NOV 2017 Este sábado, 2 de decembro, a partir das 19:30 horas, no Auditorio Municipal Gustavo Freire celebraráse unha función benéfica do grupo teatral Achádego Teatro (celebrando así, como cada ano, o seu aniversario; esta vez, 39 son os anos que levan sobre o escenario).

A función recadará fondos para as persoas afectadas polos últimos lunes. Se trata dunha montaxe en clave de humor, que baixo o nome Opino de que, versará sobre as tertulias radiofónicas: catro tertulias terán lugar na emisora ficticia Lucus Radio, que dedica o seu tempo a debater temas de actualidade municipal. O texto está escrito por Lourdes Abuide e Anxo Manoel Lamelo, baixo a dirección de Antón Sampaio.

As entradas pódense mercar tanto aos e ás compoñentes de Achádego Teatro, como no propio auditorio municipal, dende unha hora antes da función, por un prezo de 5 euros. 

A gala foi presentada pola Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción de Cultura, Carmen Basadre,  xunto á directora de Achádego Teatro, Tareixa Campo. A edil convidou á «sociedade luguesa a achegarse o sábado ao auditorio municipal a pasalo ben con esta representación teatral ao tempo que se ten un xesto solidario con outros veciños e veciñas que o pasaron mal ao perder as súas pertenzas nos lumes, «que devastaron ademais un patrimonio que é de todos e todas, o medio ambiente».

Pola súa banda, Tareixa Campo agradeceulle ao Concello que sempre lle abra as súas portas para poder levar a cabo funcións solidarias.

COMPARTE ESTE ARTIGO NAS TÚAS REDES