada expandida da escultura\, que inclúe instalación\, vídeo\, fotografía e debuxo\, o seu traballo céntrase nas relacións entre os individuos e os lugares que habitan\, reconfigurando as distintas conexións entre contextos\, obxectos e símbolos. \nAo longo da súa traxectoria recibiu\, entre outros recoñecementos\, o I Premio da III Convocatoria de Intervencións Artísticas nas Torres Hejduk da Cidade da Cultura de Galicia (2015)\, o I Premio do Certame Nacional de Artes Plásticas Art Nalón (2016)\, o Premio Proxecto Expositivo á Produción do Centro Valey (2016) e o Premio NH Collection Santiago na feira Cuarto Público (2016). A súa obra forma parte de coleccións como a Fundación Pública Galega Camilo José Cela\, a Fundación Florencio de la Fuente e a Pinacoteca Municipal de Langreo\, ademais de coleccións particulares.
URL:https://vivalugo.es/evento/inauguracion-de-sustrato-habitual-exposicion-individual-de-roman-corbato/
LOCATION:Galería Néboa\, Lamas de Prado 31\, Lugo\, 27004
CATEGORIES:Expos
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/09/sustrato-habitual.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260919T123000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260919T123000
DTSTAMP:20260917T173615Z
CREATED:20260917T173615Z
LAST-MODIFIED:20260917T173615Z
UID:106639-1789821000-1789821000@vivalugo.es
SUMMARY:Sessom vermú com pinchada em vinilo
DESCRIPTION:Sessom vermú com pinchada em vinilo \nSábado 19 de setembro a partir das 12:30 horas \nC. S. Mádia Leva\, Lugo
URL:https://vivalugo.es/evento/sessom-vermu-com-pinchada-em-vinilo/
LOCATION:Madia Leva\, Serra de Ancares 18\, Lugo
CATEGORIES:Conciertos
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/09/sessom-vermu.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260919T130000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260919T130000
DTSTAMP:20260917T180310Z
CREATED:20260917T180310Z
LAST-MODIFIED:20260917T180310Z
UID:106648-1789822800-1789822800@vivalugo.es
SUMMARY:A sesión da Tinería 2026
DESCRIPTION:A sesión da Tinería 2026 \nSábado 19 de setembro\nHorario: das 13:00 ás 19:00 horas\nCo ritmo imparable de QUIMBINE.
URL:https://vivalugo.es/evento/a-sesion-da-tineria-2026/
CATEGORIES:Varios
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/09/a-sesion-da-tineria-2026-scaled.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260919T160000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260919T160000
DTSTAMP:20260917T181312Z
CREATED:20260917T181312Z
LAST-MODIFIED:20260917T181312Z
UID:106657-1789833600-1789833600@vivalugo.es
SUMMARY:Roteiro río Rato sen cemento
DESCRIPTION:«Este sábado 19 de setembro ás 16:00 h convidámoste a coñecer a contorna do primeiro tramo do río Rato\, un espazo natural ameazado pola ampliación do polígono do Ceao. \nPunto de encontro: Parque de Paradai de abaixo (Lugo)\nSábado\, 19 de setembro\n16:00 h \nAnótate: adegalugo@adega.gal | 982 240 299 | 613 123 111 \nColabora na defensa das nacentes do Rato en: adega.gal/rioratosencemento « \nhttps://www.instagram.com/adega_ecoloxismo/
URL:https://vivalugo.es/evento/roteiro-rio-rato-sen-cemento/
CATEGORIES:Varios
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/09/roteiro-rio-rato-cemento.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260919T170000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260919T170000
DTSTAMP:20260917T180613Z
CREATED:20260917T180613Z
LAST-MODIFIED:20260917T180613Z
UID:106651-1789837200-1789837200@vivalugo.es
SUMMARY:Encontro con Chus Pato
DESCRIPTION:«Este sábado en Arte e Parte recibimos á nosa querida e admirada Chus Pato. O evento será unha fonda conversa con Luz Darriba ao redor da obra da escritora galega\, académica de número da Real Academia Galega e Premio Nacional de Poesía 2024. A proposta é unha conversa aberta onde animamos á participación activa do público asistente.\nAgardámosvos\, non o perdades!\n\n\nSábado 19 de setembro ás 17hs\nAvenida da Coruña\, 67\, Entrechán. Lugo»
URL:https://vivalugo.es/evento/encontro-con-chus-pato/
LOCATION:Arte e Parte\, Avda. da Coruña 67\, entrechán\, Lugo
CATEGORIES:Conferencias
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/09/encontro-con-chus-pato.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260919T200000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260919T200000
DTSTAMP:20260916T102145Z
CREATED:20260916T102137Z
LAST-MODIFIED:20260916T102145Z
UID:106368-1789848000-1789848000@vivalugo.es
SUMMARY:Concerto da zanfonista Bea Peña
DESCRIPTION:Os días 19 e 20 de setembro terán lugar os primeiros actos do ciclo “Zanfona é feminino”\, organizados co apoio da Área de Artesanía e Deseño da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. \nUnha iniciativa que reivindica o papel das mulleres na historia da zanfona e da música e que busca poñer en valor o seu legado. \nO ciclo achega a Lugo o traballo da cantante e zanfonista Bea Peña\, especialista en música medieval\, e do ensemble Entrebescant. Presentan “El cantar del destierro”\, un programa no que a música medieval e a música de tradición oral\, dialogan nunha reflexión sobre o territorio\, a memoria e o despoboamento. \nO concerto terá lugar o sábado 19\, ás 20 horas\, na Capela de Santa María. O acceso será gratuíto ata completar a súa capacidade. \nAo día seguinte\, o domingo 20\, Peña impartirá un curso de aproximación teórica e práctica ao repertorio medieval da península ibérica e ás súas posibilidades de interpretación con zanfona\, afondando nas características que permiten adaptar as obras ao instrumento. O\nobradoiro\, de carácter gratuíto\, require de inscrición previa no correo electrónico info.centrad@deputacionlugo.org\, e desenvolverase no Centro de Artesanía e Deseño. \nReivindicar o legado das mulleres \nA zanfona é un instrumento profundamente vencellado a cultura galega\, porén ao longo da historia o papel das mulleres como creadoras e\nintérpretes foi frecuentemente invisibilizado\,  malia existir documentación e representación da súa presenza ao longo dos séculos. \nO ciclo “Zanfona é feminino” nace\, precisamente\, coa vontade de recuperar e reivindicar esta memoria\, visibilizando as achegas das\nmulleres á historia da zanfona.
URL:https://vivalugo.es/evento/concerto-da-zanfonista-bea-pena/
LOCATION:Capela de Santa María\, Ronda da Muralla\, 140\, Lugo\, Lugo\, 27004
CATEGORIES:Conciertos
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/09/concerto-zanfonista-bea.jpeg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260919T200000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260919T200000
DTSTAMP:20260917T180945Z
CREATED:20260917T180945Z
LAST-MODIFIED:20260917T180945Z
UID:106654-1789848000-1789848000@vivalugo.es
SUMMARY:Gala AFALU 2026\, música polo Alzheimer
DESCRIPTION:«Este sábado\, 19 de setembro\, ás 20:00 h\, temos unha cita moi especial no Círculo das Artes de Lugo. \nA Gala AFALU. Música polo Alzheimer nace para compartir unha noite de música\, pero tamén para lembrar algo que para nós é fundamental: detrás do Alzheimer hai persoas\, familias\, historias e moitos momentos que merecen ser coidados. \nNesta ocasión serán as Escolas Mancomunadas de Música de Rábade\, Begonte\, Outeiro de Rei e Friol as que poñan a música. Músicos de distintas xeracións\, xuntos nun escenario e por unha causa que nos toca a todos. \nE gustaríanos moito que estivésedes alí. \nPorque unha sala chea tamén é unha maneira de dicir “estamos convosco” ás persoas que viven co Alzheimer e ás súas familias. \nSalón Rexio do Círculo das Artes\nSábado\, 19 de setembro\n20:00 h\nEntrada de balde ata completar aforo \nSe podes\, ven. Comparte a gala. E trae contigo a alguén.\nTemos ganas de encher o Círculo de música\, pero sobre todo de xente. \nPorque hai melodías que se esquecen. E outras que permanecen.»  \nhttps://www.instagram.com/afalualzheimer/
URL:https://vivalugo.es/evento/gala-afalu-2026-musica-polo-alzheimer/
LOCATION:Círculo das Artes\, Praza Maior\, 23\, Lugo\, Lugo\, 27001\, Spain
CATEGORIES:Conciertos
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/09/gala-afalu-2026-scaled.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260919T203000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260919T203000
DTSTAMP:20260909T172304Z
CREATED:20260909T172304Z
LAST-MODIFIED:20260909T172304Z
UID:106155-1789849800-1789849800@vivalugo.es
SUMMARY:Teatro Amador "Vermello"
DESCRIPTION:Teatro Amador «Vermello»\nREBULDEIRA TEATRO \n\n\n\n\n\nSábado\, 19 de setembro de 2026 20:30 hs. \n\nLugar: Auditorio Gustavo Freire\, Lugo\n\nIdade recomendada: Todos os publicos\n\nSinopse: \n\nA cantidade de cor vermella que podemos ver nunha guerra marca o futuro das seguintes xeracións. O tempo\, ás veces\, é cíclico e todo o malo pode voltar. Temos medo.\n\n\n\n\nAs vidas de Manuel Díaz\, o médico dos pobres\, Rafael de Vega\, Franco\, e xente coma nós\, mestúranse coa historia ficcional de Rebuldeira Teatro na Guerra Civil. \nSomos actrices que representamos unha guerra vermella e queremos berrar a todo o mundo a nosa historia. \nUnha peza que abrangue a risa e a morte\, o lamento e a ledicia\, na que a nosa directora dirixirá o espectáculo dende as táboas. Que comece a función. \nENTRADAS: 3 € a través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio\, o día da función\, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.
URL:https://vivalugo.es/evento/teatro-amador-vermello/
LOCATION:​Auditorio Municipal Gustavo Freire\, Parque da Milagrosa\, Avda. da Coruña\, s/n\, Lugo\, Lugo\, 27003\, Spain
CATEGORIES:Artes escénicas
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/09/teatro-amador-2026.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260919T223000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260919T223000
DTSTAMP:20260915T143809Z
CREATED:20260915T143809Z
LAST-MODIFIED:20260915T143809Z
UID:106312-1789857000-1789857000@vivalugo.es
SUMMARY:Concerto de High Paw
DESCRIPTION:HIGH PAW en concerto en Lugo\n📍 Clavicembalo\n📅 Sábado 19 de setembro 2026\n🕥 22:30 h\n🎟️ Anticipada: 10€ | Billeteira: 12€\n🎫 Entradas: https://woutick.com/es/entradas/high-paw-en-club-clavicembalo-lugo \nHigh Paw é unha artista viguesa que conseguiu un espazo propio no panorama musical estatal e internacional grazas á súa mestura de reggae\, hip hop e músicas urbanas en galego. Cunha traxectoria marcada pola súa personalidade vocal e pola capacidade de conectar a tradición sonora caribeña coa identidade cultural galega\, converteuse nunha voz imprescindible desta escena tras case dúas décadas de carreira vinculada a múltiples proxectos musicais. \nActuou en numerosos festivais e realizou xiras por Europa e México\, ademais de colaborar con artistas como Manu Chao\, Chalart58\, Matah\, Wöyza\, Dios Ke Te Crew ou Ortiga. Letras críticas\, identidade propia e unha proposta aberta e bailable definen un proxecto capaz de conectar con públicos moi diversos. \nA recoñecida artista viguesa chega con nova banda\, nun paso que supón a consolidación definitiva do seu proxecto artístico. Faino acompañada de Zalo Rodríguez (Lontras) nas teclas\, Decsus (Daydream Sessions) na batería\, Brais Iriarte (Le BarLuthier) no baixo eléctrico e Laura Mercy (Dakidarría) nos coros. \nEsta nova formación dá forma a un directo inmersivo baseado en sintetizadores e ritmos pesados\, que transita entre o reggae\, o R&B\, o hip hop e a electrónica contemporánea. Unha proposta contundente que marca un punto de inflexión na carreira de High Paw\, incorporando por primeira vez unha banda propia ao seu universo musical.
URL:https://vivalugo.es/evento/concerto-de-high-paw/
LOCATION:Club Clavicémbalo\, Rúa dos Paxariños\, 23\, Lugo\, Lugo\, 27002\, Spain
CATEGORIES:Conciertos
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/09/concerto-high-paw.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260919T230000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260919T230000
DTSTAMP:20260826T180007Z
CREATED:20260826T180007Z
LAST-MODIFIED:20260826T180007Z
UID:105635-1789858800-1789858800@vivalugo.es
SUMMARY:Fiesta brasileña con Samba dos Amigos
DESCRIPTION:Fiesta brasileña con Samba dos Amigos\nSábado 19 de Septiembre\nDe 23:00h a 04:00h\nSala Tebras – Lugo \nEntrada gratuita hasta las 00:00h\nDespués: 5 € \nPrepárate para vivir una noche inolvidable llena de ritmo\, samba y la mejor energía de Brasil. \nActuación en directo de SAMBA DOS AMIGOS\, que pondrán a toda la sala a bailar con un espectáculo cargado de percusión\, samba y música brasileña en vivo. \nEn los descansos… ¡la fiesta no para! Disfruta de una sesión DJ con los mejores éxitos brasileños\, funk\, samba\, pagode y los temazos más bailables para seguir disfrutando hasta el cierre. \nPor supuesto\, habrá caipirinha \nUna noche pensada para cantar\, bailar y sentir el auténtico ambiente de una fiesta brasileña… ¡sin salir de Lugo! \n¡Ven con tu grupo de amigos\, ponte tus mejores ganas de bailar y estrena con nosotros la primera gran Fiesta Brasileña de Sala Tebras!
URL:https://vivalugo.es/evento/fiesta-brasilena-con-samba-dos-amigos/
LOCATION:Sala Tebras\,  Pza Viana do Castelo 3\, 27003\, Lugo
CATEGORIES:Conferencias
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/08/fiesta-brasilena-con-samba-dos-amigos.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20260920
DTEND;VALUE=DATE:20260921
DTSTAMP:20260914T163540Z
CREATED:20260914T163540Z
LAST-MODIFIED:20260914T163540Z
UID:106278-1789862400-1789948799@vivalugo.es
SUMMARY:Festa II Aniversario USK LUGO
DESCRIPTION:Festa II Aniversario USK LUGO \n«Parece que foi onte\, pero xa levamos dous anos debuxando Lugo xuntos\, enchendo cadernos\, compartindo momentos e coñecendo xente a través do debuxo. E queremos celebralo con vós!  \nDomingo 20 de setembro faremos unha quedada especial de aniversario. \n11:30 h – Praza Pío XII \nComezaremos\, coma sempre\, debuxando xuntos polos arredores da Catedral. \n14:00 h – Foto de grupo diante da Catedral \n14:30 h – Xantar no restaurante O Xugo \nDespois da quedada\, quen queira poderá acompañarnos a comer e celebrar estes dous anos como se merecen. \nE non esquezas traer unha vela! Faremos un xogo divertido con elas 🫣🎂\nE haberá algunha sorpresa máis… \nO xantar ten un prezo de 21 € e require inscrición e pagamento previo mediante Bizum ao 656 711 247 (Alicia)\, indicando no concepto: “Xantar USK + nome e apelidos”. \nDATA LÍMITE: DOMINGO 13 DE SETEMBRO \nA participación na quedada é\, coma sempre\, gratuíta\, aberta a todas as idades e non é necesario saber debuxar. Só tes que traer o teu material e ganas de compartir un bo rato. \nGrazas por acompañarnos durante estes dous anos. Agardámosvos para celebralo debuxando\, compartindo e soprando velas xuntos! »  \nhttps://www.instagram.com/usk.lugo/
URL:https://vivalugo.es/evento/festa-ii-aniversario-usk-lugo/
CATEGORIES:Varios
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/09/festa-ii-aniversario-usk-lugo.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20260920
DTEND;VALUE=DATE:20260921
DTSTAMP:20260914T163833Z
CREATED:20260914T163833Z
LAST-MODIFIED:20260914T163833Z
UID:106281-1789862400-1789948799@vivalugo.es
SUMMARY:Zanfona é feminino - Obradoiro con Bea Peña
DESCRIPTION:Zanfona é feminino – Obradoiro con Bea Peña \nDomingo 20 de setembro de 2026 \n10:30 a 13:30 e 16:00 a 19:00 \nCENTRAD\, Lugo
URL:https://vivalugo.es/evento/zanfona-e-feminino-obradoiro-con-bea-pena/
LOCATION:CENTRAD\, Rúa Chantada\, s/n\, Lugo\, 27004
CATEGORIES:Cursos
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/09/zanfona-e-feminino-obradoiro-bea.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260920T090000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260920T090000
DTSTAMP:20260917T172833Z
CREATED:20260917T172833Z
LAST-MODIFIED:20260917T172833Z
UID:106633-1789894800-1789894800@vivalugo.es
SUMMARY:Terceira edición da Ruta Solidaria a favor de Raiolas
DESCRIPTION:«A Asociación de Amigos del Camino De Santiago xunto coa Garda Civil\, organizan a terceira edición da Ruta Solidaria Xuntos e Seguros\, Camiñamos\, un evento patrocinado pola Xunta de Galicia. \nE este ano a recaudación será destinada íntegramente a nosa entidade. \nEsta celebración será o vindeiro 20 de setembro\, con saída ás 09:00 horas\, dende a Praza de Bretaña e traslado ata o punto de inicio.\nSerá un recorrido de 10 Km do Camiño Primitivo dende Bascuas ata a Catedral de Lugo. \nPrezo da inscripción: 10€/persoa\nPrazo de inscripción: ata o 14 de setembro\nDorsal 0: Donativo Solidario 7€/persoa \nPara formalizar a inscripción:\nNº conta ES70 2080 0163 8930 4006 5919 \nTeléfono 638.295.225 / lugocamino@gmail.com \nIncluír datos persoais do participante para o correspondente seguro e talla de camiseta solidaria que recibirá pola súa participación. \nAnimádevos a participar e colabora nesta ruta solidaria!!» https://www.instagram.com/raiolaslugo/
URL:https://vivalugo.es/evento/terceira-edicion-da-ruta-solidaria-a-favor-de-raiolas/
CATEGORIES:Varios
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/09/terceira-edicion-ruta-raiolas.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260920T173000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260920T173000
DTSTAMP:20260917T150513Z
CREATED:20260915T145307Z
LAST-MODIFIED:20260917T150513Z
UID:106320-1789925400-1789925400@vivalugo.es
SUMMARY:CANCELADA Visita teatralizada gratuita no cemiterio de San Froilán
DESCRIPTION:CANCELADA ATA NOVO AVISO \nVisita teatralizada gratuita no cemiterio de San Froilán \nO Grupo de Teatro Achádego protagonizará este domingo\, 20 de setembro\, ás 17.30 horas\, unha nova visita cultural ao recinto baixo o\ntítulo “Persoeiros peculiares que deixaron pegada na historia lucense” \nA proposta recupera a figura de varios personaxes populares que destacaron precisamente por vivir á marxe das convencións sociais\, por\nromper co establecido e por deixar tras de si historias tan singulares como humanas. A través da interpretación teatral\, o público poderá\nredescubrir a súa pegada e achegarse a unha parte da historia de Lugo menos solemne\, pero igualmente valiosa. \nEntre os protagonistas da visita estará Madalena da Ponte\, coñecida pola súa personalidade libre e polo seu particular xeito de entender a\nvida; Caín o da Lotaría\, popular vendedor de lotería cuxo carácter imprevisible o converteu nun personaxe ben coñecido na cidade; Mercedes a Petateira\, posiblemente unha das últimas maleteiras de Lugo e de Galicia\, ligada durante anos ao tren Coruña-Barcelona coñecido como O Shangay; e Currinche\, Alfredo Varela Vello\, quen se presentaba como “mestre de esgrima” e que acabou converténdose nun dos personaxes máis pintorescos da vida urbana lucense. \nMoitos deles quedaron tamén inmortalizados en retratos realizados por artistas lucenses e que aínda hoxe forman parte do imaxinario popular da cidade. \nCon esta actividade\, o Concello continúa apostando por poñer en valor o Cemiterio de San Froilán como espazo patrimonial\, cultural e de\nmemoria\, achegando ao público historias e figuras que axudan a comprender Lugo desde unha perspectiva diferente. \nAs visitas teatralizadas forman parte dunha programación que busca combinar divulgación histórica\, patrimonio e creación escénica\,\nfacendo da memoria da cidade unha experiencia viva e compartida.
URL:https://vivalugo.es/evento/visita-teatralizada-gratuita-no-cemiterio-de-san-froilan/
CATEGORIES:Artes escénicas
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260920T183000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260920T183000
DTSTAMP:20260909T172506Z
CREATED:20260909T172506Z
LAST-MODIFIED:20260909T172506Z
UID:106157-1789929000-1789929000@vivalugo.es
SUMMARY:Teatro Amador "A Conspiración da Piolla"
DESCRIPTION:Teatro Amador «A Conspiración da Piolla»\nTIRULEQUE GRUPO DE TEATRO \n\n\n\n\n\nDomingo\, 20 de setembro de 2026 18:30 hs. \n\nLugar: Auditorio Gustavo Freire\, Lugo\n\n\n\n\nIdade recomendada: Todos os publicos \nSinopse:  \nNun país imaxinario e na época actual\, un comando contrario ao réxime existente está maquinando atentar contra o tirano que goberna o país. Toda a acción se desenvolve nun só acto e transcorre no “piso franco”\, onde se está montando unha bomba. Entre os conspiradores xorden diferencias sobre cal sería o mellor método para acabar co ditador; xa que se veñen barallando varias posibilidades\, e mentres se avalían estas\, unha parte dos intrigantes vai maquinando a forma de controlar a cédula\, para deixar fóra aos actuais dirixentes\, o que rematan conseguindo con malas artes\, para acabar sendo vítimas da propia situación provocada\, ao acceder ao poder sen ter a\npreparación adecuada. E amais porque o autor do texto é partidario de que sempre perdan os malos. \nENTRADAS: a través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio\, o día da función\, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.
URL:https://vivalugo.es/evento/teatro-amador-a-conspiracion-da-piolla/
LOCATION:​Auditorio Municipal Gustavo Freire\, Parque da Milagrosa\, Avda. da Coruña\, s/n\, Lugo\, Lugo\, 27003\, Spain
CATEGORIES:Artes escénicas
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/09/teatro-amador-2026.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20260921
DTEND;VALUE=DATE:20260922
DTSTAMP:20260916T142005Z
CREATED:20260916T142005Z
LAST-MODIFIED:20260916T142005Z
UID:106539-1789948800-1790035199@vivalugo.es
SUMMARY:Semana de Cine de Lugo 2026 - Programación do luns 21
DESCRIPTION: Programación da Semana de Cine de Lugo 2026 \nhttps://semanadecinedelugo.com/gl
URL:https://vivalugo.es/evento/semana-de-cine-de-lugo-2026-programacion-do-luns-21/
CATEGORIES:Cine
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/09/programa-semana-cine-lugo-2026-3.jpg
END:VEVENT
END:VCALENDAR