20/09 Este xoves, 21 de setembro ás 20:00, na sala de exposicións da Deputación Provincial de Lugo, vai ter lugar un acto poético, organizado por Aspnais. Este encontro complementa a exposición «ASPNAIS, 50 anos» que nesta sala estará aberta ata o próximo luns con obras dos usuarios de esta asociación que dende 1966 ven facendo un excelente traballo en prol de integrar social, educativa e laboralmente ás persoas con algún tipo de discapacidade intelectual.

Os poemas deste encontro serán lidos polos escritores presentes no acto. Son froito da visita que o pasado ano os seus autores efectuaron aos talleres de Aspnais, con motivo das celebracións do cincuentenario da Asociación.

Son autores dos poemas: Marica Campo, Fernández Abella, Eloi Caldeiro, Mero, Amalia Hermida, Xosé Lois García, Xulio Valcárcel, Germán García Mera, Xoan Neira, Carlos López Fernández, Xesús Rábade Paredes, Toño Núñez, Brenda González, Martiño Maseda, Helena Villar Janeiro, Manuel Xosé Neira, María Xosé Lamas, Henrique Alvarellos e Xosé Otero Canto.

O gaiteiro Carlos Lorenzo Lemos, Director do Grupo Devandoira interpretará a MULIÑEIRA DE ASPNAIS, composta por Xosé Lois Foxo, con motivo do cincuentenario, para iniciar o acto (de entrada libre) que estará presidido por José Reigosa García (Presidente de Aspnais) e Pilar García Porto (Deputada de Cultura).

Xoves 21, 20:00 horas
Sala de Exposicións Pazo de San Marcos
Edificio da Deputación Provincial de Lugo
R/ San Marcos s/n  Lugo