BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//VivaLugo - ECPv6.16.2//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-ORIGINAL-URL:https://vivalugo.es
X-WR-CALDESC:Eventos para VivaLugo
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-Robots-Tag:noindex
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20250330T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20251026T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20260329T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20261025T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20270328T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20271031T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20260513
DTEND;VALUE=DATE:20260518
DTSTAMP:20260531T044614
CREATED:20260513T182712Z
LAST-MODIFIED:20260513T182712Z
UID:103078-1778630400-1779062399@vivalugo.es
SUMMARY:Feira do libro de Lugo 2026
DESCRIPTION:Feira do libro de Lugo 2026 \nDo 13 de maio ao 17 de maio na Praza Maior (arriba) S/N\, 27001 \nFeira do libro Novo \nEntrada: Gratuíto \nTodos os públicos
URL:https://vivalugo.es/evento/feira-do-libro-de-lugo-2026/
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/05/feira-libro-lugo-2026-scaled.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20260516
DTEND;VALUE=DATE:20260518
DTSTAMP:20260531T044614
CREATED:20260514T142840Z
LAST-MODIFIED:20260514T142840Z
UID:103098-1778889600-1779062399@vivalugo.es
SUMMARY:Actividades en Lugo polo Día das Letras Galegas
DESCRIPTION:Actividades en Lugo polo Día das Letras Galegas\nO Concello de Lugo presenta unha programación especial para esta fin de semana para celebrar o Día das Letras Galegas dedicado a Begoña Caamaño. \nSábado 16 de maio Programación no Vello Cárcere\n\n• 11:30 a 13:00 horas – Club de lectura aberto: “Mulleres que reescriben os mitos”\, arredor das obras Circe ou o pracer azul e Morgana en Esmelle. Actividade para maiores de 14 anos.\n\n• 12:00 a 13:00 horas – Obradoiro familiar: “Monstros e heroínas do mar”. Actividade dirixida a familias con nenos e nenas de 4 a 12 anos.\n\n• 17:00 a 18:30 horas – Ruta participativa: “Palabras presas\, palabras libres”\, unha visita guiada con perspectiva de xénero centrada na memoria das mulleres presas no Vello Cárcere.\n\nDomingo 17 de maio\nNo templete da Praza Maior\n\n• 11:30 a 13:00 horas – Encontro cos Bolechas\n\n• 17:30 a 19:30 horas– Lectura pública das obras de Begoña Caamaño coa participación cidadá\, acompañamento musical de Claustromúsic@ Lugo e conducida pola xornalista Raquel González.\n\nNo Vello Cárcere \n\n• 11:30 a 13:00 horas – Contacontos teatralizado: “Circe en O Vello Cárcere”\, dirixido ao público familiar.\n\n• 12:00 a 13:00 horas – Conversa literaria: “Ler a Begoña hoxe”\, sobre a obra e o legado da autora homenaxeada.\n\n• 17:00 a 18:30 horas – Obradoiro interxeracional: “Cartas para Morgana”\, arredor da escritura creativa e da revisión da historia desde unha perspectiva de xénero.\n\n• 18:30 a 19:00 horas – Lectura pública dos textos elaborados durante o obradoiro.\nDurante este acto interpretaranse diferentes pezas representativas da música galega\, nun percorrido musical que pon en valor tamén o patrimonio cultural do país.\n\nIMPORTANTE: As inscripcións poderanse facer no teléfono 982 297195 en horario de 11.00 a 14.00 horas ou de 16.00 a 20.00 horas ou ben no correo electrónico vellocarcere@lugo.gal
URL:https://vivalugo.es/evento/actividades-en-lugo-polo-dia-das-letras-galegas/
CATEGORIES:Varios
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/05/dia-das-letras-galegas-2026-lugo.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260517T123000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260517T123000
DTSTAMP:20260531T044614
CREATED:20260515T143747Z
LAST-MODIFIED:20260516T151554Z
UID:103186-1779021000-1779021000@vivalugo.es
SUMMARY:AVISO - Concerto Letras Galegas 2026 Banda Filharmónica de Lugo
DESCRIPTION:AVISO: O Concerto vai ser no CMUS Xoán Montes\nConcerto Letras Galegas 2026 Banda Filharmónica de Lugo e cuarteto de gaitas CMUS Xoán Montes de Lugo \n17 de maio de 2026 \n12:30 horas \nPraza do Ferrol
URL:https://vivalugo.es/evento/concerto-letras-galegas-2026-banda-filharmonica-de-lugo/
LOCATION:CMUS Xoán Montes\, Xosé Castiñeira 5\, LUGO\, Lugo\, 27002\, Spain
CATEGORIES:Conciertos
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/05/banda-fiharmonica-letras-galegas.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260517T170000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260517T170000
DTSTAMP:20260531T044614
CREATED:20260504T094604Z
LAST-MODIFIED:20260504T094604Z
UID:102696-1779037200-1779037200@vivalugo.es
SUMMARY:Museos Municipais de Lugo - "O taller dos artistas"
DESCRIPTION:Lugar: Sala de Exposicións Porta Miñá e Centro Arqueolóxico de San Roque. \nDías: todos os domingos de maio e 18 de maio «Día dos Museos». \nHora: Inicio 17:00h\, fin 18:30h. \nDirixida: a todos os públicos en especial a nenos de 4 a 10 anos. \n«NON FAI FALTA INSCRICIÓN. (Aforo máximo 20 nenos) Terán que esperar se estátodo cuberto.\nIMPORTANTE: para acceder ao Taller dos Artistas terás que dicirlle ao persoal de @museoslugo o contrasinal: \n«MANU FACTA» (feito a man). \nLembra traer o teu lapis ou pintura favorita para realizar os debuxos.Estamos a preparar todo para recibir aos mellores artistas de Lucus Augusti. \nEsperámosvos!»  Museos Municipais de Lugo
URL:https://vivalugo.es/evento/museos-municipais-de-lugo-o-taller-dos-artistas/
CATEGORIES:Varios
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/04/o-taller-dos-artistas.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260517T183000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260517T183000
DTSTAMP:20260531T044614
CREATED:20260513T144740Z
LAST-MODIFIED:20260513T145127Z
UID:103031-1779042600-1779042600@vivalugo.es
SUMMARY:Familiar "O arcón de Noa"
DESCRIPTION:Familiar «O arcón de Noa» \nAmarelo Cía \n\n\n\n\nDomingo\, 17 de maio de 2026 18:30 hs. \n\nLugar: Auditorio Municipal Gustavo Freire\n\n\n\n\n\nIdade recomendada: A partir dos 3 anos \nSinopse: \nNoa é unha nena que garda no seu arcón os xoguetes que xa non a entreteñen. Todo parece vello e apagado no seu mundo solitario. Pero un día\, sen decatarse\, activa un encantamento e entra no mundo máxico que habita no arcón\, onde os xoguetes cobran vida e un ser misterioso goberna sobre eles. \nA través da linguaxe da danza contemporánea\, a utilización de obxectos e a interacción co dispositivo escénico\, o espectáculo mostra múltiples situacións e personaxes guiados por unha narración clásica de conto de maxia e fantasía\, estimulando a imaxinación das nenas e nenos grazas a unha posta en escena alegre e luminosa. \nO ARCÓN DE NOA trata transversalmente valores sociais e temáticas relevantes para o desenvolvemento emocional das nenas e nenos: a empatía\, a amizade\, a cooperación\, a diversidade\, a inclusión e o respecto ao diferente. Todos estes temas tratados de maneira lúdica\, facendo uso da linguaxe corporal\, a luz\, a música e efectos audiovisuais para contar unha historia de amizade onde haberá emoción\, maxia\, aventuras\, fantasía e comicidade. \nENTRADAS: \nAdquisición de entradas a través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio\, o día da función\, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.
URL:https://vivalugo.es/evento/familiar-o-arcon-de-noa/
LOCATION:​Auditorio Municipal Gustavo Freire\, Parque da Milagrosa\, Avda. da Coruña\, s/n\, Lugo\, Lugo\, 27003\, Spain
CATEGORIES:Artes escénicas
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/05/familiar-o-arcon-de-noa.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260518T110000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260518T110000
DTSTAMP:20260531T044614
CREATED:20260512T091706Z
LAST-MODIFIED:20260513T181827Z
UID:102972-1779102000-1779102000@vivalugo.es
SUMMARY:Inauguración da exposición "O Infinito nas aulas"
DESCRIPTION:Inauguración da exposición «O Infinito nas aulas» \n18 de maio de 2026 \nSala de exposicións da Deputación de Lugo. \n11:00h
URL:https://vivalugo.es/evento/inauguracion-da-exposicion-o-infinito-nas-aulas/
LOCATION:Pazo de San Marcos – Deputación de Lugo\, Rúa San Marcos\, 8\, lugo\, Lugo\, 27001
CATEGORIES:Expos
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/05/inauguracion-exposicion-infinito-aulas.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260518T160000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260518T160000
DTSTAMP:20260531T044614
CREATED:20260515T111240Z
LAST-MODIFIED:20260515T122008Z
UID:103115-1779120000-1779120000@vivalugo.es
SUMMARY:Actividades polo Día Internacional dos Museos
DESCRIPTION:Actividades polo Día Internacional dos Museos promovidas polo  Concello de Lugo:\n18 de maio de 2026\n\n16.00 horas na Sala Porta Miñá: Obradoiro de amuletos: “Circe\, Morgana e o herbario galaico-romano”\n\n\nSabías que os romanos e romanas eran moi supersticiosos e crían nas enerxías? Por iso sempre levaban algún amuleto que os protexese.\n\n\n\n\n\n17.00 horas | Visita teatralizada “Vive Lugo como en Roma” Saída desde a Casa dos Mosaicos\n\n\n17.00 horas | “Cruces mitolóxicas: cruces de pedra e mitos” Centro Arqueolóxico San Roque\n\nNeste obradoiro para todos os públicos falaremos de seres mitolóxicos da tradición oral galega\, da cultura clásica e dos monumentos naturais e históricos de Lugo e o resto de Galicia. Descubre a maxia e o misterio das lendas sobre mámoas\, petroglifos\, castros\, ríos\, fontes\, fervenzas da nosa terra\, gardadas por mouras e ninfas.\n\nAforo máximo 20 persoas (admisión segundo orde de chegada)\n\n\n\n18.00 horas | Obradoiro “O taller dos artistas: crea a túa propia obra de arte” Sala de Exposicións Porta Miñá\n\n\nDirixida: a todos os públicos en especial a nenos de 4 a 10 anos.\nNON FAI FALTA INSCRICIÓN. (Aforo máximo 20 nenos) Terán que esperar se está\ntodo cuberto.\nIMPORTANTE: para acceder ao Taller dos Artistas terás que dicirlle ao persoal de @museoslugo o contrasinal: «MANU FACTA» (feito a man).\nLembra traer o teu lapis ou pintura favorita para realizar os debuxos.\n\n\n\n\n18.00 horas | Concerto de Traspielas  MIHL \n\n\n\nAs persoas interesadas en participar nas actividades poden formalizar a súa inscrición na Oficina Municipal de Turismo ou a través do teléfono 982 25 16 58.
URL:https://vivalugo.es/evento/actividades-polo-dia-internacional-dos-museos/
CATEGORIES:Varios
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/05/visita-teatralizada-lugo.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260518T170000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260518T170000
DTSTAMP:20260531T044614
CREATED:20260504T094403Z
LAST-MODIFIED:20260504T094403Z
UID:102694-1779123600-1779123600@vivalugo.es
SUMMARY:Día dos Museos - O taller dos artistas
DESCRIPTION:18 de maio \n17:00h a 18:30h. \nDirixida: a todos os públicos en especial a nenos de 4 a 10 anos. \nLugar: Sala de Exposicións Porta Miñá e Centro Arqueolóxico de San Roque. \n«NON FAI FALTA INSCRICIÓN. (Aforo máximo 20 nenos) Terán que esperar se estátodo cuberto. \nIMPORTANTE: para acceder ao Taller dos Artistas terás que dicirlle ao persoal de @museoslugo o contrasinal: \n«MANU FACTA» (feito a man). \nLembra traer o teu lapis ou pintura favorita para realizar os debuxos.Estamos a preparar todo para recibir aos mellores artistas de Lucus Augusti. \nEsperámosvos!» Museos Municipais de Lugo \nTamén todos os domingos de maio
URL:https://vivalugo.es/evento/dia-dos-museos-o-taller-dos-artistas/
CATEGORIES:Varios
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/04/o-taller-dos-artistas.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260518T180000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260518T180000
DTSTAMP:20260531T044614
CREATED:20260504T143419Z
LAST-MODIFIED:20260504T145251Z
UID:102791-1779127200-1779127200@vivalugo.es
SUMMARY:Concerto de Traspielas
DESCRIPTION:18 de maio ás 18:00 horas na Caixa Negra do MIHL\, con acceso libre ata completar a cabida do recinto. \nO novo proxecto da compositora e guitarrista Su Garrido Pombo Música xunto con Macarena Montesinos (cello)\, Iago Ramilo (saxo)\, Marco Maril (electrónica) e Fran Rodríguez Casal (visuais)\, en que profundizan e celebran a memoria colectiva dunha aldea a través dunha obra musical\, poética e visual.\n\nPartindo de pezas tradicionais recollidas na aldea de Traspielas (Fornelos de Montes) e proxeccións con imaxes actuais e de videoarquivo\, artistas de estilos diversos como a electrónica\, a experimentación e a música tradicional\, conflúen para crear unha obra actual que pon en valor a cultura popular e busca fortalecer o vínculo entre a comunidade e o seu territorio.\n\nAs cancións son revisitadas con novos arranxos e acompañadas de audiovisuais\, textos e escenografías creadas a partir da escoita da memoria local\, establecendo un diálogo entre pasado\, presente e futuro. O proxecto céntrase en reinterpretar 11 pezas tradicionais recollidas na aldea —xotas\, muiñeiras\, cantos de berce\, romances— dende unha perspectiva multidisciplinar e contemporánea.\n\nEsta programación especial polo Día dos Museos\, conta co apoio de Cultura e Turismo de Lugo.
URL:https://vivalugo.es/evento/concerto-de-traspielas/
LOCATION:MIHL\, Av Infanta Elena\, s/n\, Lugo
CATEGORIES:Conciertos
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/05/concerto-traspielas.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260518T180000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260518T180000
DTSTAMP:20260531T044614
CREATED:20260513T140523Z
LAST-MODIFIED:20260513T140523Z
UID:103015-1779127200-1779127200@vivalugo.es
SUMMARY:Ciclo “Sons de Maio para Begoña Caamaño”
DESCRIPTION:Ciclo “Sons de Maio para Begoña Caamaño” con actuacións na Praza da Soidade de Lugo das aulas de música e baile tradicional da Tradescola. \nLuns 18/05 – 18:00
URL:https://vivalugo.es/evento/ciclo-sons-de-maio-para-begona-caamano/
CATEGORIES:Artes escénicas
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260518T180000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260520T180000
DTSTAMP:20260531T044614
CREATED:20260429T152123Z
LAST-MODIFIED:20260513T152034Z
UID:102643-1779127200-1779300000@vivalugo.es
SUMMARY:Pint of Science Lugo 2026
DESCRIPTION:Pint of Science Lugo 2026\nEnchemos os bares de Lugo de ciencia \nLuns 18/05 – 18:00 – Mesón do Forno – Entrada de balde\nManuel Marey Pérez analizará os incendios forestais\, explorando a súa evolución\, causas\, impactos e posibles escenarios futuros no territorio. \nA continuación\, Marta Prado Rodríguez mostrará como a miniaturización de métodos analíticos está a revolucionar a seguridade alimentaria\, permitindo detectar contaminantes e garantir a calidade dos produtos de forma rápida e precisa. \nPola súa banda\, Cristian Martín Vázquez porá o foco na saúde durante o embarazo\, destacando a importancia do benestar integral da muller e evidenciando a necesidade de incorporar a saúde mental e o apoio social no seguimento prenatal. \nInformación completa da xornada do 18/05 \nMartes 19/05 – 18:00 – Ho! Gruf – Entrada de balde\nMarcelino Maneiro Maneiro abrirá a tarde cun percorrido polo nacemento da química moderna no contexto da Revolución Francesa\, explicando como figuras como Lavoisier contribuíron a transformar a alquimia nunha disciplina científica. \nA continuación\, Marta Veiga Izaguirre presentará o proxecto CALLEIRA\, centrado en recuperar as memorias e experiencias das mulleres arredor da produción e xestión do leite en distintas comarcas de Lugo. \nPor último\, Tamara López Fernández analizará os casos de estupro durante o franquismo\, explorando como as normas sociais\, xurídicas e de xénero condicionaron as relacións e o seu tratamento xudicial en Lugo e na Lisboa salazarista. \nInformación completa da xornada do 19/05 \nMércores 20/05 – 18:00 – FA CE LA Bar – Entrada de balde\nSaskia Camille Flament Simon explicará o papel dos plásmidos como vehículos xenéticos clave na evolución bacteriana e a súa importancia na biotecnoloxía actual. \nA continuación\, Paula Vázquez Rodríguez abordará o acoso psicolóxico no traballo\, analizando os seus efectos sobre as persoas e as organizacións e subliñando a súa dimensión colectiva. \nPor último\, Óscar Fernández Expósito ofrecerá unha aproximación á análise retórica do texto bíblico Xoán 17\,1-26\, explorando as tensións de tempo e espazo que configuran o seu significado e o seu impacto na interpretación. \nWeb oficial: https://pintofscience.es/events/lugo/ \nArtigo en VivaLugo: A ciencia enche os bares: Pint of Science consolídase en Lugo e chega por primeira vez a Palas de Rei
URL:https://vivalugo.es/evento/pint-of-science-lugo-2026/
CATEGORIES:Conferencias
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/04/pint-science-lugo-2026-definitivo.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260519T163000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260519T163000
DTSTAMP:20260531T044614
CREATED:20260518T175727Z
LAST-MODIFIED:20260518T175727Z
UID:103242-1779208200-1779208200@vivalugo.es
SUMMARY:Aí ven o maio 2026
DESCRIPTION:Aí ven o maio 2026 \n«Seguindo coa celebración dos maios\, mañá martes día 19\, se o tempo o permite\, celebraremos os maios cos mais peques da Tradescola \n(a partir das 16.30 horas na praza da Soidade).  \nElaboraremos entre todos un maio figurado\, e ainda que teremos frores e verde para facelo\, podedes axudarnos traendo algo de fiuncho\, fentos\, herbas\, frores\, froitos (laranxas)\, ovos…(*mellor non traer xestas…)\, e participar tod@s @s alumn@s da Tradescola que queirades!! \nDespois disfrutaremos con distintas actuacións da Tradescola!!!Esperámosvos a tod@s!!» https://www.facebook.com/tradescola
URL:https://vivalugo.es/evento/ai-ven-o-maio-2026/
CATEGORIES:Artes escénicas
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/05/ai-ven-o-maio-2026.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260519T180000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260519T180000
DTSTAMP:20260531T044614
CREATED:20260515T114756Z
LAST-MODIFIED:20260515T115027Z
UID:103155-1779213600-1779213600@vivalugo.es
SUMMARY:Xisco Feijóo achega a música tradicional galega á UNED de Lugo polo Día das Letras Galegas
DESCRIPTION:Cada ano\, o Día das Letras Galegas convértese nunha oportunidade para poñer en valor a lingua\, a cultura e as tradicións propias de Galicia. A través desta celebración\, promóvese o coñecemento e a difusión do patrimonio cultural galego\, reforzando a súa importancia na sociedade actual. \nNeste contexto\, desde a Oficina Verde da UNED de Lugo impulsamos unha nova actividade enmarcada nesta conmemoración\, co obxectivo de achegar a música tradicional galega á cidadanía e destacar o seu valor cultural e identitario. \nA proposta consiste nun obradoiro titulado “A instrumentación que acompaña aos cantares da música tradicional galega”\, impartido por Xisco Feijóo Álvarez\, no que se abordará o papel dos instrumentos na música tradicional e a súa evolución ao longo do tempo. \nA actividade terá lugar o martes 19 de maio de 2026 ás 18:00 horas no Salón de Actos da UNED de Lugo\, e poderá seguirse tanto de maneira presencial como en liña\, sendo de balde para todas as persoas interesadas: \nEn liña: https://extension.uned.es/actividad/idactividad/52729 \nA través desta iniciativa\, buscamos non só divulgar coñecementos sobre a música tradicional galega\, senón tamén fomentar o interese pola cultura propia e a súa transmisión ás novas xeracións. A música\, como parte fundamental do noso patrimonio inmaterial\, constitúe unha ferramenta clave para fortalecer a identidade cultural e promover a súa conservación. \nMediante esta acción\, desde a Oficina Verde da UNED de Lugo reafirmamos o noso compromiso coa promoción cultural e educativa\, contribuíndo á difusión das tradicións galegas e animando á sociedade a participar activamente na súa posta en valor.
URL:https://vivalugo.es/evento/xisco-feijoo-achega-a-musica-tradicional-galega-a-uned-de-lugo-polo-dia-das-letras-galegas/
LOCATION:UNED LUGO\, Tolda de Castela Nº4B\, Lugo\, 27169
CATEGORIES:Cursos
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/05/xisco-feijoo-uned-lugo.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260519T190000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260519T190000
DTSTAMP:20260531T044614
CREATED:20260518T175115Z
LAST-MODIFIED:20260518T175115Z
UID:103239-1779217200-1779217200@vivalugo.es
SUMMARY:Parola con Clarinelas
DESCRIPTION:Parola con Clarinelas (Mulleres. Clarinetistas. Galegas) \nMartes 19 de maio de 2026 \n19:00 horas \nCMUS Xoán Montes de Lugo \n«Temos moitísimas ganas de compartir o noso proxecto con vós e contarvos todo o que hai detrás desta aventura. Se estades por Lugo ese día\, agardámosvos!» https://www.instagram.com/clarinelas.gal/
URL:https://vivalugo.es/evento/parola-con-clarinelas/
LOCATION:CMUS Xoán Montes\, Xosé Castiñeira 5\, LUGO\, Lugo\, 27002\, Spain
CATEGORIES:Varios
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/05/parola-con-clarinelas.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260519T200000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260519T200000
DTSTAMP:20260531T044614
CREATED:20260518T180028Z
LAST-MODIFIED:20260518T180028Z
UID:103245-1779220800-1779220800@vivalugo.es
SUMMARY:Concerto Presentación da nova Aula de Conxunto da Tradescola
DESCRIPTION:Concerto Presentación da nova Aula de Conxunto da Tradescola \n«Martes 19 de maio ás 20.00 h\, convidámosvos a achegarvos ao Vello Cárcere de Lugo e desfrutar co noso concerto\, que estará guiado por Pedro Pascual e contará coa participación de máis de 20 músicos.\n\nUn concerto\,que afrontamos con moita ilusión\, con moito traballo e con moitas ganas de seguir medrando xuntos nos escenarios.\n\nSerá unha ocasión moi especial para compartir a nosa música tradicional con todos vós e dar comezo a este novo grupo\n\nEntrada de balde ata completar aforo. Agardámosvos!» https://www.facebook.com/tradescola
URL:https://vivalugo.es/evento/concerto-presentacion-da-nova-aula-de-conxunto-da-tradescola/
LOCATION:O Vello Cárcere\, Av. Alcalde Anxo López Pérez\, 10\, Lugo\, Lugo\, 27002\, Spain
CATEGORIES:Conciertos
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/05/concerto-presentacion-nova-aula.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260519T203000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260519T203000
DTSTAMP:20260531T044614
CREATED:20260508T145223Z
LAST-MODIFIED:20260508T145223Z
UID:102912-1779222600-1779222600@vivalugo.es
SUMMARY:Concerto de Josu de Solaun e Adolfo Gutiérrez Arenas
DESCRIPTION:Concerto de Josu de Solaun e Adolfo Gutiérrez Arenas\nMartes\, 19 de maio de 2026  – Círculo das Artes de Lugo\, 20:30 h – Entrada de balde \nParisien \nGabriel Fauré (1845-1924) \n Sonata para violoncello e piano Nº 2 en sol menor\, Op. 117 \n Après un rêve\, Op. 7\, nº 1 \n Claude Debussy (1862-1918) \n Sonata para violoncello e piano en re menor\, CD144\, L. 135 \n César Franck (1822-1890) \n Sonata para violoncello e piano en la maior\, FWV 8  \nO dúo Josu de Solaun (piano) – Adolfo Gutiérrez Arenas (violonchelo) está composto por dous músicos extraordinarios con importantes carreiras internacionais como solistas. \nJosu de Solaun foi galardoado dúas veces cos prestixiosos Premios Internacionais de Música Clásica (ICMA): en 2021\, na categoría de música de cámara\, e en 2023\, como mellor solista. \nNa edición de 2023\, o xurado do ICMA declarou o seguinte sobre el: «Josu de Solaun é un dos descubrimentos máis impresionantes da última década. Non só é un pianista tecnicamente abraiante\, senón que a súa imaxinación interpretativa tamén é ilimitada». \nTamén é o único pianista español que gañou primeiros premios tanto no Concurso Internacional de Piano José Iturbi (2006) como no Concurso Internacional de Piano George Enescu (2014). \nNado en Múnic\, Adolfo Gutiérrez Arenas é sen dúbida o violonchelista español con maior recoñecemento internacional na actualidade. \nDebutou coa Royal Philharmonic Orchestra de Londres baixo a dirección de Charles Dutoit e foi convidado de inmediato a tocar coa mesma orquestra\, esta vez baixo a batuta de Edward Gardner\, para o concerto de apertura do Festival Internacional de Santander de 2013\, interpretando o Concerto para violonchelo de Elgar. \nEntre os seus compromisos recentes inclúense o seu debut coa Orquestra Gewandhaus dirixida por Riccardo Chailly e un recital no Festival Mendelssohn na Gewandhaus de Leipzig\, actuacións coa Orquestra Nacional de España dirixida por Ton Koopman e coa Orquestra Sinfónica de Fort Worth xunto a Miguel Harth-Bedoya\, así como invitacións de Kent Nagano e a Orquestra Sinfónica de Montreal\, e de Vladimir Jurowski e a Orquestra Filharmónica de Londres. \n \nDentro da Programación do Festival de Música Cidade de Lugo – 53 Semana de Música do Corpus
URL:https://vivalugo.es/evento/concerto-de-josu-de-solaun-e-adolfo-gutierrez-arenas/
LOCATION:Círculo das Artes\, Praza Maior\, 23\, Lugo\, Lugo\, 27001\, Spain
CATEGORIES:Conciertos
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/05/concerto-josu-aldolfo.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20260520
DTEND;VALUE=DATE:20260713
DTSTAMP:20260531T044614
CREATED:20260520T063947Z
LAST-MODIFIED:20260520T141348Z
UID:72068-1779235200-1783900799@vivalugo.es
SUMMARY:Exposicións en Lugo
DESCRIPTION:MUSEO PROVINCIAL DE LUGO\nPl. de la Soledad\, s/n\, 27001 Lugo \nHorario de inverno (1 de novembro – 30 de maio): De martes a sábado: De 10:00 a 13:30 e de 16:00 a 20:30 / Domingos e festivos: De 10:00 a 16:00 / Luns pechado \nHorario de verán (1 de xuño – 30 de outubro): De martes a sábado: De 10:00 a 13:30 e de 16:00 a 20:30 / Domingos e festivos: De 10:00 a 16:00 / Luns pechado \nExpos temporais: \n\n«Tributo ao legado do poeta Eduardo González Ananín»\n«Toca madeira\, alza o voo»\n«Facedoras de Lugo\, 2025-2026» de Mar Caldas\n«As Cidades de Colmeiro»\n\nweb oficial. \nO VELLO CÁRCERE \nA exposición permanente ‘O Vello Cárcere: da Guerra á Posguerra’ foi organizada polo Concello de Lugo e a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (A.R.M.H). A etapa da guerra civil e da posguerra dentro desta prisión queda ó descuberto a través das súas vítimas. Son as testemuñas e os recordos das persoas que estiveron retidas dentro destes muros por motivos inxustificados\, os que nos desvelarán as duras condicións ás que foron sometidas. \n‘O Vello Cárcere: da Guerra á Posguerra’ convértese\, deste xeito\, nunha homenaxe e nun espazo de encontro para dialogar e reflexionar sobre o pasado traumático que supuxo a guerra e a ditadura. \nA exposición permanente «Elas» é froito do traballo da investigadora\, ensaísta e mestra Aurora Marco. Durante máis de vinte anos\, levou a cabo un exhaustivo traballo de investigación acerca de mulleres galegas que sobresaíron ao longo da historia en diferentes campos e disciplinas. Como resultado deste labor xorde a publicación exposta nesta mostra\, cuxa edición se limitou a 155 exemplares. Nela recóllense 410 biografías destas mulleres galegas. \nEsta exposición está así mesmo composta por serigrafías realizadas por artistas galegas contemporáneas\, que tomaron como inspiración as historias aquí recollidas. Elas son Chelo Rodríguez\, Ehlaba Carballo\, Irene Silva Xiráldez\, María Manuela\, María Xesús Díaz\, Novais\, Sabela Arias Castro e Vanessa Lodeiro. \nA exposición permanente da Escola de Arte Superior de Deseño Ramón Falcón presenta nas celas do segundo andar do panóptico −espazo cedido permanentemente−\, a primeira das súas exposicións temporais en O Vello Cárcere. \nA mostra amosa unha escolma de traballos do seu alumnado e xira arredor dos estudos que ofrece: Serigrafía\, Gravado e Técnicas de Estampación\, Fotografía e Cerámica (ensinanzas profesionais); e Deseño Gráfico e Deseño de Interiores (estudos de Grao) \nExposicións temporais: \n \n \nInformación sobre O Vello Cárcere de Lugo: \nPraza da Constitución\, s/n\, 27002 Lugo \nHorario: luns a sábado 11:00 a 14:00 e 16:00 a 20:00 horas. Domingo:  11:00 a 14:00 e 16:00 a 19:00 horas \n+ información (visitas guiadas …) Web oficial O Vello Cárcere de Lugo \n——————————————————————————————————–\nMUSEO MIHL – Museo Interactivo da Historia de Lugo\nAlberga un contido expositivo permanente que repasa a evolución histórica da cidade de Lugo mediante recursos audiovisuais\, maquetas interactivas e paneis informativos. Tamén conta cunha pequena selección de pezas arqueolóxicas entre as que destaca o monolito granítico que recolle a inscrición fundacional da cidade\, mandado levantar por Paulo Fabio Máximo en honor ao emperador Augusto. \nTamén se exhiben outras pezas de interese\, como unha máscara teatral de terracota e un conxunto de pezas epigráficas e cerámicas. \nExposición temporal: «Tanxarina 40 años» (títeres) \nInformación sobre o MIHL: \nAv. Infanta Elena\, s/n\, 27003 Lugo \n982 297 446 \n \nWeb oficial do Museo MIHL \n———————————————————————————————————-\nMUSEOS MUNICIPAIS DE LUGO\nCasa dos Mosaicos ou Domus Oceani\nHorario\, exposicións … Web oficial da Casa dos Mosaicos ou Domus Oceani \nCentro arqueolóxico San Roque\nHorario\, exposicións … Web oficial do Centro arqueolóxico San Roque \nSala de Exposicións Porta Miñá\nHorario\, exposicións … Web oficial da Sala de Exposicións Porta Miñá \nCentro de Interpretación da Muralla\nHorario\, exposicións … Web oficial do Centro de Interpretación da Muralla \nGALERÍA SOLAINA\nRúa Camiño Real 88\, baixo. \nhttps://www.instagram.com/solaina.galeria/ \nGALERÍA NÉBOA\nLamas de Prado\, 31\, Lugo 27004 \nhttps://www.instagram.com/galerianeboa/ \nGALERÍA NOVA RÚA\nRúa Nova 114 -116 Bajo\, Lugo 27001 \nhttps://www.instagram.com/galerianovarua/ \nGALERÍA LA CATEDRAL\nObispo Basulto 12\, 27001-Lugo – 982 240 992 \ny\nBolaño Rivadeneira 17\, 27001 Lugo – 982 24 21 14 – Lunes a sábado 11:00 a 14:00 y 17:00 a 21:00 horas
URL:https://vivalugo.es/evento/exposicions-en-lugo/
CATEGORIES:Expos
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2024/01/banner-expos-en-lugo-cuadrado-2024.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260520T183000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260520T183000
DTSTAMP:20260531T044614
CREATED:20260513T135453Z
LAST-MODIFIED:20260513T135453Z
UID:103008-1779301800-1779301800@vivalugo.es
SUMMARY:O xeito de Lugo\, unha provincia para bailar na rúa
DESCRIPTION:O xeito de Lugo\, unha provincia para bailar na rúa \nO mércores 20 de maio na Praza Maior de Lugo ás 18:30 horas
URL:https://vivalugo.es/evento/o-xeito-de-lugo-unha-provincia-para-bailar-na-rua/
CATEGORIES:Artes escénicas
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260520T190000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260520T190000
DTSTAMP:20260531T044614
CREATED:20260512T091822Z
LAST-MODIFIED:20260519T115422Z
UID:102974-1779303600-1779303600@vivalugo.es
SUMMARY:Presentación do catálogo da exposición "As cidades de Colmeiro"
DESCRIPTION:Presentación do catálogo da exposición «As cidades de Colmeiro» \n20 de maio de 2026 \nMuseo Provincial de Lugo \n19:00h
URL:https://vivalugo.es/evento/presentacion-do-catalogo-da-exposicion-as-cidades-de-colmeiro/
LOCATION:Museo Provincial de Lugo\, Praza da Soidade\, s/n\, Lugo\, 27001
CATEGORIES:Presentaciones
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/05/presentacion-catalogo-cidades-colmeiro.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260520T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260520T193000
DTSTAMP:20260531T044614
CREATED:20260513T141411Z
LAST-MODIFIED:20260513T141411Z
UID:103020-1779305400-1779305400@vivalugo.es
SUMMARY:Cine "Las amargas lágrimas de Petra von Kant"
DESCRIPTION:Cine «Las amargas lágrimas de Petra von Kant»\nCiclo Sesións de Filmoteca maio 2026\n\n\n\n\nMér\, 20/05/2026 – 19:30 – VOSE\n\n\n\nSalón de Actos da Casa do Saber\n\n\nDirector: Rainer Werner Fassbinder\n\n\nAlemaña do Oeste (RFA)\n\n\n1972\n\n\nDrama | Melodrama. Homosexualidad. Escenario único\n\n\n119 min\n\n\nProdución: Filmverlag der Autoren\, Tango-Film\n\n\nDirector de Fotografía: Michael Ballhaus\n\n\nGuión: Rainer Werner Fassbinder (Obra: Rainer Werner Fassbinder)\n\n\nIntérpretes: Margit Carstensen\, Hanna Schygulla\, Eva Mattes\, Gisela Fackeldey\, Irm Hermann\, Katrin Schaake\n\n\n\n\nSinopse\n\nPetra von Kant é unha deseñadora de moda moi cotizada que se separou do seu home para vivir de maneira independente e libre. Un día unha amiga preséntalle unha moza de orixe proletaria da que namora tolamente.\n\nPremios \n\n\n\n\nPremios do cine Alemán 1973 – películas 1972: Mellor película. Mellor acvtriz (Margit Carstensen). Mellor actriz secundaria: (Eva Mattes). Mellor fotografía.
URL:https://vivalugo.es/evento/cine-las-amargas-lagrimas-de-petra-von-kant/
LOCATION:Casa do Saber\, Praza Pío XII\, 3\, Lugo\, Lugo\, 27001
CATEGORIES:Cine
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/05/sesions-filmoteca-maio-2026-1.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260521T170000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260521T170000
DTSTAMP:20260531T044614
CREATED:20260520T143421Z
LAST-MODIFIED:20260520T143421Z
UID:103459-1779382800-1779382800@vivalugo.es
SUMMARY:Obradoiro de terrarios polo Día da Diversidade Biolóxica
DESCRIPTION:A UNED de Lugo celebrará o vindeiro 21 de maio de 2026 o obradoiro “Xardíns eternos”\, unha actividade enmarcada no programa ODS en Acción e promovida polo Observatorio ODS con motivo do Día Internacional da Diversidade Biolóxica. \nO obradoiro terá lugar de 17:00 a 19:00 horas no Salón de Actos José Luis Prieto Arroyo da UNED de Lugo e estará impartido por Ana María Cabanes Fontao\, artista contemporánea especializada en pintura\, escultura e xoiería intuitiva e única. \nA actividade propón a creación dun pequeno ecosistema natural dentro dun recipiente pechado\, coñecido como “xardín eterno” ou terrario. A través desta experiencia\, as persoas participantes poderán aprender sobre biodiversidade e sustentabilidade dun xeito práctico e creativo\, fomentando ademais o benestar emocional e a conexión coa natureza. \nA celebración deste obradoiro enmárcase na conmemoración do Día Internacional da Diversidade Biolóxica\, unha data impulsada polo Convenio sobre a Diversidade Biolóxica da ONU para sensibilizar sobre a importancia de protexer os ecosistemas e promover accións locais con impacto global. \nA actividade contará con 10 prazas presenciais dispoñibles e todos os materiais necesarios serán facilitados pola organización. Cada participante poderá levar consigo o seu propio xardín eterno ao remate do obradoiro. \nA inscrición ten un custo de 20 euros e pode realizarse a través da seguinte ligazón: https://extension.uned.es/actividad/idactividad/52859
URL:https://vivalugo.es/evento/obradoiro-de-terrarios-polo-dia-da-diversidade-bioloxica/
LOCATION:UNED LUGO\, Tolda de Castela Nº4B\, Lugo\, 27169
CATEGORIES:Cursos
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/05/obradoiro-terrarios.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260521T180000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260521T180000
DTSTAMP:20260531T044614
CREATED:20260520T134457Z
LAST-MODIFIED:20260520T134457Z
UID:103406-1779386400-1779386400@vivalugo.es
SUMMARY:Familiar "Cambia o conto"
DESCRIPTION:Familiar «Cambia o conto»\nde Música Miúda \n\n\n\n\nXoves\, 21 de maio de 2026 18:00 hs. \n\nLugar: Biblioteca Municipal – Mihl\n\n\n\n\nIdade recomendada: A partir dos 3 anos \nSinopse: \nHoubo unha vez un lobo feroz e unha nena asustada. Houbo tamén unha avoa indefensa e unha madrastra malvada…Sempre a mesma leria…ou non? Aquí dámoslle a volta! Ven cambiar o conto connosco! \nENTRADAS: De balde\, a través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio\, o día da función\, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.
URL:https://vivalugo.es/evento/familiar-cambia-o-conto/
LOCATION:MIHL\, Av Infanta Elena\, s/n\, Lugo
CATEGORIES:Artes escénicas
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260521T190000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260521T190000
DTSTAMP:20260531T044614
CREATED:20260520T133131Z
LAST-MODIFIED:20260520T133131Z
UID:103397-1779390000-1779390000@vivalugo.es
SUMMARY:"Sempre vivas" Instalación escénica musealizada
DESCRIPTION:«Sempre vivas» Instalación escénica musealizada \nMuseo Provincial de Lugo \n21 de maio – 19:00 horas \nEntrada libre e gratuíta ata completar aforo \nUnha proposta de Colectiva Crea no marco do Día Internacional dos Museos 2026\, con intervencións escénicas\, poesía\, performance e artes visuais que dialogan co espazo museístico desde a memoria\, o corpo e as violencias que atravesan ás mulleres.
URL:https://vivalugo.es/evento/sempre-vivas-instalacion-escenica-musealizada/
LOCATION:Museo Provincial de Lugo\, Praza da Soidade\, s/n\, Lugo\, 27001
CATEGORIES:Expos
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/05/sempre-vivas.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260521T190000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260521T190000
DTSTAMP:20260531T044614
CREATED:20260520T141555Z
LAST-MODIFIED:20260520T141555Z
UID:103453-1779390000-1779390000@vivalugo.es
SUMMARY:Presentación poemario "Canto dende Viana"
DESCRIPTION:Presentación poemario «Canto dende Viana» \n\n\n\n\n\n19:00 – 21/05/2026 – O Vello Cárcere \n\n\nPresentación co autor José Luis Durán\, José Carlos Ulloa (profesor e poeta) e Xulio Xiz (periodista e comunicador lucense).\nEntrada libre e de balde ata completar aforo.
URL:https://vivalugo.es/evento/presentacion-poemario-canto-dende-viana/
LOCATION:O Vello Cárcere\, Av. Alcalde Anxo López Pérez\, 10\, Lugo\, Lugo\, 27002\, Spain
CATEGORIES:Presentaciones
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260521T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260521T193000
DTSTAMP:20260531T044614
CREATED:20260520T133448Z
LAST-MODIFIED:20260520T133448Z
UID:103400-1779391800-1779391800@vivalugo.es
SUMMARY:Nueva presentación del libro "El despertar: la fotografía como terapia"
DESCRIPTION:Nueva presentación del libro «El despertar: la fotografía como terapia» \n«El próximo día 21 a las 19:30 h presentaré mi libro El despertar: la fotografía como terapia en la librería Soños de Papel\, acompañada de Tatia Babukhadia  \nUna charla entre amigas en la que hablaremos del libro y de la fotografía como herramienta de desarrollo personal» https://www.instagram.com/stephanie.autora/
URL:https://vivalugo.es/evento/nueva-presentacion-del-libro-el-despertar-la-fotografia-como-terapia/
LOCATION:Librería Soños de Papel\, Calle María Castaña\, Esq. Augas Ferreas\, Lugo\, 27002
CATEGORIES:Presentaciones
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/05/nueva-presentacion-libro-el-despertar.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260521T200000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260521T200000
DTSTAMP:20260531T044614
CREATED:20260520T095504Z
LAST-MODIFIED:20260520T095504Z
UID:103358-1779393600-1779393600@vivalugo.es
SUMMARY:Proxección do audiovisual “Morgana en Esmelle”
DESCRIPTION:O Salón de Actos do Pazo de San Marcos acollerá este xoves -21 de maio – a proxección do audiovisual “Morgana en Esmelle”\, baseado na novela homónima de Begoña Caamaño\, que reimaxina a figura de Morgana a través dunha perspectiva feminista. \nAdemais de ver a proxección\, o público poderá conversar con Irene Pin\, directora de adaptación\, e  Iria Iglesias\, directora de arte e autora da banda orixinal\, sobre o proceso creativo da serie\,  producida pola cooperativa xuvenil Aqueladas e cun formado por Isabel Naveira\, no papel protagonista\, Rosa Puga\, Fernando Morán\, Xacobe Bruña ou Andrea Varela. \nA proxección coloquio\, con entrada gratuíta\, comezará as 20.00 horas.
URL:https://vivalugo.es/evento/proxeccion-do-audiovisual-morgana-en-esmelle/
LOCATION:Pazo de San Marcos – Deputación de Lugo\, Rúa San Marcos\, 8\, lugo\, Lugo\, 27001
CATEGORIES:Cine
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/05/proxeccion-audiovisual-morgana.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260521T200000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260521T200000
DTSTAMP:20260531T044614
CREATED:20260520T134011Z
LAST-MODIFIED:20260520T134142Z
UID:103403-1779393600-1779393600@vivalugo.es
SUMMARY:Inauguración de la exposición "Jo\, Buff" de Manso en el Ho! Gruf
DESCRIPTION:Inauguración de la exposición «Jo\, Buff» de Manso en el Ho! Gruf \n21 de mayo de 2026 \n20:00 horas \n«Que no se diga que en Lugo no hay talento… que no! Que no se diga!!! Presentamos la nueva expo de otro buen amigo de esta casa como es Fran @viviendocon.manso presentando “Jo Buff” y esto nos dice: \nFran Manso empezó a dibujar antes de aprender a escribir\, como todos\, pero él nunca lo dejó. A día de hoy dibuja bastante mejor de lo que escribe\, como probablemente evidencian estas líneas. \nSe formó entre Lugo\, Pontevedra y Angers (Francia)\, moviéndose entre la práctica artística y el aprendizaje más técnico de la pintura y sus materiales. Ha ido enseñando su trabajo aquí y allá\, con paradas recientes como Lé\, papeó (2025) en la Galería Solaina. \nLe gusta representar cosas vivas con cara de estar pensando algo raro: personas\, animales o lo que surja. \nJo\, buff llega a Ho gruf! con acrílicos sobre tabla\, relieves\, algo de stencil y un punto bastante urbano. \nColor\, gesto y unas cuantas imágenes que primero te hacen gracia… y luego ya tal» https://www.instagram.com/hogruf/
URL:https://vivalugo.es/evento/inauguracion-de-la-exposicion-jo-buff-de-manso-en-el-ho-gruf/
LOCATION:Ho Gruf\, Plaza Campo Castelo\, 52\, Lugo\, Lugo\, 27001\, Spain
CATEGORIES:Expos
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/05/inauguracion-expo-jo-buff.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260521T203000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260521T203000
DTSTAMP:20260531T044614
CREATED:20260508T145837Z
LAST-MODIFIED:20260508T145837Z
UID:102916-1779395400-1779395400@vivalugo.es
SUMMARY:Concerto de Amatis Trío
DESCRIPTION:Concerto de Amatis Trío\n21 de maio – Círculo das Artes –  20:30 – Entrada de balde \nLea Clara Hausmann\, violín / Samuel Shepherd\, cello / Mengjie Han\, piano \nCancións sen palabras \nFranz Schubert (1797-1828) \n Trío con piano n. 1 en si bemol mayor\, Op. 99\, D. 898 \nFélix Mendelssohn (1809-1847) \n“Cancións sen palabras”\, Op. 67  nº. 2 (arranxo de Mengjie Han) \nTrío con piano n. 2 en do menor\, Op. 66 \nAmatis é o único trío con piano en Europa dedicado exclusivamente a esta formación\, o que resulta nunha calidade de interpretación excepcional. \nFundado en Ámsterdam en 2014 e actualmente con sede en Salzburgo\, o trío é recoñecido polas súas enérxicas actuacións\, liberdade artística e programación innovadora. \nCo seu nomeamento como Artista de Nova Xeración da BBC Radio 3 (2016) e ECHO Rising Stars (2018)\, Amatis Trio comezou a súa rápida ascensión ao recoñecemento internacional. Desde entón\, actuou en 46 países e gañou prestixiosos premios\, incluíndo o Kersjesprijs holandés e o Premio Borletti-Buitoni Trust. \nAmatis Trio participou en festivais de renome como os BBC Proms\, o Festival de Verbier\, a Mozartwoche de Salzburgo e o Festival de Edimburgo. Actúa regularmente en lugares emblemáticos como o Wigmore Hall de Londres\, o Concertgebouw de Ámsterdam e a Elbphilharmonie de Hamburgo. \n \nDentro da Programación do Festival de Música Cidade de Lugo – 53 Semana de Música do Corpus
URL:https://vivalugo.es/evento/concerto-de-amatis-trio/
LOCATION:Círculo das Artes\, Praza Maior\, 23\, Lugo\, Lugo\, 27001\, Spain
CATEGORIES:Conciertos
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/05/concerto-amatis-trio.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20260522
DTEND;VALUE=DATE:20260524
DTSTAMP:20260531T044614
CREATED:20260520T112525Z
LAST-MODIFIED:20260520T112525Z
UID:103390-1779408000-1779580799@vivalugo.es
SUMMARY:RIOT GZ FEST 2026
DESCRIPTION:Venres 22 e sábado 23 de maio de 2026 \nHorarios: Venres ás 18:15 h | Sábado ás 16:30 h (Sesión vermú ás 13:00 h) \nO Pazo de Feiras e Congresos de Lugo acolle a edición 2026 do Riot GZ Fest\, o gran festival galego de punk e rock. Unha fin de semana inesquecible con dous días repletos de música en directo\, foodtrucks e o mellor ambiente. \nO cartel\nO festival reunirá sobre o noso escenario a bandas lendarias do panorama internacional\, estatal e galego: \n\nVenres 22: Evaristo\, The Rumjacks\, Cockney Rejects\, Bull Brigade\, Ruxe Ruxe\, Arene 6 e Chulería Joder.\nSábado 23: The Toy Dolls\, Perkele\, Sham 69\, Lions Law\, Misconduct\, Keltoi!\, Jawless e True Mountains.\n\n*Amenización en directo todos os días a cargo de Jordi Pánico.
URL:https://vivalugo.es/evento/riot-gz-fest-2026/
LOCATION:Pazo de Feiras e Congresos\, Lugo\, Spain
CATEGORIES:Conciertos
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/05/riot-gz-fest-cartel.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260522T170000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260522T170000
DTSTAMP:20260531T044614
CREATED:20260520T103650Z
LAST-MODIFIED:20260520T104246Z
UID:103364-1779469200-1779469200@vivalugo.es
SUMMARY:Encontro Fotográfico con Carlos Folgoso
DESCRIPTION:A Asociación Fotográfica Maruja Roca\, comprácese en anunciar\, dentro das actividades de difusión da cultura fotográfica #MedrandoOlladaFotográfica26\, unha Charla fotográfica con Carlos Folgoso Sueiro. \nData: 22 de Maio de 2026 de 17:00 a 19:00hr\nLugar no Centro Cultural O Vello Cárcere de Lugo\nEntrada gratuíta. \nCarlos Folgoso Sueiro\nFotógrafo documental e artístico galeguista\, nado en Verín (Ourense) en 1982\, que nos últimos anos acadou un considerable recoñecemento internacional polo seu traballo tan persoal sobre Galicia e Siberia. O seu estilo mestura fotoxornalismo\, paisaxe\, simbolismo e unha atmosfera cinematográfica. \nComezou a súa carreira traballando en prensa internacional e fotoxornalismo. Viviu durante anos en Italia e tamén traballou en Rusia\, publicando imaxes en medios como National Geographic\, Vanity Fair\, Der Spiegel e The Sunday Times. Cubriu temas complexos como a crise migratoria de Lampedusa\, conflitos sociais e acontecementos políticos europeos. \nUn dos seus proxectos máis coñecidos é &quot;Shining Land&quot;\, centrado en Yakutia (Siberia)\, onde documentou a vida arredor das minas de diamantes en condicións extremas. Este traballo retrata o impacto humano e social da minería en cidades illadas do Ártico ruso. \nPero o proxecto que lle deu máis notoriedade recentemente é &quot;Alén do lago&quot;. Trátase dunha serie sobre a Galicia rural\, a memoria\, a emigración\, os incendios\, as aldeas abandonadas e a identidade gallega. Ten un ton poético e escuro\, case entre o documental e a lenda. \nCon esta obra gañou o XII Premio Galicia de Fotografía Contemporánea en 2024. Ademais\, a serie foi seleccionada para os Premios Sony World Photography 2025 e foi exposta en lugares como o Museo do Hermitage de San Petersburgo\, Londres e Nova York. \nAsociación Fotográfica Maruja Roca\nFundada no 2024\, con sede en Lugo\, ten como obxectivo principal o fomento\, promoción e divulgación da fotografía\, imaxe e vídeo en toda as súas variantes. A través de actividades culturais e lúdicas\, busca promover a participación e formación tanto dos seus socios como de todas aquelas persoas interesadas en mergullarse na fotografía. Igualmente busca poñer en valor a figura de Maruja Roca\, unha das poucas mulleres en exercer o oficio de fotógrafa na Galicia da posguerra. \nSitio web: https://afmarujaroca.com/\nRedes Sociais: https://www.instagram.com/afmarujaroca/
URL:https://vivalugo.es/evento/encontro-fotografico-con-carlos-folgoso/
LOCATION:O Vello Cárcere\, Av. Alcalde Anxo López Pérez\, 10\, Lugo\, Lugo\, 27002\, Spain
CATEGORIES:Conferencias
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2026/05/encontro-fotografico-carlos-folgoso-scaled.jpg
END:VEVENT
END:VCALENDAR