NOV 2017 O alumnado participante no curso monográfico da compañía de teatro USC-Lugo interpretará fragmentos dramatizados de ‘Don Juan Tenorio’ o vindeiro domingo, día 5 de novembro, a partir das 19.00 horas, no cemiterio municipal de San Froilán.
Esta intervención teatral, na que os membros e alumnos da compañía de teatro USC-Lugo participan xunto cos Palimoquiños e con actores en formación do Espazo Artístico 10, desenvólvese por terceiro ano consecutivo no cemiterio municipal de San Froilán. Ao tratarse de actuacións ao aire libre, que se de celebrarán no corredor principal do cemiterio e na parte exterior da capela, as persoas interesadas en presenciar estas dramaturxias deben presentar a súa correspondente entrada, que poden recollerse nas oficinas municipais do Concello de Lugo.
Clica para a ver máis grande