Este venres 1 de setembro, en sesións de 20:30 e 22:30 no Clavi, voltan os Microefectos cunha sesión de «Greatest Hits», catro pezas representativas do seu repertorio:

«Adolescentes, en ciernes, en viernes» de Brian Rodríguez.
«Ela (El)» de María Grandío.
«Justicia desbocada» de Germán Frasio
«Novas do 3 de xullo» de Anxo Manoel

 

Club Clavicémbalo (Rúa dos Paxariños 23 Lugo)

+ info:

Microefectos Dramatúrxicos é un colectivo cultural lucense vencellado ás artes escénicas. O proxecto cultural que desenvolven parte da creación e representación de breves pezas dramáticas orixinais, «microefectos», obras curtas, de duración inferior aos 15 minutos, e que estrean de catro en catro cada mes no Clavi.

 

Os integrantes de Microefectos Dramatúrxicos son: Anxo Manoel Lamelo, Conchi Madrina, Brian Rodríguez, Isa Herrero, Germán Frasio, Rubén Pérez, Elvira Rodríguez e María Grandío.

Fonte das imaxes: Facebook de Microefectos Dramatúrxicos (cartel de «Adolescentes, en ciernes» de Pepe Saavedra, os outros carteis da sesión son de Isa Herrero)

Microefectos nas redes:
Facebook
Youtube